jueves, 31 de marzo de 2022

XOVES 31 de MARZO do 2022

Último programa do mes de marzo. Dámoslles a ben-vinda a tódolos nosos escoitantes e seguidores. Poñemos unha peciña musical e conectamos con Galicia para falarmos con SONIA MELÓN, unha poeta galega que apreciamos e saudamos cordialmente. Fálanos da próxima publicación dun seu poemario: "Dende a miña Fiestra". Seguro que será terá moita aceptación e moito éxito con el. Tamén nos comenta a celebración de varios eventos que se realizarán no Concello de Ponteareas, na Sala Multiusos. Presentacións de libros de varios escritores, un cada fin de semana do mes de Abril. Agasállanos coa lectura de dous dos seus poemas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moito éxito.

A segunda convidada é dona LUCÍA FREITAS, CHEF do Restaurante "A TAFONA" en Santiago de Compostela. Parabenizámola porque acaba de recibir o Premio ao CHEF do Futuro: "Prix au Chef de l'Avenir", Premios Academia Internacional de Gastronomía 2022. Un restaurante de alta calidade, con 1 estrela Michelín e 2 soles de Repsol... mantemos unha conversa moi ilustrativa sobre as súas propostas gastronómicas e destaca unha serie de elementos que a converten nun referente nacional como cociñeira galega que ademais ofrece unha creatividade exquisita nos postres. Agradecémoslle a súa participación tan amable no noso programa de hoxe e desexámoslle moitos máis éxitos e moita máis prosperidade.

Saudamos e dámoslle a ben-vida aos estudos ao escritor MARCOS FERNÁNDEZ CALLEJA, que nos ven a agasallar cun libro da súa autoría: "Giráldez. Salvar las circunstancias para poder salvar lo que eres". Marcos é fillo dun home natural de Valeixe e dunha dona de Robledo de Losada. É a historia novelada que narra uns feitos reais e reconstruidos dunha saga familiar. Agradecémoslle a súa estimada aportación cultural ao noso programa de hoxe. Tódolos nosos oíntes e seguidores poden mercar esta novela en Amazon.
 

A continuación conectamos con EDILBERTO RODRÍGUEZ, una pastor-poeta-músico e entroideiro da zona do Bierzo, da Cabrera, concretamente do pobo de Pombriego. Mantemos unha conversa agradable, a pesares das inclemencias do tempo que el mesmo nos indica que está a padecer. Declámanos un bocadiño da súa creatividade poética e prometémonos a voltar a chamalo para dedicarlle máis tempo e que nos fale dos seus escritos e posiblemente o comprometamos para que tamén nos interprete algunha peza musical da zona.

Despedimos ao noso convidado nos estudios, Marcos Fernández e tamén nos despedimos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves á mesma hora. Te que teñan unha feliz semana.

A última intervención é a do Presidente da ASOBECAT, Juan Pedro SÁNCHEZ, que nos presenta ao homenaxeado, don DAVID VALCARCE CANEDO, no "XVIII Festival del Botillo 2022" en Cataluña, previsto para o día 2 de ABRIL. Conversamos moi distendidamente con eles. Felicitaremos personalmente a don DAVID, Director na Radio Televisión Española. Agradecémoslles a súa participación.

A vindeira semana máis. Aquí deixamos o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario