jueves, 30 de marzo de 2023

XOVES 30 de MARZO do 2023

Comezamos o programa coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións poñemos un bocadiño de música para recibir á primeira convidada: dona LOURDES IGLESIAS OREIRO, Enfermeira xubilada, nada en Santiago de Arcos - Mazaricos, e residente en Castelldefels. Dámoslle a ben-vida e mantemos con ela unha interesante conversa-entrevista engaiolante. Fálanos daquela zona que visita asiduamente cada ano, das familia, dalgunhas "andanzas" e anécdotas. Agradecémoslle a súa amable atención e a súa fermosa comunicación. Desexámoslle que siga con esa mesma vitalidade que nos amosou. Despedímola con música e desexámoslle unhas moi "Felices Pascuas!"

A seguinte convidada é dona ANA VILA PORTOMEÑE, Poeta Labrega. Escritora e gandeira. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Coméntanos que participou coa súa creatividade poética e diversos actos celebrados no vello cárcere de Logo, tamén noutros actos que requeriron a súa colaboración. Fálanos dos seus libros publicados e temos que agradecerlle moi sinceiramente o agasallo que nos ofrece. Recítanos dous poemas, un que ten publicado na revista Xistral e outro específico adicado aos nosos oíntes e seguidores que titula "A Tí". Fermosa despedida despois da agradable conversa que mantivemos con ela. ¡Moitas Grazas Ana!

Continuamos, na segunda hora, conectando novamente con Galicia co Ilmo. Sr. Alcalde de SOBER, don LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, a quen recibimos dándolle os nosos parabens pola "XLII Feira do viño de AMANDI". Informa a tódolos oíntes e seguidores das diferentes actividades previstas para esta celebración. Convídanos a que nos acheguemos para disfrutar dese evento e da zona. Fálanos do personaxe elixido como pregoeiro diste ano: Xosé Antonio Touriñán, das charangas que participarán, das máis de vinte adegas que este ano terán o seu stand, dos postos de gastronomía, das pulpeiras... Unha celebración que seguro será todo un éxito. Desexámoslles moita sorte e que disfruten da Feira.

Falamos con XULIO PARDO DE NEYRA, escritor, ensaísta, Profesor Licenciado e Doutor en Filoloxía Galega e Historia Contemporánea. Parabenizámolo porque acaba de saír ao prelo unha súa novela que leva por título: "A monxa e o grumete". Unha historia real, segundo nos conta, que el novelou coa intención de darlle visibilidade á liberdade e actuación dos propios protagonistas. A conversa-entrevista con Xulio é unha fermosa aportación de coñecementos e desexos de adquirir a súa obra para poder disfrutar da súa lectura. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.

A vindeira semana non teremos programa. É Semana Santa e estaremos de Férias. ¡Que teñades Felices Pascuas! Deixamos aquí o programa completo.


jueves, 23 de marzo de 2023

XOVES 23 de MARZO do 2023

Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía (a danza dos dedos, de Xiao) e despois das salutacións de rigor ,ofrecémoslle escoitar un bocadiño de música para recibir á primeira convidada, SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí". Acaban de celebrar a Matanza do Porco. Parabenizámola por este evento, que facía tres anos que non se puido realizar. Están moi contentos porque a asistencia foi moi abondosa. Tamén nos informa dalgunhas novidades máis que están a preparar como é o "VII Concurso Literario de Relatos Curtos -Manoel Rivas-", e tamén da próxima Festa da Entidade que eles nomean como as Letras Galegas, posto que a fan coincidir precisamente con esa data aproximada, no mes de maio. Desexamos que teñan moito éxito e seguiremos en contacto.

Comunicámonos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PRGUNTOU? a súa crónica é unha sucesión de informacións en forma de "Ghústanme e Desghústanme" escollidas que nos poñen ao corriente en canto as novidades que están a suceder en Galicia. Tamén nos fai un pequeno apunte da súa "libretiña pequena" sobre frases ou  xeitos de expresión galega enxebre, propoñendo o seu emprego para mellor uso do galego. Agradecémoslle a súa colaboración e desexámoslle unha feliz semana.

O seguinte convidado é SERXIO PAZOS, Actor, Presentador e Reporteiro. Parabenizámolo porque a Orde da Alquitara de Portomarín nomeuno Embaixador. Conversamos con el e fainos saber varias cousas nas que está agora mesmo embarcado, como esa proposta de "Micro-Teatro" que estrenará no próximo mes de abril, con texto do galego Nancho Novo, e dirixido por outra galega. Tamén nos comenta cousas da súa traxectoria e do seu traballo como artista. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Falamos agora con IGNACIO CABARCOS, Historiador e Profesor no IES de Becerreá, que ven de presentar un estudio sobre un Mosteiro moi interesante da Edade Media, trátase do Mosteiro de San Salvador de Cancelada. Acaba de publicar un traballo na prestixiosa revista Lucensia. Están a traballar xunto con outros profesinais para ir sinalizando e poñendo en valor moitos dos achádegos relacionados coa via Romana XIX. Seguiremos en contacto para irmos aprendendo e sabendo algo máis.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

Deixamos aquí o programa completo.

jueves, 16 de marzo de 2023

XOVES 16 de MARZO do 2023

Despois das salutacións oportunas e escoitar un bocadiño de música, Armando Fernández, conecta con XOSÉ CASAR (Piteira) (Poesía Bóveda) para conversar sobre un asunto tan interesante como é a Poesía. Este poeta, xubilado, infórmanos moi cumpridamente sobre un traballo e actuación que están a poñer en marcha precisamente na zona da Ribeira Sacra : "Slam Poetry" que encetaron esoutro día no "Centro Sociocultral de Bóveda". Agradecémoslle a súa atención, aportación e participación no programa de hoxe.

O segundo convidado é don XABIER VAZQUEZ, da "Carnicería REAL" en Monforte de Lemos, que levan máis de 35 anos de existencia. É un establecemento especializado en carne de cerdo en tódalas súas diversidades: Fresco,Salado,Elaborados,Precociñados e Embutidos. Procedentes da súa propia granxa. Teñen tamén unha paxina web á que se pode acceder para mercar "online" os seus productos. Felicitámolos e desexamos que teñan moita sorte na súa andaina.

A continuación conecta con Galicia novamente para conversar e felicitar a ANIBAL BLANCO, da Adega "Tapias de Mariñán" que veñen de recibir un novo Premio a nivel Nacional, nada menos que o "VINESPAÑA DE OURO 2023". É esta adega un referente para tódolos colleiteiros, viñateiros e adegueiros da D.O. Monterrei, en Verin. Celebramos con eles este Premio, que segundo el mesmo nos indica, é froito de tódolos que traballan na súa Empresa, poñéndolle o cariño e aprezo pola natureza e o rural galego. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Conexión con Galicia para falar con ANDREA NUNES BRIÓNS, Profesora, Filóloga, Escritora, Poeta moi implicada na proposta marcadamente feminista. Precisamente teremos a oportunidade de escoitala esta fin de semana na Sé da nosa Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, concretamente este sábado ás 19h porque nos impartirá unha Conferencia que leva por título: "TODAS AS MULLERES QUE SON. CARTOGRAFÍA POÉTICA".  Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte.

Despois dunha pequena audición musical despídese ate o vindeiro xoves á mesma hora, desexando que disfrutaran desta emisión.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que teñan unha feliz semana.

jueves, 9 de marzo de 2023

XOVES 9 de MARZO do 2023

Comezamos unha emisión máis coa nosa sintonía de sempre e ofrecéndolles a escoita dunha peciña musical galega, para darlle paso ao primeiro convidado de hoxe: XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia", en Santa Coloma de Grammenet. Parabenizámolo por ter recibido o "Premio ciutat de Santa Coloma", de mans da propia Alcaldesa Nuria Parlon Gil, na modalidade de traballo continuado en favor da cidade. É unha honra para tódolos galegos que sexan premiados coincidindo co seu "40 Aniversario". Precisamente tamén veñen de presentar o seu logotipo que conmemora esa celebración, diseñado e realizado por David Pintor , que ademais presentouno o Siro López, acompañado do propio autor nun acto realizado nunha sala de "Aura Seguros". Coméntanos a celebración de varios actos e eventos previstos para próximas datas, entre as que se atopan a celebración da lectura do Quixote en Galego para o día de Sant Jordi, xunto coa presentación de dous libros a cargo de dúas autoras, a Festa do "40 Aniversario" para a primeira semana do mes de maio, o Camiño Primitivo de Santiago acompañado de varios socios da Entidade... ... seguiremos recibindo información detallada en vindeiras ocasións. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle "bon camiño".

A segunda convidada é dona MARIA CARMEN CARAMÉS GORGAL (Maica), Escritora, poeta profesora, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía). Felicitámola pola publicación e presentación recente na "Fundación Vicente Risco" da súa novela "A Casa da Mina", que recibiu o "XXII Premio Risco de Creación Literaria". Mantemos unha conversa moi amena na que nos conta un pouco dese traballo galardonado: Unha novela chea de romanticismo que desenvolve a partir do relato que recolleu da súa familia, concretamente da súa voa e da súa tía, traballadoras ambas na Mina de extracción de volframio en Santa Comba, lugar do seu nacemento precisamente. Tamén falamos da súa creación poética e literaria, dos seus proxectos e traballos nos que está tentando levar a cabo. Concertamos voltar a conversar con ela en próximas datas para que nos siga dando novas sobre a súa creación literaria e poética. Tamén lle pediremos que nos recite algunha deses poemas, que nos dixo está a escribir. Desexámoslle moitos éxitos.

Na segunda hora conectamos con Monforte de Lemos, onde se atopa o noso correspodente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus Desghústanme que compartimos como é habitual e continúa cos seus Ghústanme, moi ben escollidos, que cada semana nos aporta na súa crónica moi ben argallada finalizando cos apuntes da súa "libretiña pequena" aportando algunhas frases interesantes relacionadas coa sabeduría popular que vai apuntando para lembrar e publicar en sendos medios entre os que se atopa a nosa revista "Lúa Nova". Agradecémoslle moi encarecidamente a "viñeta" que hoxe alude a un comentario realizado na conexión que mantivemos. ¡Moitas GRAZAS! Xosé Manuel, e feliz semana.

Conversamos con HUGO SANTIN, que é un inxeñeiro apicultor nos Ancares Lugueses, concretamente en Cervantes. A súa explotación leva por título: MEL MELOSA. Teñen producción de mel mil flores daquela contorna galega e propoleos. A cantidade de colmeas está arredor das 150. A recolleción destes productos son totalmente artesanais e grande calidade, polo lugar onde se atopan, se contaminación e a unha altura de máis de noventos metros. Tódolos interesados poden poñerse en contacto dirixíndose a súa páxina:  melmelosa.es. Desexámoslle moita sorte e agradecémoslle a atención que nos prestou.

Colocamos aquí o programa completo.

jueves, 2 de marzo de 2023

XOVES 2 de MARZO do 2023

Programa deste xoves que comezamos conectando con Galicia para falar e entrevistar a XABIER MOURE SALGADO, Antropólogo galego nos Ancares. Mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e aprendizaxe. Encárgase do mantemento de dúas páxinas moi importantes relacionadas coa zona e moi interesantes: onosopatrimonio.blogspot.com e outra máis: arqueoloxiadosancares.blogspot.com. Fainos partícipe dunha serie de investigacións e traballos que levan adiante. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.

A segunda intervención é a de IVAN ARMESTO, galego de Sober, profesional dos disfraces que ven de recoller nada menos que 5 Premios en diversos desfiles e Entroidos realizados en Galicia, concretamente en: Arzúa, Pontevedra, O Rosal, Poio e Lugo. Tiña recibido, en anos anteriores, varios Premios con outros disfraces moi acaídos, como o dun Dragón que sacaba fume pola boca, o Home invisíble ou o do Transformer amarelo, que pasaba de ser un robot e convertíase en auto. O deste ano é un León mecanizado e o Domador revestido espectacularmente con mazorcas de millo. Felicitámolo e desexamos que siga acadando moitos éxitos.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con PILAR MASEDA BARRIO, empresaria da restauración, escritora e poeta vocacional. Fálanos das Xornadas Rosalianas de Villalba, nas que participa moi activamentee mantemos con ela unha conversa moi interesante. Agasállanos coa lectura dunha das súas creacións poéticas, que leva por título: "Milito en Tí". Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.

Entrevistamos a LETIZIA MON PÉREZ, do "Restuarante "Casa do Chao" en Navia de Suarna. Está ubicado en Vilaverde concretamente, e a súa especialidade son os asados á brasa con carne de vaca e preparados no forno de leña, como empanadas de liscos ou de bonito e a paletilla de selecta ao forno. Nesta época invernal tan só abren os fins de semana, polo que é conveniente poñerse encontacto con ela para reservar mesa e degustar un bo xantar. Acostuman a recibir moitas solicitudes, por eso recomenda que os clientes chamen e se poñan en contacto co Restaurante. O edificio é unha casa anterga restaurada que ten documentos dos anos mil setecentos. Desexámoslle moita sorte.

Damos información dalgunhas actividades que ten previsto realizar a nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, como a "Festa do Pulpo" para o día 11 de marzo e a Conferencia que impartirá a poeta Andrea Nunes Brións, o día 18 de marzo. Os asistentes poderán degustar un pica-pica confeccionado coas donas da Entidade, acompañado de viño galego ou refrescos diversos. Outra noticia interesante é que a Banda de Gaitas participará, en Xinzo de Limia, o día 25 de marzo. E así despedimos o programa.

Deixamos colgado aqui, o programa enteiro.