jueves, 29 de octubre de 2026

XOVES 29 de OUTUBRO do 2026

 Outra emisión máis deste programiña "Galego no BAIX". Sentimos a falta do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que segue algo delicado e desexámoslle que pronto se recupere. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir á primeira convidada: CARMEN BLANCO SANJURJO, escritora, actriz e avogada. Ven a presentar o seu libro: "El Fuego en la Piedra". A segunda parte dunha triloxía que comezou coa edición do seu primeiro libro: "Gorrións e Falcóns". Conversamos sobre esa escrita e indícanos que presentará o libro nun lugar espectacular e emblemático de Barcelona: Kaelum, na rúa, La Palla nº 8, o día 12 de novembro a partir das 19h. Haberá presentación con música a cargo de Xurxo Romaní, e petiscos para os asistentes. Agradecémoslle a información e desexámoslle moitos éxitos.


Continuamos, conectando novamente con Galicia para falarmos con MARÍA YÁÑEZ, Directora da película "KIRO", que se presentará o próximo día 3 de novembro a partir das 6 da tarde na Sala de Cine Aribau. Haberá unha segunda proxección o seguinte día 4, no mesmo cine Aribau, a partir das 20h. Fálanos de cómo foi a rodaxe desta película, da grande sorpresa que os asistentes poderán disfrutar, xa que atoparán moitas cousas curiosas desa grande artista galega, que eles alcuman como "A Diva do Torreiro". Información detallada que seguro complacerá aos asistentes a esa proxección cinematográfica. Desexamos que teñan moito éxito.


A continuación recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU? que está composta de tres apartados moi significativos: 1.- O Bule-Bulo 2.-Que pasa que pasa na Ribeira Sacra e 3.- Sabedoría Popular.Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle feliz Magosto.

A última intervención é a de EVA CAMEÁN PENSADO, coa súa "Sección Literaria de EVA", na que nos fai partícipe das súas lecturas e recomendacións para disfrutar lendo. Fainos un percorrido extraordinario dándonos a coñecer as últimas novidades, as súas últimas lecturas e as propostas máis interesantes que non deberían faltar si desexamos elixir algunha lectura próximamente. Agradecémoslle a súa aportación e agardamos unha próxima intervención feiticeira.


Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 22 de octubre de 2026

XOVES 22 de OTUBRO do 2026

Outro programa máis con todos vosout@s. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para darlle a ben-vinda a primeiro convidado de hoxe: AMADOR CASTRO MOURE, Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, Escritor premiado co Xerais pola súa novela "Shangai a Barcelona" no 2019, así como tamén no Premio Torrente Ballester, pola novela "Pronto hei de volver". Mantemos unha conversa moi interesante sobre a súa traxectoria e participación na ACGB. Agradecémoslle a atención recibida e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.


Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto con dona CORAL RÍOS SANTOMÉ, Conselleira de Cultura no Concello de Moaña, con quen mantemos una conversa relacionada coa "Festa da Castañada-Magosto 2026 na parroquia de San Martiño" que está declarada de Interés Turístico en Galicia. A celebración do Magosto é unha exaltación de convivencia e sociabilidade que consiste e degustar as castañas, pero tamén as tapas e pinchos que ofrecen nos "Furanchos" que abren para probar os seus viños, e disfrutar todo eso con música. Moaña é un pobo mariñeiro acolledor e cun patrimonio cultural importante. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexámoslles moitos éxitos.


Poñémonos en contacto con MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell. Teñen previsto realizar a "XIII Festa do Pulpo" os días 6, 7 e 8 de novembro próximo, no "Eix Maciá de Sabadell". Coméntanos que será a Pulpería TASAGA, a que se encargará de servir ese prezado manxar. Tamén se poderán degustar outros produtos galegos de primeira calidade, xunto con viño da D.O. Monterrei. Outra celebración que non pode faltar será o "Magosto-2026", que realizará a fin de semana seguinte, concretamente o sábado 14 de novembro, na Sé da Entidade. Desexamos que teñan moito éxito.



Continuamos con Festas e celebracións. Conectamos con Galicia para falar con XAQUIN JIMÉNEZ MUÑIZ, responsable e coordinador da "Festa do Magosto 2026", en Matamá, do Concello de Laza. O asado das castañas (magosto) será unha celebración cunha cea popular por valor de 15 €uros, no que se servirá empanada, costelas, panceta e castañas.  Todo elo regado con viño da D.O.Monterrei. 
Contan coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais. Tamén nos comenta algunha cousiña relacionada co Famoso Entroido de Laza, no que participan os veciños. Agradecémoslle a información detallada e desexamos que disfruten desa celebración.


Informamos da noticia que nos chegou á Redacción, consistente na Recuperación do Memorial Filgueira Valverde en Pontevedra. Aproveitamos a música de fondo para despedirnos ata o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 15 de octubre de 2026

XOVES 15 de OUTUBRO do 2026

Comezamos outra emisión máis do noso programa "Galegos no BAIX", coa nosa sintonía e as salutacións. Temos que disculpar, un día máis, a presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que sigue convaleciente. Desexámoslle unha pronta recuperación. Escoitamos un bocadiño de música e recibimos á primeira convidada. PURA SALCEDA, Filóloga, Profesora, escritora e poeta, a quen felicitamos polo poemario que acaba de publicar recentemente: "NO CÍRCULO - En el círculo", en Edicións in-VERSO. Coméntanos cómo foi o proceso de creación, durante tres anos, cómo o concebiu... etcétera. Tamén nos fala da mensaxe que quere transmitir cos seus poemas. Unha conversa moi interesante e chea de engado.  Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e despedímola con música, como facemos sempre.

Continuamos a programación poñéndonos en contacto con TOMÁS MARÍA PORTA I CALSINA, a quen tamén felicitamos porque o vindeiro día 3 de novembro presentará o seu libro "Viatge a Galicia", que é unha segunda edición dun primeiro libro que se esgotou "Aventures a Galícia". A presentación será o día 3 de novembro no Ateneu de L'Hospitalet. Fainos un pequeno percorrido polas diferentes aspectos do seu libro, escrito en catalán. É un libro que, segundo nos explica, conten tres vertentes informativas: a primeira podería considerarse como un libro de viaxes, a segunda un libro galeguista e a terceira un compendio de poemas galegos de grandes escritores galegos, traducidos ao catalán, escrito cun peculiar redactado, axeitado para que todos o poidan entender. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslle que teña moito éxito.

Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que el vai debullando moi acertadamente, en tres apartados precedidos dunha entradiña musical moi axeitada. Agradecémoslle a súa colaboración e despedímolo con música.

Despois de escoitar unha peza interpretada por JOEL PADIN, poñémonos en contacto precisamente con el. Temos que felicitalo porque virá ao Centro Galego de Barcelona o sábado 17 de novembro para impartir unha "Master-Class de Pandeireta e Canto", ás 11 da mañá e dará un Concerto para os asistentes pola tarde. Os interesados terán que acudir ao Centro Galego de Barcelona para retirar os tiquets de entreda ao Concerto ou para as clases de percusión e canto. Desexamos que teña moito éxito e agradecémoslle a súa aportación.

Despedimos o programa desexando que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

jueves, 8 de octubre de 2026

XOVES 08 de OUTUBRO do 2026

Comezamos unha nova emisión do "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía, as salutacións e disculpando a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que segue convaleciente. Desexamos que pronto se recupere. Ofrecémoslles unha peza de música e comunicámonos con XURXO GREGORIO VAQUEIRO, Concelleiro de Comercio,  Formación e Emprego, do Concello de Salceda de Caselas, que nos fala da celebración da "IX Ruta do PINCHO - Folk", que xa foi inaugurada o pasado día 2 de outubro e rematará o próximo día 24 deste mes. Ademáis da degustación e participación para elixir o mellor Pincho, teñen previsto unha serie de celebracións e actuacións complementarias. Tamén nos comenta que veñen de celebrar no mes de setembro a "XXXII Festa dos Callos", que posiblemente sexa a maior festa que se celebra en Salceda de Caselas. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teñan moitos éxitos.

A continuación poñémonos en contacto con ANA ANTELO, unh artesana de Baíña, en Vimianzo. Felicitámola polo seu traballo creativo. Coméntanos que na súa páxina, anatrasariz.com, pódense ver algúns exemplos dos productos creativos tan feiticeiros. Céntrase nos bolsos, neceseres, bolsas, carteiras, mochilas, fundas e outros produtos que confeciona artesanalmente con materiais e tecidos completamente naturais. Tamén pode facer encargos aos clientes que o desexen (teñen que facilitarlle datos sobre o artigo a confecionar, claro). Visitade a súa tenda e seguro que quedaredes sorprendidos coas súas creacións. Agradecémoslle a atención prestada e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.


Escoitamos outra peza musical e falamos con VANESA BALBOA, da "A.C.G. Cova da SERPE", en Barcelona, que nos da a coñecer a próxima celebración do "V Festival Internacional de Danza". É un Festival benéfico, completamente gratuíto, que solicita a aportación voluntaria de produtos non perecederos para o Banco de Alimentos do barrio. Haberá participación de varios Grupos de Danza, de diversas culturas, e realizarase no Auditori de San Martí, sito na Plaça d'Angeleta Ferrer, nº2. Tamén nos comenta a recente inauguración do Curso 2026/27 na Asociación, das próximas actuacións e do Magosto para primeiros de novembro. Agradecémoslle a información recibida.


Recibimos agora a NURIA SOTELO, bailarina e coreógrafa, de "A Casa Vella", no lugar de Amiadoso, do Concello de Allariz. A entrevista é unha conversa distendida chea de información e coñecemento dese proxecto profisional e persoal de Nuria Sotelo e Rubén Vilanova, pero que hosendía xa ten outros compoñentes máis, que ela mesmo nos menciona. Moi interesante, aberto a tódalas disciplinas artísticas, especialmente a danza. Na súa páxina acasavella.com, defínense como un centro de creación de artes vivas e acción social no rural. Un espazo físico e unha plataforma de acción cultural e social, que aposta pola dinamización do entorno rural. Coméntanos algúns dos proxectos e accións que xa teñen realizado e convida aos artistas que se acheguen á "Casa Vella", para disfrutar das súas instalacións e que proben de disfrutar do entorno e da creatividade que ofrecen. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.


Recibimos a visita de OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá. Felicitámolo pola recente inauguración do Curso 2026/27 da Asociación, as diferentes actuacións na Gabarra, no San Froilán de Nou Barris e a próxima desta fin de semana en Hospitalet. Xa se envióu a carta de convite aos socios coas diferentes celebracións, como a paella popular, a festa do Magosto, o Campionato de Tute e a Semana Cultural que finalizará coa entrega dos Premios do "XL Certame de Poesía Rosalía de Castro-2026", previsto para a fin de semana do 21 de novembro. Agradecémoslle a súa presencia e participación no programa de hoxe.

Entrevistamos a FRANCISCO X. ALMUIÑA, da "CASA do ROMUALDO", en Taboada. Fálanos da celebración do "Outono Gastronómico-2026" que ofrecen na súa vivenda rural con dous menús moi apetecibles. Unha oferta sostible, segura, responsable e de calidade. A historia desta casa rural remóntase ao século XVI. Teñen documentación que así o acredita. Mantemos unha conversa moi amena e chea de engado. Coméntanos que tivo unha visita dunha persoa, que ten uns catrocentos mil seguidores na internet, que lle pediu a receita do "caldo de osos", que ofrecen no seu establecemento. A estancia na Casa do Romualdo non só serve para descanso e disfrute gastronómico de proximidade, senón que tamén Francisco ameniza aos asistentes cos seus contos e música coa súa zanfona, ademais dos percorridos polos sendeiros próximos mentres lles describe, neses paseos, as belezas das paisaxes, coa particularidade de que ten cegueira. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


    jueves, 1 de octubre de 2026

    XOVES 01 de OUTUBRO do 2026

    Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Temos que disculpar ao noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que sigue recuperándose, desexándolle que pronto se recupere e nos acompañe aquí nos estudios. Escoitamos unha peza de música que pertence a NELSON QUINTEIRO. Precisamente con el conectamos para que nos informe da súa traxectoria, tanto musical como creativa. A conversa e información recibida está chea de moitas e interesantes aportacións. Os interesados poden recoller máis información na súa páxina: https://www.nelsonquinteiro.com/. Fálanos da súa creatividade, da música, especialmente da musicoterapia, de "Mais Cantos"... etcétera. Disfrutamos coa súa aportación de hoxe. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos e prometemos voltar a poñernos en contacto con el para que nos siga axudando a coñecer, máis polo miúdo, a súa traxectoria creativa. Desexámoslle que teña moito éxito.

    Escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con XOSÉ LOIS ROMERO, a quen felicitamos polo seu traballo creativo "a banda sonora orixinal" do espectáculo "A serie Clope", do Centro Dramático Galego. Mantemos unha conversa distendida e moi interesante sobre ese último traballo así como tamén do disco "Latexo" de Xosé Lois e Aliboria. está esgotado. Anúncianos que está a traballar para poder ofrecernos un novo disco que ten previsto se publique a principios do vindeiro ano 2027. Estaremos atentos. Desexámoslles que teñan moitos éxitos.

    Poñémonos en contacto co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Está dividida en tres apartados precedidos dunha entradiña musical, onde vai debullando novidades e informacións. Finaliza cunha colaboración que ofrece un refrán ou dito galego.

    Conectamos con XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet. Infórmanos da iniciación do cruso 2026/27, coas clases, da obra de teatro solidario no teatro Segarra de Santa Coloma, onde recolleron tres toneladas e media de alimentos, da próxima actuación nas "Festas do Pilar" en Zaragoza, da próxima celebración da "Festa Cultural e Gastronómica, do Pulpo e do Marisco" prevista para os días 15, 16, 17 e 18 de outubro. Felicitámolo polo traballo que levan adiante e desexamos que teñan moito éxito.

    Damos a coñecer unha noticia relacionada coa publicación do número 55 da revista "Raigame", adicada exclusivamente á figura de don Ramón Otero Pedraio. Os interesados poden solicitala á Deputación Provincial de Ourense. E aproveitamos para despedirnos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

    Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.