jueves, 16 de marzo de 2023

XOVES 16 de MARZO do 2023

Despois das salutacións oportunas e escoitar un bocadiño de música, Armando Fernández, conecta con XOSÉ CASAR (Piteira) (Poesía Bóveda) para conversar sobre un asunto tan interesante como é a Poesía. Este poeta, xubilado, infórmanos moi cumpridamente sobre un traballo e actuación que están a poñer en marcha precisamente na zona da Ribeira Sacra : "Slam Poetry" que encetaron esoutro día no "Centro Sociocultral de Bóveda". Agradecémoslle a súa atención, aportación e participación no programa de hoxe.

O segundo convidado é don XABIER VAZQUEZ, da "Carnicería REAL" en Monforte de Lemos, que levan máis de 35 anos de existencia. É un establecemento especializado en carne de cerdo en tódalas súas diversidades: Fresco,Salado,Elaborados,Precociñados e Embutidos. Procedentes da súa propia granxa. Teñen tamén unha paxina web á que se pode acceder para mercar "online" os seus productos. Felicitámolos e desexamos que teñan moita sorte na súa andaina.

A continuación conecta con Galicia novamente para conversar e felicitar a ANIBAL BLANCO, da Adega "Tapias de Mariñán" que veñen de recibir un novo Premio a nivel Nacional, nada menos que o "VINESPAÑA DE OURO 2023". É esta adega un referente para tódolos colleiteiros, viñateiros e adegueiros da D.O. Monterrei, en Verin. Celebramos con eles este Premio, que segundo el mesmo nos indica, é froito de tódolos que traballan na súa Empresa, poñéndolle o cariño e aprezo pola natureza e o rural galego. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Conexión con Galicia para falar con ANDREA NUNES BRIÓNS, Profesora, Filóloga, Escritora, Poeta moi implicada na proposta marcadamente feminista. Precisamente teremos a oportunidade de escoitala esta fin de semana na Sé da nosa Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, concretamente este sábado ás 19h porque nos impartirá unha Conferencia que leva por título: "TODAS AS MULLERES QUE SON. CARTOGRAFÍA POÉTICA".  Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte.

Despois dunha pequena audición musical despídese ate o vindeiro xoves á mesma hora, desexando que disfrutaran desta emisión.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Que teñan unha feliz semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario