miércoles, 20 de marzo de 2013

MARTES

19 de MARZO do 2013 

 Comezamos felicitando a tódolos XOSÉS e dándolles a ben-vinda aos nosos amigos seguidores e oíntes. A proposta de hoxe seguirá nos termos que acostumamos cada semana: Primeiro conectamos con Monforte de Lemos, a capital da Ribeira Sacra, para falarmos con XOSE M.MONTES, o noso correspondente encargada da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un pequeno adianto do percorrido-xira por Galicia, do noso amigo ALBERTE-Monologuista. Despois escolle algunha das novidades e acontecementos que suceden na Nosa Terra para debullalos con precisión e acompañalo con algo de retranca e pensamentos tradicionais recollidos da sabiduría popular. 

 A segunda parte adicámoslle-la a don DARIO LODEIRO TORRES, escultor e pintor autodidacta, que tamén se atopa en Monforte de Lemos. Mantemos unha conversa-Entrevista moi amena e ilustradora da súa traxectoria como artista. Agradecémosllelo e comprometémonos a comunicarnos noutra ocasión para que nos siga a informara do seu traballo tan interesante. 

 En antena dixemos que a semana que ven non estaríamos. EQUIVOCÁMONOS. A semana que ven, o día 26 concretamente, volveremos a ofrecerlles unha nova entrega deste noso programa, así que  ¡AGARDÁMOLOS A TODOS! Faremos outra horiña máis de radio en galego, se podemos MOITO MELLOR, polo tanto: 
¡ATE A SEMANA QUE VEN! ¡NON FALTEN!

martes, 12 de marzo de 2013

12 de MARZO do 2013

Unha semaniña máis voltamos a ofrecerlles unha horiña de radio en galego. A nosa teima é poder achegarlles as novidades e noticias que nos chegan á nosa redacción. Como sempre conectamos coa Capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - para falarmos con XOSE M.MONTES, o noso correspondente que escolle algunhas das novidades máis salientables da nosa Terra. Tamén nos agasalla co recolleita dalgúns ditos e frases populares moi enxebres e sentencias con retranca. Esta sección chamámola QUEN CHE PREGUNTOU?


Na segunda parte do programa voltamos a conectar con Galicia para falarmos con XANECO TUBÍO, un Artesán de Lugo, compoñente do Grupo Musical OS MINHOTOS, que presentarán próximamente o seu disco PINGA D'AUGA. A conversa con este Músico-Artesán é moi enriquecedora.


A vindeira semana máis, e se é posible MELLOR.
Lembren que este programa volve emitirse os DOMINGOS pola mañán.

miércoles, 6 de marzo de 2013

5 de MARZO de 2013

Hoxe voltamos a recibir ao noso amgio XULIO COUGIL, e como ven sendo habitual nestes ultimos tempos, nos controis técnicos temos a FERNANDO e un servidor de vostedes ARMANDO FERNANDEZ, tentando facerlles pasar unha horiña de radio entretida e en lingua galega.
Conectamos con Galicia. Alí, na capital da Ribeira SACRA (Monforte de Lemos) temos ao noso colaborador e correspondente Xosé M. MONTES, que como cada semana tennos preparadas algunhas informacións interesantes e convídanos a participar celas. Neste caso veñen moi a contó, xa que se trata de celebracións de Feiras do Viño (en Chantada e Sober) e o XANTAR en Ourense.

Na segunda parte chamamos e falamos coa Señora CARMEN, a xerente e dona da Vivenda Rural "A CASA DA CABAZA", no INCIO (Lugo). Este matrimonio Madrileño, asentouse nesa casa de labranza do século XIX, restaurouna e agora ofrece as súas dependencias para poder disfrutar delas por módicos precios. As ofertas que teñen para esta Semana Santa son moi cobizosas, xa que oscilan entre os 20 e 29€uros por persoa. Ademais teñen a posibilidade de facer unha morea de actividades que dende este lugar se poder escoller e moi asequibles. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos poder continuar coa súa colaboración en vindeiras ocasións e programas.

A vindeira semana máis, se nos é posible. Contamos voltar a telos na nosa sintonía.

Programa do 26 de FEBREIRO

Voltamos, outra semaniña máis, co noso programa en lingua galega, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Nos controis, como na semana anterior o noso amigo FERNANDO, e quen lles fala ARMANDO FERNÁNDEZ, tentando facerlles agradable esta horiña de radio. A primeira comunicación é con XOSE M.MONTES, o nodo "Correspondente en Monforte de Lemos" que nos fai un percorrido moi axeitado das noticias que escolle para comentalas con nosoutros e ofrécenos unha visión moi pormenorizada do que está a contecer na nosa Galicia. Actualidade con certa visión rentranqueira e moi nosa. Agradecémoslle a súa aportación. 

A segunda parte do programa está adicada ao escritor-pintor FERNANDO, ubicado en DOMAIO, unha localidade das Rías Baixas. A conversa xira sobre o seu libro: "TIEMPOS ANANRANJADOS". Falamos da súa obra. Agradecémoslle a colaboración e desexámoslle moitos éxitos, agardando poder voltar a falar con el en vindeiras ocasións.  

A vindeira semana máis, e se é posible, MELLOR. ¡Agardámolos!

Programa do 19 de febreiro

Esta semana fixemos o programa coa participación de FERNANDO nos controis técnicos e un servidor de vostedes, ARMANDO FERNANDEZ. Xulio Couxil e mais DAMIÀ, tiveron que ausentarse. Non hai razóns polas que teñamos que lamentar pola súa ausencia, tan só que o habitual mudouse para convertirse noutro xeito de traballar e facer o programa para todos vostedes.
A primeira comunicación-colaboración é con MONFORTE de LEMOS, a capital da Ribeira Sacra, onde se atopa o noso "Correspondente Oficial" Xosé M.MONTES, que nos pon ao corrente das novidades escollidas por el para esta semana, e acaba dándonos as súas "Receitas retranqueiras", ademais de convidarnos a achegarnos a aquelas terras galegas tan feiticeiras.

Na segunda parte do programa conectamos con ANA DOS SANTOS, a autora do libriño de poemas titulado: "OJOS AMARILLOS", da editorial Círculo Rojo, e que se pode a topar xa en moitas librerías. A conversa con ANA é moi esclarecedora, amena e cordial. Desexámoslle moitos éxitos e seguro que voltaremos a conectar con ela noutra ocasión.

Despedíamonos ate a semana vindeira e, agardamos poder contar coa vosa fidelidade.