jueves, 17 de marzo de 2022

XOVES 17 de MARZO do 2022

Un xoves máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horiñas de Radio en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de ben-vinda escoitamos un bocadiño de música para conectar con dona ISABEL MOCIÑO GONZÁLEZ, Profesora, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Crítica Literaria e Padroeira da Fundación Vicente Risco. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Infórmanos da próxima celebración dun evento moi interesante precisamente relacionado coa Fundación Vicente Risco en Allariz. Trátase da presentación do 24 Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais outorgado a Luisa Alexandra Oliveira Martins, e o XXV Premio Vicente Risco que se lle concedeu a Carlos Quiroga, "A costela galega de Eça de Queiros". Unha conversa distendida e moi ilustrativa.

A seguir conectamos con don Manuel Fernández Conde, de "gourmetgallego.com", en Sober (Lugo). Fainos un percorrido desa oferta on-line de productos galegos "Gourmet" escollidos precisamente para que os seus clientes vexan cumplidos as súas preferencias de productos de grande calidade, de orixe exclusiva galega. Comunícanos unha exclusiva, que posiblemente en próximas datas poderemos disfrutar dunha tenda física en Barcelona, para poder mercar e disfrutar deses productos que se poden atopar na súa páxina. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Tamén falamos con FRAN SIEIRA, Compañía de Danza. Agradecémoslle que nos atenda, porque incomodámolo un chisco xa que está a dar aulas. A compañía está a interpretar unha obra "De mente" que veñen interpretando con moito éxito, tanto é así que están nominados para nada menos que 7 Premios. Infórmanos que virán a Cataluña, concretamente a Olot, o vindeiro día 10 de abril, para unha interpretación especial de trinta minutos, de ruada. Desexámoslle que teñan moitos éxitos.

 

O ultimo convidado é don JUAN PEDRO SÁNCHEZ GARCÍA, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT), que nos informa da Rolda de Prensa informativa do "XVIII Festival del Botillo en Cataluña" prevista para este próximo día 19 ás 18h no Hotel Front Air Congress de Sant Boi. En primicia adiántanos que a celebración desta Festa Berciana por excelencia, será nese mesmo Hotel o día 2 de abril. Coméntanos cales son os homenaxeados deste ano e convídanos a participar. En próximas emisións falaremos máis detidamente deste evento. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí póden escoitar o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario