jueves, 3 de marzo de 2022

XOVES 3 de MARZO do 2022

Sonia Arias
Comezamos a emisión de hoxe coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de ben-vinda escoitamos un bocadiño de música pra recibir á primeira convidada de hoxe: SONIA ARIAS LÓPEZ, poeta Luguesa que nos recibe moi  amablemente. Conversamos con ela, falamos da súa creación poética, da súa escrita e precisamente falando do seu traballo agasallanos coa lectura dun seu relato poético moi acaído para os tempos que estamos a padecer agora mesmo (alusivo á guerra). Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e prometémonos voltar a conectar con ela.

A segunda intervención é a de ANGEL MACIÑEIRAS, voceiro da Asociación Cultural de Filloa. Falamos con el para comentar a próxima celebración da "XXXIX Festa da Filloa de Lestedo", prevista para o día 6 de marzo. Infórmanos das diferentes actividades previstas para ese día: as camisetas desta Festa, a confección das filloas coa máquina filloeira que teñen (feita artesanalmente por un dos socios desta Entidade), o Pregón da Festa a cargo dun veciño de Boqueixón: don Xosé Manuel Lobato Martínez, que será presentado pola actriz e preentadora María Mera, a actuación das orquestras Olimpus e Finisterre, a participación dos Xenerais do Ulla, como remate do Entrudio e moitas cousas máis. Desexámoslles moitos éxitos.

Manuel Rivero
A continuación falamos co noso amigo MANUEL RIVERO PÉREZ, escritor, Licenciado en Socioloxía, Antropoloxía e Ciencias Políticas e Doutorando en Humanidades... Recibimos unha pequena lección de historia e biografía de Eugenio Montes, outro grande escritor e periodista Limiao, de Bande concretamente. Está a facer un traballo de recopilación e documentación relacionado coa traxectoria de Eugenio, moi pouco coñecida. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante.

Juan Luis Estévez
E finalizamos o programa de hoxe coa conversa-entrevista que mantivemos con Juan Luís Estévez, Panadeiro artesán na Panadería-Pastelería Germán de Finisterre. Fainos unha pequena descrición da súa traxectoria chea de Premios con respecto á elaboración tradicional do pan. Felicitámolo e enviámoslle o noso agradecemento pola súa amable atención.

¡Que teñan unha feliz semana! 

Aquí deixamos o programa completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario