Unha nova emisión do "Galegos no BAIX". Esta vez temos que disculpar a ausencia do noso compañeiro
ARMANDO FERNÁNDEZ, porque tivo que desplazarse a Galicia a causa dun compromiso persoal. Enviámoslle as nosas condolencias polo triste suceso ao que ten que asistir, e apertas saudosas á familia. Despois da nosa sintonía e os saúdos correspondentes escoitamos un bocadiño de música (a Alborada de Rosalía) e poñémonos en contacto con
JORGE MINAS DOMÍNGUEZ COUSO, a quen parabenizamos polo traballo que está realizar para continuar recuperando moitas das tradicións ancestrais do "Entrudio" Vianés e arredores, así como tamén as Comparsas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que sigan acadando moitos éxitos.
Nesta pequena pausa aproveitamos para dar a coñecer dúas noticias interesantes relacionadas coa Universidade de Barcelona, concretamente dende o Departamento de Galego: Fil Gal Port, relacionadas cunha Conferencia de dona María López Sández, que leva por título: "O tratamento da natureza en Rosalía: a paisaxe como condición simbólica da nación", prevista para hoxe mesmo a partir das 19:30, mediante zoom. Tamén informamos da entrega da Medalla de Honra do Consello da Cultura Galega, para mañá día 25 de febreiro á Profesora Helena González Fernández e a Luís García Montero. Poderase seguir en directo pola canle de youtube: https://www.youtube.com/channel/UCIeVhIBqppusZgDisCA5b4A. Foi Chus Lama a que nos fixo chegar toda esta información. ¡Grazas!
Despois poñémonos en contacto co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra,
Xosé Manuel F. Montes, encargado de sección "Quen che Preguntou?" e recibimos a súa crónica semanal coas informacións escolidas e das que nos fai partícipe cos seus "Ghústanme" e "Desghústanme". Nesta ocasión envíanos unha viñeta dedicada ao grande Pedro Brandariz, recentemente falecido, como homenaxe a este grande Actor galego. Enviamos as nosas máis sinceras condolencias á familia.
Seguimos a emisión e falamos coa nosa amiga e colaboradora
TAMARA ANDRÉS, escritora e traductora a quen tamén felicitamos polo recente traballo publicado e que se pode descargar e disfrutar del:
"Rosalía inspírame". Fálanos da súa investigación no "ramón Piñeiro" de Santiago de Compostela, da súa próxima publicación de creación poética... non pode descubrirnos moito porque está a piques de saír... do Festival da Armadiña, de proxectos, ideas e próximas noticias que seguro poderemos disfrutar. Agradecémoslle a súa amable atención, que sempre está disposta a colaborar connosco e desxámoslle que acade moitos éxitos. ¡Graciñas
Tamara! Envíache aloumiños a nosa común amiga
Chus Lama.
E a última conversa-entrevista é con
NOEMÍ, da "Taberna
A Arca da NOE", en Vilar de Santos, con quen falamos das moitas actividades que están a realizar e moi concretamente da edición do Libro-CD que titularán como:
"Oceanoe.Travesía polo Mar das Antelas". En vindeiras ocasións falaremos con máis profundidade dese traballo que promete ser moi fermoso e interesante. ¡Moitas grazas e moitos éxitos, NOE!
Así decorrer o noso programa de hoxe. e despedímonos ate o vindeiro xoves.
Tamén deixamos aquí o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario