Comezamos outra emisión máis do noso programa "Galegos no BAIX", coa nosa sintonía e as salutacións. Temos que disculpar, un día máis, a presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que sigue convaleciente. Desexámoslle unha pronta recuperación. Escoitamos un bocadiño de música e recibimos á primeira convidada. PURA SALCEDA, Filóloga, Profesora, escritora e poeta, a quen felicitamos polo poemario que acaba de publicar recentemente: "NO CÍRCULO - En el círculo", en Edicións in-VERSO. Coméntanos cómo foi o proceso de creación, durante tres anos, cómo o concebiu... etcétera. Tamén nos fala da mensaxe que quere transmitir cos seus poemas. Unha conversa moi interesante e chea de engado. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e despedímola con música, como facemos sempre.
Continuamos a programación poñéndonos en contacto con TOMÁS MARÍA PORTA I CALSINA, a quen tamén felicitamos porque o vindeiro día 3 de novembro presentará o seu libro "Viatge a Galicia", que é unha segunda edición dun primeiro libro que se esgotou "Aventures a Galícia". A presentación será o día 3 de novembro no Ateneu de L'Hospitalet. Fainos un pequeno percorrido polas diferentes aspectos do seu libro, escrito en catalán. É un libro que, segundo nos explica, conten tres vertentes informativas: a primeira podería considerarse como un libro de viaxes, a segunda un libro galeguista e a terceira un compendio de poemas galegos de grandes escritores galegos, traducidos ao catalán, escrito cun peculiar redactado, axeitado para que todos o poidan entender. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslle que teña moito éxito.
Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que el vai debullando moi acertadamente, en tres apartados precedidos dunha entradiña musical moi axeitada. Agradecémoslle a súa colaboración e despedímolo con música.
Despois de escoitar unha peza interpretada por JOEL PADIN, poñémonos en contacto precisamente con el. Temos que felicitalo porque virá ao Centro Galego de Barcelona o sábado 17 de novembro para impartir unha "Master-Class de Pandeireta e Canto", ás 11 da mañá e dará un Concerto para os asistentes pola tarde. Os interesados terán que acudir ao Centro Galego de Barcelona para retirar os tiquets de entreda ao Concerto ou para as clases de percusión e canto. Desexamos que teña moito éxito e agradecémoslle a súa aportación.
Despedimos o programa desexando que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.



No hay comentarios:
Publicar un comentario