jueves, 29 de septiembre de 2022

XOVES 29 de SETEMBRO do 2022

Outro xoves máis con todos vosoutros, comezamos coa nosa sintonía e dámoslles a Ben-vinda para despois conectar con Galicia e falar con ANIBAL BLANCO, da "Adega Tapias de Mariñán", en Verin (Ourense). Primeiro parabenizámolo por ter acadado o Premio ao Mellor Viño Branco deste ano 2022. Danos a coñecer o grande traballo que están a realizar para acadar os mellores caldos da D.O.Monterrei, e moi en particularmente as da súa Adega. Están en plena vendima pero aínda ten uns minutiños para informarnos un pouco sobre as ofertas que teñen, as posibles visitas guiadas e a oportunidade de entrar na tenda que ofrecen na súa páxina para poder mercar eses caldos tan ben elaborados. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos e que teña unha grande colleita.


O segundo ocnvidado é XOAN L.FUERTES, de "Fuxan os Ventos", que están a cumplir 50 anos de existencia. Con ese motivo, precisamente o mesmo día dese aniversario, concretamente o 22 de outubro, inaugurarán unha exposición espectacular no "Vello Cárcere" de Lugo, no que se poderán contemplar os álbumes publicados, fotos daqueles concertos dos primeiros anos e moitas cousas curiosas relacionadas co este Grupo de música galega. Tamén ofrecerán un mini-concerto para disfrute dos asistentes. Posiblemente esta exposición percorrerá as 7 cidades máis importantes de Galicia. Desexámoslle moita sorte.

A continuación conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? ofrécenos as novidades que escolleu en forma de "Ghústanme e Disghústanme". Comenta algunha anotación da súa "libretiña pequena", que nesta ocasión teñen moito que ver con analoxías refraneiras e precisamente aproveita unha delas para enviarnos a "viñeta" alusiva a unha delas. ¡Moitísimas GRAZAS! Xosé Manuel.


Voltamos novamente a Galicia para falar con outro XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ, de MUXICAS. Parabenizámolo pola recente publicación do "4º Volume : Pezas para gaita, zanfona e acordeón. Tempo de Pasodobres. Tempo de Furancho". Escoitamos un  bocadiño dunha das pezas que se recollen nese volume e informammos aos nosos oíntes e seguidores que pode adquirir este fermoso traballo poñéndose en contacto con Xosé Manuel ou na súa páxina de Facebook. Desexamos que siga publicando moitos más álbumes, que disfrute e que teña moita sorte.


Falamos agora con ANA VILA PORTOMEÑE, a Poeta Labrega. Parabenizámola polo traballo que ultimamente vemos publicado na súa páxina de facebook. Mantemos unha pequena conversa relacionada coa súa traxectoria poética. Infórmanos de cómo se poden adquirir algún dos seus libros de poesía, aínda que están esgotadas a maioría. Poden poñerse en contacto con ela. Agasállanos coa lectura dunha fermosa poesía titulada: "A tí que estás lonxe da terra". Moitas grazas Ana. Seguiremos en contacto.

Deixamos aquí o programa completo e desexamos que volvan a sintonizarnos o próximo xoves á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana!


No hay comentarios:

Publicar un comentario