jueves, 19 de diciembre de 2019

Xoves 19 de DECEMBRO do 2019

Último programa do ano 2019. Dámoslles a ben-vinda e despois de escoitar unha peciña de música, poñémonos en contacto con Martiño Maseda, ex-profesor, escritor e poeta que ven de recoller o 2º Premio no XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà. Falamos con el da súa traxectoria creativa. Tamén nos comunica que acaba de recibir o 1º Premio do XIII Certame Literario de "Terras do Chamoso". Felicitámolo e desexámoslle que siga acadando moitos éxitos máis.


A segunda comunicación é con Antón Cortizas, mestre xubilado, escritor, poeta e realizador do Libro-CD "O colo das palavras" que publicaron en Semente Trasancos. Un libro moi recomendado para os cativos, pero tamén moi importante para todos os que desexen disfrutar da música e da poesía. Podedes dar con él neste enderezo: info@sementetrasancos.gal. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexámoslle que teñan unhas Felices Festas e un ventureiro aninovo 2020.


Continuamos na segunda hora coa crónica do noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Comeza cos seus TOP semanais e finaliza coas pílulas retranqueiras moi recurrentes. Despídese desexando moi Boas Festas.


A derradeira intervención deste ano é a da nosa correspondente Fernanda Follana Neira, falando da contorna dos Ancares Lugueses. Desexámonos mutuamente unhas Felices FESTAS e un próspero aninovo cheo de ventura para todos.


Ate o vindeiro 9 de xaneiro do 2020, que voltaremos aquí á mesma hora ¡¡¡Sexan FELICES!!!

jueves, 12 de diciembre de 2019

XOVES 12 de DECEMBRO do 2019

Comeza o programa dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. Disculpa a non asistencia miña, porque estou desprazado agora mesmo. Conecta con Galicia, concretamente con Mari Carmen Sánchez Iravedra, da Empresa: Embutidos Artesanos Suarna, en Navia de Suarna. Unha empresa na que traballan só mulleres. Tamén comenta algunhas cousas moi interesantes relacionadas coa recente apertura da Ferreteria que recolle unha morea de utensilios e ferramentas que empregaban en épocas anteriores: un museo... Agradécelle a súa participacion.


A segunda comunicación é con Oswaldo Digon Alba, actor cómico galego, que ten unha traxectoria artística moi productiva. Traballou e traballa con moitos artistas da súa profisión. Agradécelle a súa participación neste programa de hoxe. 



A segunda hora continúa conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Ten preparada a súa crónica cos seus TOP semanais... : O paritorio do Hospital de Verin; Abundando no circo Vigo-Abel Caballero, a última "neva en Vigo" no mercadillo da Alameda con canóns artificiais; Os galegos, segundo un estudo estatístico do Insitituto Médico Europeo da Obesidade, engordaremos unha media entre 2 ou 5 quilos neste Nadal... No tema de Festas Gastronómicas non puido mirar nestes días, pero no Asunto da Retranca sí que ten anotadas algunhas pinceladas... Despois envíanos a súa aportación gráfica, unha viñeta relacionada coa demografía, a despoboación en Galicia. 


A seguinte intervención é a da nosa correspondente en Becerreá, Fernanda Follana Neira, que nos enche de cultura e proxectos moi interesantes, relacionados con aquelas terras Ancaresas.


Despide o programa ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

jueves, 5 de diciembre de 2019

XOVES 05 de DECEMBRO do 2019

Outro programiña máis con todos vosoutros. Despois das salutacións de rigor ofrecémoslle escoitar un bocadiño de música de "Uxía Lambona e a Banda Molona", con que teremos a honra de compartir os próximos minutos de conversa-entrevista. Dámoslle as grazas a Uxía Lambona e felicitámola pola presentación do seu terceiro CD, que vai acompañado de un DVD, titulado: "Astronauta Sideral". Fálanos da súa traxectoria, dos concertos previstos, de cómo grabaron este traballo... etcétera... Agradecémoslle a súa amable atención.


A segunda conversa-entrevista é con dona Elena Ferro, unha grande artesana Zoqueira, que acaba de recibir o Premio NACIONAL de Artesanía, xunto con PAULA OJEA, outra artesana ceramista que nos enorgullece aos galegos por seren dúas mulleres representantes da nosa Arte Galega. Felicitámola e mantemos unha pequena entrevista, que nos concede, falándonos da súa traxectoria, do seu Taller e das propostas tan interesantes que ofrecen a tódolos que desexen poñerse en contacto con eles. A súa páxina Web: http://elenaferro.com/es/, para saber algo máis e mercar algún dos seus productos. ¡Moitas Grazas, Elena, e que sigades colleitando moitos éxitos!!!


Continuamos na segunda hora conectando novamente con Galicia para que o noso "presentador" de "GALICIAME", Armando Fernández López, para que nos fale dese grande acontecemento que mañá mesmo celebrarán no Salón Principal da Adega CONDES DE ALBAREI, coa participación dunha morea de artistas que seguro farán as delicias de tódolos asistentes e colaboradores deste grande evento.


Finalmente conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Luguese, para falar con Fernanda Follana Neira, que nos fai a súa crónica semanal  e volve a reconducir o tema da "Galicia despoboada" cunha pequena anotación moi interesante.
Despedímonos ate o vindiero xoves á mesma hora. 
¡Que teñan unha feliz semana!