Comezamos unha nova emisión do "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía, as salutacións e disculpando a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que segue convaleciente. Desexamos que pronto se recupere. Ofrecémoslles unha peza de música e comunicámonos con
XURXO GREGORIO VAQUEIRO, Concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, do
Concello de Salceda de Caselas, que nos fala da celebración da
"IX Ruta do PINCHO - Folk", que xa foi inaugurada o pasado día 2 de outubro e rematará o próximo día 24 deste mes. Ademáis da degustación e participación para elixir o mellor Pincho, teñen previsto unha serie de celebracións e actuacións complementarias. Tamén nos comenta que veñen de celebrar no mes de setembro a "
XXXII Festa dos Callos", que posiblemente sexa a maior festa que se celebra en Salceda de Caselas. Agradecémoslle a súa atención e desexamos que teñan moitos éxitos.

A continuación poñémonos en contacto con
ANA ANTELO, unh artesana de Baíña, en Vimianzo. Felicitámola polo seu traballo creativo. Coméntanos que na súa páxina,
anatrasariz.com, pódense ver algúns exemplos dos productos creativos tan feiticeiros. Céntrase nos bolsos, neceseres, bolsas, carteiras, mochilas, fundas e outros produtos que confeciona artesanalmente con materiais e tecidos completamente naturais. Tamén pode facer encargos aos clientes que o desexen (teñen que facilitarlle datos sobre o artigo a confecionar, claro). Visitade a súa tenda e seguro que quedaredes sorprendidos coas súas creacións. Agradecémoslle a atención prestada e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Escoitamos outra peza musical e falamos con
VANESA BALBOA, da "
A.C.G. Cova da SERPE", en Barcelona, que nos da a coñecer a próxima celebración do
"V Festival Internacional de Danza". É un Festival benéfico, completamente gratuíto, que solicita a aportación voluntaria de produtos non perecederos para o Banco de Alimentos do barrio. Haberá participación de varios Grupos de Danza, de diversas culturas, e realizarase no Auditori de San Martí, sito na Plaça d'Angeleta Ferrer, nº2. Tamén nos comenta a recente inauguración do Curso 2026/27 na Asociación, das próximas actuacións e do Magosto para primeiros de novembro. Agradecémoslle a información recibida.
Recibimos agora a
NURIA SOTELO, bailarina e coreógrafa, de "
A Casa Vella", no lugar de Amiadoso, do Concello de Allariz. A entrevista é unha conversa distendida chea de información e coñecemento dese proxecto profisional e persoal de Nuria Sotelo e Rubén Vilanova, pero que hosendía xa ten outros compoñentes máis, que ela mesmo nos menciona. Moi interesante, aberto a tódalas disciplinas artísticas, especialmente a danza. Na súa páxina acasavella.com, defínense como
un centro de creación de artes vivas e acción social no rural. Un espazo físico e unha plataforma de acción cultural e social, que aposta pola dinamización do entorno rural. Coméntanos algúns dos proxectos e accións que xa teñen realizado e convida aos artistas que se acheguen á "
Casa Vella", para disfrutar das súas instalacións e que proben de disfrutar do entorno e da creatividade que ofrecen. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.
Recibimos a visita de OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá. Felicitámolo pola recente inauguración do Curso 2026/27 da Asociación, as diferentes actuacións na Gabarra, no San Froilán de Nou Barris e a próxima desta fin de semana en Hospitalet. Xa se envióu a carta de convite aos socios coas diferentes celebracións, como a paella popular, a festa do Magosto, o Campionato de Tute e a Semana Cultural que finalizará coa entrega dos Premios do "XL Certame de Poesía Rosalía de Castro-2026", previsto para a fin de semana do 21 de novembro. Agradecémoslle a súa presencia e participación no programa de hoxe.

Entrevistamos a
FRANCISCO X. ALMUIÑA, da
"CASA do ROMUALDO", en Taboada. Fálanos da celebración do "Outono Gastronómico-2026" que ofrecen na súa vivenda rural con dous menús moi apetecibles. Unha oferta sostible, segura, responsable e de calidade. A historia desta casa rural remóntase ao século XVI. Teñen documentación que así o acredita. Mantemos unha conversa moi amena e chea de engado. Coméntanos que tivo unha visita dunha persoa, que ten uns catrocentos mil seguidores na internet, que lle pediu a receita do "caldo de osos", que ofrecen no seu establecemento. A estancia na
Casa do Romualdo non só serve para descanso e disfrute gastronómico de proximidade, senón que tamén
Francisco ameniza aos asistentes cos seus contos e música coa súa zanfona, ademais dos percorridos polos sendeiros próximos mentres lles describe, neses paseos, as belezas das paisaxes, coa particularidade de que ten cegueira. Agradecémoslle a súa amable atención.
Despedimos o programa ata o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario