jueves, 24 de marzo de 2022

XOVES 24 de MARZO do 2022

Comezamos un programa máis de "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía e a salutacións oportunas de cada semana. Despois de escoitar un bocadiño de música recibimos ao primeiro convidado de hoxe: CARLOS PARDO da Empresa  Alimentaria "VALLELONGO" radicada no Bierzo, concretamente no pobo de Ocero. Mantemos una conversa moi amena, infórmanos dos diferentes produtos elaborados de forma tradicional: Queixo en aceite, Queixo Picante, Queixo negro de vaca, Queixo de Cabra con pera, Pimentón de 1ª calidade (que xa foi premiado e está catalogado como o mellor de España), Estracto de Allo Negro, Vinagre de allo negro con mel, Vinagre de mazá... ... Todo tradicional elaborado con naturalidade. Virán ao "XVIII Festival do Botillo en Cataluña", organizado pola ASOBECAT o próximo día 2 de Abril no Hotel Front Air Congress de Sant Boi. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos!!

A segunda intervención é a da Profesora, Crítica Literaria e Doutora en Filóloxía Galego-Portuguesa dona TERESA SEARA, con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista na que aprendemos un chisco de qué foi e cómo se desenvolveu o "Batallón Literario da Costa da Morte". A Editorial Chan da Pólvora acaba de publicar a Antoloxía do Batallón Literario da Costa da Morte, "Feros Corvos". Foi dona Teresa a que se encargou do estudo introdutorio e da selección de poemas do volume. Tamén lle preguntamos pola súa traxectoria e productividade creativa e escritora. Agradecémoslle a súa amable atención.

A continuación poñémonos en contacto con ANA VILA PROTOMEÑE "Poeta labrega". Felitiámola porque foi elixida para ser pregoeira da "XXX Festa do Caldo de Osos" da localidade de Taboada. Comentamos con ela varias cousas para informar aos nosos oíntes e seguidores e agasállanos coa lectura dun seu poema que leva por título "Sen ACOUGO". Agradecémosllelo e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Finalizamos o programa de hoxe escoitando a entrevista-conversa coa nosa admirada amiga escritora e poeta EMMA PEDREIRA. Participa nun evento no Concello de Carral, celebrando a 25 edición do Certame de Poesía dese Concello. Despois a presentación de "Os libros que hai en min" da súa propia autoría no Concello de Lalín. Antes de finalizar agasállanos coa lectura dun pequeno texto dun seu libro de narrativa. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe...
 

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario