jueves, 25 de febrero de 2016

XOVES 25 de FEBREIRO do 2016

Unha semaniña máis con vosoutros para tentar levar adiante este programa en língua galega, perante dúas horas. Hoxe coa presenza nos estudos de dous convidados especiais: Rubén Martín Cobano e Ana Belén. Agradecémoslle a súa participación e despois de escoitar unha peciña musical, encetamos. Rubén recítanos unha poesía, da súa autoría, adicada a ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, ese cantautor galego que nos honra coa súa amizade e que ven de cumplir anos recentemente.

A primeira comunicación - entrevista é con TAMARA ANDRÉS, unha poeta de Combarro que nos recibe moi amablemente e deseguida entablamos unha conversa moi amena. Primeiro escoitamos o agasallo que lle presenta RUBÉN, consistente nunha poesía adicada a ela mesma. Despois continuamos falando e coñecendo algo máis polo miúdo a súa traxectoria e os seus proxectos tan interesantes.


Na segunda hora falamos co noso correspondente na Capital da Ribeira Sacra: XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre escolle algunhas noticias interesantes e de actualidade, moi relacionadas con Galicia, claro. Tamén nos agasalla coa súa creación pictórica e que sempre colgamos neste noso humilde blog.

A entrevista final é con UBALDO, o responsable do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo, 74-76, de Barcelona. Agradecémoslle a súa colaboración e cóntanos que realizan xantares galegos con moita participación de persoas daquela contorna e precisamente convida a tódolos escoitantes e seguidores para que se apunten á seguinte convocatoria de xantar consistente nunha gran calçotada, que rematará, como as anteriores celebracións, con música e festa a rachar para os comensais e acompañantes que o desexen. Desexámoslle moito éxito e prometémonos voltar a falarlle. Despedímonos ate o vindeiro programa, escoitando outro poema de RUBÉN, esta vez adicado a Fisterra, que lle agradecemos.


A vindeira semana máis. Non faltedes. Agradámovos a tod@s!!!

jueves, 18 de febrero de 2016

18 de febreiro do 2016

Un programiña máis falándolles en galego. Na presentación do programa de hoxe indicamos que teremos a presencia, nos estudos, de RICARD ROS, un dos coordinadores do VI FESTIVAL RUBRIFOLKUM, que se celebrará en SANT BOI, durante os días 11 e 12 de marzo.

Unha vez nos estudos o noso convidado RICARD ROS, chamamos a FERNANDO BARROSO, que será un dos músicos que participarán, xunto con PEDRO FARIÑAS e LUÍS PEIXOTO, e que forman o grupo TRIM . Ao tempo que falamos con eles imos escoitando algunha das pezas dos discos que nos trouxo e que nos agasalla RICARD, o convidado especial do programa de hoxe. Agradecémoslle a súa aportción e información. Voltaremos a convidalo.

Na segunda hora, coma sempre, falamos con Xosé Manuel F. Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra (Monforte), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? fainos un percorrido interesante sobre as súas escollas de noticias interesantes para tódolos nosos oíntes.

E para finalizar tentabamos falar con LYDIA BOTANA, que nos informara sobre ese disco de música Infantil "De aquí para alá", que tanto éxito está a a ter nas escolas e cos cativos, pero non nos foi posible, aínda que sí puidemos escoitar algún tema desa publicación. En vindeiras datas tentaremos falar con ela.

A vindeira semana máis. ¡Non faltedes á nosa cita!!!

jueves, 11 de febrero de 2016

XOVES 11 de FEBREIRO do 2016

Comezamos o programa conectando con don MANUEL VAZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa das actrividades que están a realizaar e da que próximamente terá lugar na cidade de Sabadell, a "1ª Festa do LACON" nesa cidade, para tódolos socios, simpatizantes, amigos e toda a pobalción e arredores. Haberá un stand con produtos de Galicia, pero o primcipal será esa Festa do Lacón, na primeira fin de semana de MARZO. Quedamos todos convidados a participar dese grande acontecemento que se realizará na cidade de Sabadell por primeira vez.


A segunda intervención-conversa é con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Hostalería da zona Sur de Lugo, que nos informa da realización da : "VIII edición do ESTASE COCENDO" que se ven celebrando en diversos establecementos da Ribeira Sacra. O padriño desta edición será don DANIEL DE LA TORRE, cineasta recentemente galardoado nos Premios Goya. Tamén nos informa doutras celebracións e acontecementos de importancia en Monforte.

Na segunda hora, como cada semana, o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? fainos un percorrido por diversas informacións e noticias de certo interese para todos nós. Denantes de acabar adiántanos o que será a súa aportación gráfica para o programa de hoxe, relacionada coa festividade do San Valentín próximo. 

A ultima conversa-entrevista é con DIEGO MACEIRAS, do Grupo "BELLÓN MACEIRAS", mestre e intérprete de música galega, que nos fala do seu ultimo CD e do seu traballo tanto como no eido da interpretación musical como da docencia na escola que teñen. Agradecémoslle a súa amable atención e falaremos con el en vindeiras datas.

A próxima semana máis. ¡Non faltedes!

viernes, 5 de febrero de 2016

4 de FEBREIRO do 2016

A primeira entrevista é con dona PALOMA, artesana de Androllas en LIÑARES, ese pobiño da provincia de Lugo, que tanto agarimo lle ten o noso Armando, e mais Eduardo, que nos acompaña hoxe nos estudios.

A segunda conversa-entrevista é con don XOSÉ Fernández Fernández, Alcalde de NAVIA de SUARNA, para que nos fale desa XXVI Feira-Festa da Androlla, tan nomeada e de tanta concurrencia.


Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que ten sempre escollidas unha serie de novidades e informacións moi interesantes. Nesta ocasión os seus agasallos ilustrativos fan referencia ao Entroido galego (un Boteiro de Viana), e outros moi concretamente alusivos aos Lardeiros: Compadres e Comadres...


Antes de finalizar a emisión de hoxe conectamos novamente con Galicia para falarmos con dona MARISA, da Asociación Veciñal de SALCEDO (A Pobra de Brollón), para que nos informe desa celebración ancestral do Entroido coa posta en escea do OSO de Salcedo. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con ela.


A vindeira semana tentaremos levar adiante outro programiña máis. Non faltedes!!!

28 de XANEIRO do 2016

Comezamos o programa conectando con Galicia para falar con Verónica Núñez, de CAURELOR, para que nos dea información dos seus productos e doutras cousas interesantes da súa empresa.

Despois falamos con Rubén, da Empresa CASA Castelao, con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista para que nos fale dos seus productos e do BUTELO da Fonsagrada.


A seguinte entrevista é con XOAN EIRIZ, un Profesor de Múisca e Cantautor galego que nos presenta as súas creacións e composicións musicais.

A última entrevista é con don DAVIDE Rodríguez Estévez, Alcalde do Concello de MANZANEDA, que nos da información interesante sobre esa localidade Ourensana e das actividades tan interesantes que están programando, relacionadas co Entroido.

A vindeira semana máis.

21 de XANEIRO do 2016

No programa de hoxe, aínda que non estamos o equipo ao completo, tentaremos levalo adiante con moito interese. En primeiro lugar chamamos a IVAN, da banda-compañía de SES, a nosa amiga María Xosé Silvar, que nos informa das próximas actuacións e xira que teñen previsto realizar, e que voltarán a actuar na sala Salamandra a finais do mes de febreiro deste ano.


A segunda comunicación é con don Xosé Manuel Iglesias, un dos organizadores da XXXIII FESTA da FILLOA de LESTEDO, que nos da explicacións moi esclarecedoras de cómo veñen realizando esta festa que atrae a tantos interesados nesta celebración tan especial, que xa levan 33 edicións e sempre con moita afluencia de asistentes.


Despois falamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, como cada semana, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PRGUNTOU? que sempre ten unha intervención chea de interesantes novidades e retranqueira comunicación final.


No final chamamos a Afonso BECERRA de Becerreá, dramaturgo e director teatral co que mantemos unha conversa moi ilustradora e enriquecedora.


A vindeira semana máis.

14 de Xaneiro do 2016

Nesta ocasión comezamos falando con ANTONIO DÍAZ, un grande colaborador e corresponsal do Xornal "Galicia en el Mundo"- Crónicas de la Emigración, e Director da revista "Lúa Nova", da "A.C.G.Rosalía de Castro", comentando algunhas das súas ultimas aportacións publicadas.

A segunda entrevista-conversa é con don ASER ALVAREZ, Documentalista e Director de ARRAIANOS Produccións, que venñen de presentar varios traballos moi interesantes relacionados poa súa Productora.

Nesta segunda hora, como cada semana, falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra. Monforte, don Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen Che Preguntou?, que sempre remata a súa intervención cunha serie de frases cheas de retranca.


Despois entrevistamos a don ANDRÉ LÓPEZ, un grande Artesán afincado en Navia de Suarna, que nos fala da súa producción e creación artística.

A vindeira semana voltaremos.