jueves, 29 de septiembre de 2022

XOVES 29 de SETEMBRO do 2022

Outro xoves máis con todos vosoutros, comezamos coa nosa sintonía e dámoslles a Ben-vinda para despois conectar con Galicia e falar con ANIBAL BLANCO, da "Adega Tapias de Mariñán", en Verin (Ourense). Primeiro parabenizámolo por ter acadado o Premio ao Mellor Viño Branco deste ano 2022. Danos a coñecer o grande traballo que están a realizar para acadar os mellores caldos da D.O.Monterrei, e moi en particularmente as da súa Adega. Están en plena vendima pero aínda ten uns minutiños para informarnos un pouco sobre as ofertas que teñen, as posibles visitas guiadas e a oportunidade de entrar na tenda que ofrecen na súa páxina para poder mercar eses caldos tan ben elaborados. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos e que teña unha grande colleita.


O segundo ocnvidado é XOAN L.FUERTES, de "Fuxan os Ventos", que están a cumplir 50 anos de existencia. Con ese motivo, precisamente o mesmo día dese aniversario, concretamente o 22 de outubro, inaugurarán unha exposición espectacular no "Vello Cárcere" de Lugo, no que se poderán contemplar os álbumes publicados, fotos daqueles concertos dos primeiros anos e moitas cousas curiosas relacionadas co este Grupo de música galega. Tamén ofrecerán un mini-concerto para disfrute dos asistentes. Posiblemente esta exposición percorrerá as 7 cidades máis importantes de Galicia. Desexámoslle moita sorte.

A continuación conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? ofrécenos as novidades que escolleu en forma de "Ghústanme e Disghústanme". Comenta algunha anotación da súa "libretiña pequena", que nesta ocasión teñen moito que ver con analoxías refraneiras e precisamente aproveita unha delas para enviarnos a "viñeta" alusiva a unha delas. ¡Moitísimas GRAZAS! Xosé Manuel.


Voltamos novamente a Galicia para falar con outro XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ, de MUXICAS. Parabenizámolo pola recente publicación do "4º Volume : Pezas para gaita, zanfona e acordeón. Tempo de Pasodobres. Tempo de Furancho". Escoitamos un  bocadiño dunha das pezas que se recollen nese volume e informammos aos nosos oíntes e seguidores que pode adquirir este fermoso traballo poñéndose en contacto con Xosé Manuel ou na súa páxina de Facebook. Desexamos que siga publicando moitos más álbumes, que disfrute e que teña moita sorte.


Falamos agora con ANA VILA PORTOMEÑE, a Poeta Labrega. Parabenizámola polo traballo que ultimamente vemos publicado na súa páxina de facebook. Mantemos unha pequena conversa relacionada coa súa traxectoria poética. Infórmanos de cómo se poden adquirir algún dos seus libros de poesía, aínda que están esgotadas a maioría. Poden poñerse en contacto con ela. Agasállanos coa lectura dunha fermosa poesía titulada: "A tí que estás lonxe da terra". Moitas grazas Ana. Seguiremos en contacto.

Deixamos aquí o programa completo e desexamos que volvan a sintonizarnos o próximo xoves á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana!


jueves, 22 de septiembre de 2022

XOVES 22 de SETEMBRO do 2022

Segundo programa desta nova tempada 2022/23, que comezamos, coma sempre, dándolles a ben-vinda e deseguida poñémonos en contacto co noso primeiro convidado: BERNARDINO CREGO CERVANTES, Presidente do Centro Portugués en Vigo. Agradecémoslle a súa amable atención. Conversamos un bocadiño con el e infórmanos das próximas Xornadas que realizarán o vindeiro mes de outubro adicadas á Saudade, nas que participarán importantísimas personalidades galegas e portuguesas. Os eventos en cidades de Portugal e Galicia.

A seguinte intervención é con BEATRIZ DOURADO, unha Profesora, escritora e poeta galega que, aínda que naceu en Barcelona, está a exercer a súa profisión en Galicia. Recentemente ten publicado un poemario que leva por título: IntraGERRAS, editado pola Editorial Urutau. Tódolos nosos oíntes e seguidores poden poñerse en contacto con esa editorial e seguro que o poderán adquirir.
 

Na segunda hora sempre conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Mannuel F. Montes, que leva adiante a sección Quen che Preguntou? Fainos un percorido informativo cos seus Ghústanme e Desghústanme, que depois finaliza cos seus apuntes da "libretiña pequena" coa aportación recadadora de frases e ditos populares con retranca, moi acaída.

Falamos, a continuación con ADRIÁN EIRAS, que xunto coa súa irmá JESSICA levan adiante a Empresa "Patatas EIRAS" en Lugo. A pesar de que este ano de seca e mal tempo para a colleita dese producto tan aprezado en Galicia e cáseque en toda España, están tendo grande demanda e atendendo a tódolos seus clientes. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexámoslle moita sorte.


Conectamos novamente con Lugo, para falar con HECTOR PÉREZ RAMOS, do "Forno de Lugo". Teñen distribución e venta dos seus productos en Vigo e Madrid. Na actualidade forman parte desa empresa nada menos que cen operarios. Infórmanos de que virán a Barcelona, concretamente á rúa Cruz Cubierta, esquina Praza de España, os días 1 e 2 de outubro e aproveita para convidar a toda audiencia para que se acheguen algún deses días a ese "stand", porque poderán mercar os productos que elaboran no Forno e outros moitos de proximidade, como embutidos, viño, mel... ... e como non empanadas, pan e tamén poderán degustar o pulpo galego, porque virá con el un pulpeiro da zona. Desexámoslle moitos éxitos.

E finalizamos o programa desexándolles unha feliz semana. Aquí deixamos o programa completo:

jueves, 15 de septiembre de 2022

XOVES 15 de SETEMBRO do 2022

Comezamos unha nova tempada 2022-2023, dándolles a benvida e desexando que tiveran un verán feiticeiro. A primeira convidada para encetar esta nova xeira é MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de GALICIAME, con quen temos o provilexio e a honra de falar para que nos informe da "Gala a prol de Merchi Alvarez, destino Korea", que se realizará o vindeiro sábado día 24 coa actuación de grandes cantautores e artistas que altruistamente se prestaron para realizar este evento. A actuación será a partir das 21 horas no "Auditorio da Xuventude" de Cambados. Aproveitamos para compartir o Carel anunciador de dito evento e desexarlle que teña moita sorte e moitos éxitos.

A segunda intervención é con DAVID VÁZQUEZ - PINANCHO, que nos fala do documental "EL ÚLTIMO DE ARGANEO", que é unha homenaxe ao Rural moi centrada na vida de Edilberto Rodríguez. Xa ten recibido varios Premios e augurámoslle moitos máis. Tamén no fala da súa  Adega : "Antonio do Nicho", ubicada en San Fiz - Chantada, en plena Ribeira Sacra. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos, e prometémonos voltar a comunicarnos con el para que nos fale deses caldos que está a embotellar agora mesmo.
 

Na segunda hora comezamos conectando novamente con Galicia para achegarnos ás terras de Quintá de Cancelada, para falar con CHEMA ÁLVAREZ, que nos fai un pequeno relatorio da "XV Festa da Gaita" que se convertiu no "1º Musical Asturgalaico de Valdesouto". Felicitámolo polo seu traballo e dedicación de moitos anos e que está a acadar moito éxito. En vindeiras datas voltaremos a poñernos en contacto con Chema para que nos informe doutras das actividades que teñen previsto realizar, todas elas baixo o patrocinio da Asociación Cultural "Chao de Sebes". Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Finalizamos a emisión de hoxe conectando con PEPE CACABELOS (José Luís Núñez Cacabelos), Músico e Cantautor galego, de Cambados, que estará precisamente nesa "Gala a prol de Merchi Alvarez, destino Korea". A súa actuación é unha aportación altruista ao evento. Agradecémoslle a súa participación e parabenizámolo polo seu traballo, desexando que siga acadando moitos éxitos.

E despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que sexan felices!!! Colgamos aquí o programa enteiro.