jueves, 25 de febrero de 2021

XOVES 25 de FEBREIRO do 2021

Comezamos un programa máis escoitando a nosa sintonía de inicio, dándolles a ben.vida e conectando con Galicia para falar con dona DIGNA Gómez, da Panadería DISU de Navia de Suarna. Agradecémoslle a súa amable atención. Fálanos dos productos que serven no seu establecemento, dos doces familiares e caseiros, das empanadas, do pan con mezcla de trigo do país, do pan de centeo... ... Indícanos que tamén se poden mercar por internet e recibilos directamente na casa. Teñen varios establecementos en Hospitalet que reciben os seus produtos, dúas veces por semana. Avánzanos que están traballando para darlle un impulso e posiblemente pronto poderemos contemplar algunhas melloras e novidades na Panadería DISU.

A segunda conversa-entrevista é con ANXO QUINTANA, Xerente da Empresa "O Pepiño de Allariz", Casa de comidas, Restaurante e Tenda online, con Produtos Galegos de Calidade. Mantemos unha conversa moi distendida, recibindo información dos produtos que se poden adquirir, da situación pandémica que estamos a vivir e de cómo se vai "aguantando" este grande acontecemento que nos está atacando a todos e moi en especial ao sector da Hostelería e Restauración. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que sigan acadando moitos éxitos.

Despois, disculpando a non participación do noso correspondente Xosé Manuel, por mor dun asunto persoal que tivo que atender, atrevémonos a ler a poesía de Rosalía de Castro, na que fala do "Caldo de Groria", para commemorar o día de Rosalía, que se celebrou concretamente onte, día 24 de febreiro, data en que se celebra o 184 aniversario do nacemento da nosa poetisa.

Escoitamos outro bocadiño de música e voltamos a informar dalgunhas cousas máis, das que chegaron á nosa Redacción, relacionadas, claro está, coa nosa Cultura Galega.

Chamamos a Ricardo Souto Morano, poeta galego residente en Cambre. Dámoslle os nosos parabens pola edición do seu libro de poemas: "Reloucos dun lecer". E despois da petición de Armando, Ricardo agasállanos coa lectura de dous poemas da súa autoría. Fermosa declamación que lle agradecemos.

E despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves, deixando pendurado o programa enteiro, a continuación.

jueves, 18 de febrero de 2021

XOVES 18 de FEBREIRO do 2021

Un novo programa de "Galegos no BAIX" con entrevistas, música e novidades dende Galicia. Dúas horiñasa de radio en galego, para tentar entretelos. Comezamos conectando con Jasmin e Sarai, dúas das responsables e propietarias da "A Churrería Ribeira". Xunto con Eva González, mudaron a súa profisión para converterse en churreiras e ofreceren os seus productos innovadores e con grande éxito. Dende o mes de decembro do 2020, están a cumplir os antollos dos veciños e moitas persoas que se achegan a mercar os seus productos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos nesa nova andaina que están levando adiante.

A segunda conexión é con Mary Carmen Sánchez, da Empresa Embutidos Suarna, con quen xa tivemos algunha conversa en programas anteriores, pero que nesta ocasión queriamos felicitala polo seu "20 Aniversario" da súa creación e posta en marcha, así como darlle os nosos parabens porque están a producir a Androlla dos Ancares máis artesana das que se poden mercar. Tamén sirven moitos máis productos elaborados coa carne do porco, todos elaborados artesanalmente. ¡Moitas grazas por atendernos, Mari Carmen. Sempre é unha honra poder escoitarte no noso humilde programa.

A segunda hora comeza co a sección QUEN CHE PREGUNTOU? do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que nos fai un repaso das novidades escollidas por el cos seus Ghústanme e Desghústanme. E despois envíanos a súa creación artística en forma de viñeta, que aproveitamos para compartir con todos vosoutros nesta páxina.

E finalizamos o programa de hoxe entrevistando e falando co grande humorista galego PEPE CAPELÁN, que ten un programa diário na TVG titulado "Malicia Noticias". Agradecémoslle a atención que nos dispensa e facémoslle algunhas preguntas que consideramos de interese para os nosos oíntes e seguidores.

Despedímonos ate o vindeiro xoves, á mesma hora e colgamos a continuación o programa enteiro.

jueves, 11 de febrero de 2021

XOVES 11 de FEBREIRO do 2021

Outro programiña máis de dúas horas en galego, para ofrecerlles novas, entrevistas, música e algunha cousiña máis. Comezamos conectando con Mª Sonia Melón Parente, unha poeta galega que está en Ponteareas. Falamos da súa creatividade, da súa traxectoria, do seu blog:osmeusescritos e dos proxectos que pretende levar adiante. Agasallános coa lectura dun dos seus poemas, que lle agradecemos moito e, despedímola desexando que continúe coa súa escrita e prometémonos voltar a conectar con ela cando teña máis novidades.

A segunda comunicación é con Adrián Morales, propietario do establecemento "La Panera" en La Coruña. Unha tenda ao estilo tradicional que se encarga de suministrar unha morea de productos de grande calidade, considerados "grumet" polos seus clientes. Charlamos con el e explícanos cómo é o seu traballo e as ofertas que ten para os posibles clientes. Tamén nos da a coñecer a súa páxina web de lapaneracoruna.es, para os que desexen poñerse en contacto con el e facerlle algún pedido. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos, nesta segunda hora, conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que nos ten preparada a súa crónica semanal "Quen che Preguntou?" cos seus "Ghústanme e Disghústanme" para poñernos ao corrente dalgunhas das noticias escollidas por el. Segue a súa intervención coas caralladas e as frases populares e con retranca. Despois envíanos a súa creación en forma de viñeta alusiva a algún momento da emisión, que nós acompañamos nesta nosa páxina, para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. Moitas grazas, Xosé Manuel.

E a ultima intervención é a de Manoele de Felisa, cantautor galego que ven de publicar o seu traballo que leva por título "Cancioneiro do Camiño". Un libro CD que contén 18 temas escollidos da investigación e música popular, que xa presentou fai uns días na Televisión Galega, pero que tamén nos fai partícipes a nosoutros para que poidamos disfrutar del. Desexámoslle moitos éxitos.

E despedímonos ate a vindeira semana. A continuación "colgamos" o programa enteiro.

jueves, 4 de febrero de 2021

XOVES 04 de FEBREIRO do 2021

Voltamos a emitir este programiña de Radio en Galego, desexando aprender de todos vosoutros e ofrecerlles dúas horiñas entretidas. A primeira comunicación é con ISI Rodríguez, un humorista galego que nos deleita coa súa participación. Agradecémoslle a colaboración e coméntanos algunhas cousas nas que está traballando e participando, máis concretamente na TVGalega. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda chamada é para saudar e recibir nos "Estudios Virtuais" a Lidia Veiga, que nos recibe moi amablemente e cóntanos alguhas cousas da súa formación e da súa traxectoria artística. Felicitámola polos éxitos acadados polo dagora e desexámoslle que siga colleitando moitos máis.


Continuamos na segunda hora co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, que na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU, sempre ten novidades e informacións interesantes. Recibímolas a modo de Me ghustan e Desghústanme, que é como titula esta súa sub-sección. Finaliza comentado outra subsección, a das "caralladas" e prometéndonos a súa "viñeta" para ilustrar algún dos momentos relevantes, que el escolle, da emisión de hoxe.

 

E finalizamos o apartado de entrevistas-conversas con Mª Sagrario Fernández Méndez. Traballadora Social, que nos presenta ese Documental sobre a Vivenda e que se pode admirar e contemplar tanto no Youtube como naquelas páxinas que busquedes por Internet.

Aquí podedes escoitar o programa enteiro. Ate a vindeira semana.