jueves, 11 de febrero de 2021

XOVES 11 de FEBREIRO do 2021

Outro programiña máis de dúas horas en galego, para ofrecerlles novas, entrevistas, música e algunha cousiña máis. Comezamos conectando con Mª Sonia Melón Parente, unha poeta galega que está en Ponteareas. Falamos da súa creatividade, da súa traxectoria, do seu blog:osmeusescritos e dos proxectos que pretende levar adiante. Agasallános coa lectura dun dos seus poemas, que lle agradecemos moito e, despedímola desexando que continúe coa súa escrita e prometémonos voltar a conectar con ela cando teña máis novidades.

A segunda comunicación é con Adrián Morales, propietario do establecemento "La Panera" en La Coruña. Unha tenda ao estilo tradicional que se encarga de suministrar unha morea de productos de grande calidade, considerados "grumet" polos seus clientes. Charlamos con el e explícanos cómo é o seu traballo e as ofertas que ten para os posibles clientes. Tamén nos da a coñecer a súa páxina web de lapaneracoruna.es, para os que desexen poñerse en contacto con el e facerlle algún pedido. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos, nesta segunda hora, conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que nos ten preparada a súa crónica semanal "Quen che Preguntou?" cos seus "Ghústanme e Disghústanme" para poñernos ao corrente dalgunhas das noticias escollidas por el. Segue a súa intervención coas caralladas e as frases populares e con retranca. Despois envíanos a súa creación en forma de viñeta alusiva a algún momento da emisión, que nós acompañamos nesta nosa páxina, para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. Moitas grazas, Xosé Manuel.

E a ultima intervención é a de Manoele de Felisa, cantautor galego que ven de publicar o seu traballo que leva por título "Cancioneiro do Camiño". Un libro CD que contén 18 temas escollidos da investigación e música popular, que xa presentou fai uns días na Televisión Galega, pero que tamén nos fai partícipes a nosoutros para que poidamos disfrutar del. Desexámoslle moitos éxitos.

E despedímonos ate a vindeira semana. A continuación "colgamos" o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario