viernes, 30 de noviembre de 2018

XOVES 29 de NOVEMBRO do 2018

http://enacast.com/radiosantboi/#!/programs/galegosnobaix/radiosantboi_podcast_14239
Gonzalo Hermo e Armando nos estudos de R.Sant Boi

Outro programiña máis con todos vosoutros. E comezamos dándolles a ben-vida. Un servidor, Xulio, atópase desprazado pero participa con Armando para recibir a GONZALO HERMO, que moi amablemente nos visita nos estudos de Radio Sant Boi. Aproveitamos para felicitalo por ter acadado varios Premios e moi concretamente o 3º do "32 CERTAME de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". A verdade é que temos a sorte de manter unha nómina de amigos, colaboradores e participantes coas nosas cousas moi celebrados e de grande renome no eido cultural. Desexámoslle moitos éxitos.


A segunda intervención é a de BEATRIZ VILA FREIRE, responsable e delegada da Asociación Provincial de Hostelería e Turismo en Monforte de Lemos. Comenta moitas das celebracións e actuacións da devandita Asociación, así como outras das moitas cousas que suceden na Ribeira Sacra, en localidades veciñas e na mesma provincia de LugoContinúa coa participación na sección QUEN CHE PREGUNTOU? do noso correspondente XOSE MANUEL F. Montes, que sempre ten preparada unha interesante  colaboración cos seus Me ghustan e Non Me ghustan, relacionados coas noticias que acontecen en Galicia concretamente. Despois envíanos a súa creación en forma de viñeta alusiva a algún momento do programa de hoxe.
E finaliza o programa coa conversa coa nosa amiga CARMEN PENIN, Profesora e Cantautora galega que nos informa de varias actuacións que tivo a semana pasada en Ourense, o día 4 de decembro no Auditorio de Vigo e unha próxima en Ribadeo.
Despídese ate a vindeira semana, que non será precisamente o día 6, xa que é festivo. Polo tanto agardámosvos o día 13 de decembro á mesma hora, non deixedes de sintonizarnos.

jueves, 22 de noviembre de 2018

XOVES 22 de NOVEMBRO do 2018

Un programa máis que comezamos saudándovos a todos. Aos nosos oíntes e seguidores e escoitando unha peciña musical para comunicarnos directamente con Galicia, concretamente con Vigo, onde se atopa o noso primeiro contertulio: MANEL MONTEAGUDO, un mariñeiro que, despois dun accidente moi grave, converteuse nun escritor e creador literario. Cóntanos parte das súas vicisitudes dende cativo, cando con14 anos se "enrolou" nun buque de pesca e despois nun mercante no que sofriu un desgrazado accidente que o tivo postrado e doente durante moitos anos, e agora é un creador literario afincado en Vigo. Prometémonos voltar a falar con el, para que nos siga contando moitas cousas e nos debulle outras máis, relacionadas coa súa escrita persoal, coa que disfruta moito.



Seguimos co programa e escoitamos unha peza do ultimo disco de EMILIO RUA, "Duetos", que presentará no Teatro Principal de Ourense o próximo sábado día 22. Agradecémoslle a súa amable atención e a distendida conversa que mantemos con el, na que nos conta moitas cousas relacionadas coa súa traxectoria musical e dos seus concertos. 




Quen che PREGUNTOU? é a sección que leva adiante o noso correspondente Xosé Manuel F. Montes,  na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. Sempre ten preparados os seus Me Ghustan e Non Me ghustan que están moi relacionados coa actualidade galega do momento. E apórtanos a súa creación cunha viñeta alusiva ao programa de hoxe, que compartimos con todos.



E temos para o final do programa á nosa benquerida MERCHI ALVAREZ, de Galiciame, que nos pon ao corrente da "IV Gala-Xantar de Galiciame" na Adega Condes de Albarei, en Cambados, prevista para o día 6 de decembro. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslle moitos éxitos.


E despedimos o programa ate o vindeiro xoves, que prometemos voltar. ¡Sexan felices!

jueves, 15 de noviembre de 2018

15 de NOVEMBRO do 2018

Outro programiña máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vida e escoitando unha peza de música galega para poñernos en contacto con ROBERTO REGAL, grande Enólogo, Adegueiro e Empresario galego, concretamente de Chantada (Lugo), que nos fala da colleita deste ano 2018, de Enonatur, do viño de autor e dos proxectos que ten para degustar.




A seguinte intervención, é a conexión con XOAN CURIEL, cantautor galego que nos comenta o seu ultimo traballo "A casa do terror". Tamén falamos das diferentes actuacións e concertos que ten realizado esta tempada, así como a próxima, precisamente hoxe mesmo na "Casa das Crechas" en Santiago de Compostela esta mesma noite. Comentamos a súa faceta teatral e o traballo que está a preparar (un novo CD) que moi pronto nos presentará a tódolos seus seguidores. Agradecémoslle a súa participación.




Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Fainos un percorrido noticiario cos seus ME GHUSTAN e Non ME GHUSTAN, moi relacionados coa actualidade galega do momento. Recoméndanos a asistencia a algunha das Feiras e Mostras que se poden disfrutar a vindeira semana: IV Feira do Mel de Montaña en Muras. "Exportur Galicia" no Pazo de Congresos en Ourense e finaliza contándonos un conto, que podedes escoitar neste "podcat".




Despois falamos coa nosa correspondente nos Ancares: Fernanda Follana Neira, que nos fala de Deporte en Lugo (ciclismo), do peche de dúas Casas Rurais moi interesantes na zona: A Casa de Curro e o Albergue dos Ancares. Ogallá se volvan a abrir para disfrute de todos. E acaba comentándonos o percorrido da "Via  Romana XIX", que pasa pola montaña luguesa ata Lugo. Un percorrido moi recomendable e moi ben sinalizado.



Despedímonos ate o vindeiro xoves. Que teñan unha feliz semana.

viernes, 9 de noviembre de 2018

08 de NOVEMBRO do 2018

Comezamos o programa escoitando unha peza de música, do  Grupo de música TIRULEQUE - do seu CD "Outro que tal baila" - para darlles a ben-vinda e deseguida conectar con Galicia para falar con "Chiña" - Concepción ARZA, de "Delicias do Souto", que nos recibe moi amablemente e fálanos das Tartas, Tortas, Bolachas e Bikas de Castañas que elaboran no seu establecemento, aló en Folgoso do Courel. Agradecémoslle a súa colaboración.


Despois de escoitar outra peciña musical, voltamos a conectar con Galicia, concretamente con don José Antonio García Martínez, Presidente da Asociación de Productores de Aceite e Aceituna de Galicia. Infórmanos das actividades que están a realizar para recuperar os olivos autóctonos da nosa terra, e da próxima Festa que celebrarán nunha Almazara o vindeiro sábado en Quiroga, para agasallar a certos colleiteiros e tamén ao primeiro dos colleiteiros de Aceite de Galicia. Desexámoslles moitos éxitos.


Continuamos informando da celebración da "20 Mostra de Danza del Baix Llobregat", prevista para o día 10 de novembro, a partir das 5:30 en Can Massallera, de Sant Boi, organizado pola Casa de Sevilla e na que participará a "Irmandade Galega de RUBI".


Falamos con KIKE de Navia, Henrique Fdez-Mon Sánchez, que ten preparadas algunhas noticias relacionadas con Navia de Suarna.



A seguinte son certas comunicacións e informacións variadas, relacionadas cos nosos oíntes e seguidores, que sen eles non estaríamos nós tan orgullosos de seguir en antena.


Continuamos, despois de disculpar ao noso correspondente Xosé Manuel, que hoxe non pode participar connosco e conectamos con don Xosé Lois Llamazares, responsable da Empresa "Galletas Mariñeiras DA VEIGA", en Chantada, co que mantemos unha conversa chea de información.


E despedimos o programa ate o vindeiro xoves, que agardamos volvan a sintonizarnos.