jueves, 24 de febrero de 2022

XOVES 24 de FEBRERIRO do 2022

Unha nova emisión do "Galegos no BAIX". Esta vez temos que disculpar a ausencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, porque tivo que desplazarse a Galicia a causa dun compromiso persoal. Enviámoslle as nosas condolencias polo triste suceso ao que ten que asistir, e apertas saudosas á familia. Despois da nosa sintonía e os saúdos correspondentes escoitamos un bocadiño de música (a Alborada de Rosalía) e poñémonos en contacto con JORGE MINAS DOMÍNGUEZ COUSO, a quen parabenizamos polo traballo que está realizar para continuar recuperando moitas das tradicións ancestrais do "Entrudio" Vianés e arredores, así como tamén as Comparsas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que sigan acadando moitos éxitos.


Nesta pequena pausa aproveitamos para dar a coñecer dúas noticias interesantes relacionadas coa Universidade de Barcelona, concretamente dende o Departamento de Galego: Fil Gal Port, relacionadas cunha Conferencia de dona María López Sández, que leva por título: "O tratamento da natureza en Rosalía: a paisaxe como condición simbólica da nación", prevista para hoxe mesmo a partir das 19:30, mediante zoom. Tamén informamos da entrega da Medalla de Honra do Consello da Cultura Galega, para mañá día 25 de febreiro á Profesora Helena González Fernández e a Luís García Montero. Poderase seguir en directo pola canle de youtube:  https://www.youtube.com/channel/UCIeVhIBqppusZgDisCA5b4A. Foi Chus Lama a que nos fixo chegar toda esta información. ¡Grazas!

Despois poñémonos en contacto co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado de sección "Quen che Preguntou?" e recibimos a súa crónica semanal coas informacións escolidas e das que nos fai partícipe cos seus "Ghústanme" e "Desghústanme". Nesta ocasión envíanos unha viñeta dedicada ao grande Pedro Brandariz, recentemente falecido, como homenaxe a este grande Actor galego. Enviamos as nosas máis sinceras condolencias á familia.

Seguimos a emisión e falamos coa nosa amiga e colaboradora TAMARA ANDRÉS, escritora e traductora a quen tamén felicitamos polo recente traballo publicado e que se pode descargar e disfrutar del: "Rosalía inspírame". Fálanos da súa investigación no "ramón Piñeiro" de Santiago de Compostela, da súa próxima publicación de creación poética... non pode descubrirnos moito porque está a piques de saír... do Festival da Armadiña, de proxectos, ideas e próximas noticias que seguro poderemos disfrutar. Agradecémoslle a súa amable atención, que sempre está disposta a colaborar connosco e desxámoslle que acade moitos éxitos. ¡Graciñas Tamara! Envíache aloumiños a nosa común amiga Chus Lama.

E a última conversa-entrevista é con NOEMÍ, da "Taberna A Arca da NOE", en Vilar de Santos, con quen falamos das moitas actividades que están a realizar e moi concretamente da edición do Libro-CD que titularán como: "Oceanoe.Travesía polo Mar das Antelas". En vindeiras ocasións falaremos con máis profundidade dese traballo que promete ser moi fermoso e interesante. ¡Moitas grazas e moitos éxitos, NOE!

Así decorrer o noso programa de hoxe. e despedímonos ate o vindeiro xoves.

Tamén deixamos aquí o programa enteiro.

jueves, 17 de febrero de 2022

XOVES !7 de FEBREIRO do 2022

Xosé Magalhaes e Lydia Olmo
Unha nova emisión de "Galegos no BAIX". Dúas horiñas da Radio en galego. Comezamos coa nosa sintonía, salutacións de sempre e un pouquiño de música para recibir a XOSÉ MAGALHAES, do Restaurante CEIBE, na Rúa San Miguel, 8 de Ourense. Veñen de ser elixidos para competir como Cociñeiros Revelación do ano 2022 en Madrid Fusión. Felicitámolo e enviámoslle os nosos parabens tamén para a súa compañeira Lydia Olmo. Unha equipa moi ben conxuntada que están a ofrecer unha cociña moderna de tradición moi interesante. Iniciarán tempada mañá mesmo. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexámoslles que teñan moitos éxitos.

A segunda intervención é a de DANI de BIDU, que pertence ao Folión da Mourela pra acá, en Manzaneda, que nos fala do Entrudio con todas as celebracións e actos previstos para esta "Grande Festa" que celebran anualmente. Énchenos de información e aprendemos coas súas explicacións en qué consisten as "mázcaras" (recalca e insiste nesa precisión con "z"). Fálanos de cómo se realizan os folións, que hai que pedir permiso, cun verso, para as foliadas nas distintas parroquias, os agasallos con que son recibidos nas diferentes aldeas, as celebracións gastronómicas, o touro e o toureiro recentemente recuperado... leccións para coñecer un chisco esas celebracións tradicionais que se teñen que apreciar máis e mellor, en directo. Grazas, Dani.

Continuamos con outra entrevista-conversa trátase da nosa maiga e admirada cantautora e filóloga María Xosé Silvar "SES". Felicitámola porque fará o seu concerto presentando o último CD "Liberar as arterias", no Barna Sants, o día 27 de febreiro. Despois trasladarase a América para facer unha xira especial por Arxentina, Uruguay, Chile e posiblemente México... Desexámoslle moitos éxitos.

Diego Trillo
Seguimos conectando novamente con Galicia para falarmos con Diego Trillo, do establecemento "Pandejuevo", en CEE (A Coruña). Tamén o felicitamos porque é un dos elexidos para participar na sección de pastelería - docería dentro do Madrid Fusión deste 2022. Agradecémoslle a súa atención. Fálanos dos produtos que ofrecen na súa tenda, das investigacións e traballos no seu obradoiro para ofrecerlle aos clientes: moitas e variadas novidades para disfrutar. Desexámoslle que teñan moitos éxitos.

Tamén damos a coñecer unhs noticias relacionadas coas actividades da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà

 

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Sexan felices!


domingo, 13 de febrero de 2022

Día MUNDIAL da RADIO

Como unha aportación máis a tódalas celebracións que se realizarán no mundo enteiro, queremos facer esta nosa aportación para felicitar a tódolos RADIOFONISTAS do MUNDO coa fermosa e desinteresada participación deste grande Actor galego FEDERICO PÉREZ REY. Desexamos que teñan un fantástico día da RADIO e desexamos que a comunicación siga sendo un fermoso medio para comunicarnos e formarnos.



¡FELIZ DÍA da RADIO!

jueves, 10 de febrero de 2022

XOVES 10 de FEBREIRO do 2022

Lucía Pérez - Na miña pel
Comezamos escoitando a nosa sintonía de sempre e saudando a tódolos oíntes e seguidores. Escoitamos un bocadiño de música, concretamente a dun videoclip de Lucía Pérez: Na miña Pel. Precisamente aproveitamos a ocasión para conectar con ela e falar dese traballiño tan fermoso. Coméntanos algunhas cousas da súa traxectoria, da próxima edición dun CD que recollerá esta canción na que seguro incluirá un mínimo de dez pezas. Tamén nos comenta parte dos compromisos que ten previsto realizar, os desexos de poder actuar en Cataluña, concretamente en Barcelona, da próxima visita a Miami, nun acontecemento e celebración moi interesante... ... Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Damos a coñecer algunhas informacións. Próxima celebración dunha "Calçotada", concretamente o sábado día 12. Concerto de Guadi Galego o día 13 no "Casinet de Hostafrancs" e outras cousiñas...

A segunda intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección "Quen che Preguntou". Fainos a súa crónica co seus "Desghústanme" e "Ghústanme", finalizando con algún apunte sacado da súa observación minuciosa, popular e retranqueira.

 

Ledicia Sola
Continuamos, na segunda hora conectando con Ledicia Sola, actriz galega de moito prestixio. Forma parte do elenco de actrices que intervendrán na obra de Teatro "Cigarreras", baixo a Dirección de Cándido Pazó. Estarán no Teatre Romea de BCN, dende o día 22 de febreiro ate o día 6 de marzo. Os espectadores que desexen asistir poden entrar na páxina do Teatro para reservar as entradas, porque teñen un pequeno desconto si as adquiren con tempo, antes da estrea. Unha conversa moi interesante. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos, a ela e a tódolos compoñentes.


Miguel Anxo Mato
A última conversa-entrevista é con Miguel Anxo Mato Fondo, escritor, poeta e crítico literario nado en Ponteceso. Comentamos con el a súa dedicación á escrita, tanto poética como narrativa. Fálanos da súa última publicación: Sisley no Xuncal da Trave. E agasállanos coa lectura dun dos seus poemas. ¡Moitos éxitos! e ¡Moitas grazas Miguel Anxo!. En vindeiras datas voltaremos a poñernos en contacto para que nos sigas explicando cousas da túa creación literaria.


A vindeira semana máis. ¡Que teñan unha feliz semana!

jueves, 3 de febrero de 2022

XOVES 03 de FEBREIRO do 2022

Unha emisión máis deste noso programa tentando comunicarnos con tódolos nosos oíntes e seguidores. Dúas horiñas de radio en galego con música, conversas, entrevistas e informacións diversas. Despois da sintonía do programa (a Danza dos DEDOS, composta polo grande Xiao, cando aínda non tiña os 18 anos, que precisamente cumpriría hoxe). Dámoslle a ben-vinda e conectamos con Galicia para conversar-entrevistar ao Dtr. Gumersindo Rego Fernández. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.

A segunda colaboración é con dona Mari Carmen Sánchez Iravedra, da Empresa "Embutidos artesanos Suarna". Infórmanos da realización o próximo día 27 de febreiro da "31 Festa da Androlla-2022" en Navia de Suarna. Fálanos dos seus produtos e onde se poden adquirir. Desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos o programa saudando a Rubén Pérez, enólogo da Adega Ponte da Boga, na Ribeira Sacra. Unha conversa moi interesante e coa que non só coñecemos un pouco máis polo miúdo esta Adega e os seus produtos, senón que tamén aprendemos algo máis dese traballo tan importante que se está a facer relacionado co cultivo das uvas autóctonas desa D.O. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que sigan colleitando moitos máis ouros nas diversas exposicións e mostras ás que acuden. Precisamente mandámoslle os nosos parabens por ter acadado nada menos que 5 Ouros recentemente con diversos viños presentados.

A última conversa-entrevista é con Uxía, unha das máis grandes voces da música tradicional galega, que nos fala da próxima publicación dun CD do Grupo "Malvela" que titularán "O Benquerer". Tamén nos adianta que está a preparar outro CD, seu, que levará por título: "De tu casa a la mía", que próximamente presentará en Santiago de Compostela... Agradecémoslle o tempo que nos dedicou e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

Aquí vos deixamos o programa completo.