Programa deste xoves que comezamos conectando con Galicia para falar e entrevistar a XABIER MOURE SALGADO, Antropólogo galego nos Ancares. Mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e aprendizaxe. Encárgase do mantemento de dúas páxinas moi importantes relacionadas coa zona e moi interesantes: onosopatrimonio.blogspot.com e outra máis: arqueoloxiadosancares.blogspot.com. Fainos partícipe dunha serie de investigacións e traballos que levan adiante. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.
A segunda intervención é a de IVAN ARMESTO, galego de Sober, profesional dos disfraces que ven de recoller nada menos que 5 Premios en diversos desfiles e Entroidos realizados en Galicia, concretamente en: Arzúa, Pontevedra, O Rosal, Poio e Lugo. Tiña recibido, en anos anteriores, varios Premios con outros disfraces moi acaídos, como o dun Dragón que sacaba fume pola boca, o Home invisíble ou o do Transformer amarelo, que pasaba de ser un robot e convertíase en auto. O deste ano é un León mecanizado e o Domador revestido espectacularmente con mazorcas de millo. Felicitámolo e desexamos que siga acadando moitos éxitos.
Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con PILAR MASEDA BARRIO, empresaria da restauración, escritora e poeta vocacional. Fálanos das Xornadas Rosalianas de Villalba, nas que participa moi activamentee mantemos con ela unha conversa moi interesante. Agasállanos coa lectura dunha das súas creacións poéticas, que leva por título: "Milito en Tí". Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.
Entrevistamos a LETIZIA MON PÉREZ, do "Restuarante "Casa do Chao" en Navia de Suarna. Está ubicado en Vilaverde concretamente, e a súa especialidade son os asados á brasa con carne de vaca e preparados no forno de leña, como empanadas de liscos ou de bonito e a paletilla de selecta ao forno. Nesta época invernal tan só abren os fins de semana, polo que é conveniente poñerse encontacto con ela para reservar mesa e degustar un bo xantar. Acostuman a recibir moitas solicitudes, por eso recomenda que os clientes chamen e se poñan en contacto co Restaurante. O edificio é unha casa anterga restaurada que ten documentos dos anos mil setecentos. Desexámoslle moita sorte.
Damos información dalgunhas actividades que ten previsto realizar a nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, como a "Festa do Pulpo" para o día 11 de marzo e a Conferencia que impartirá a poeta Andrea Nunes Brións, o día 18 de marzo. Os asistentes poderán degustar un pica-pica confeccionado coas donas da Entidade, acompañado de viño galego ou refrescos diversos. Outra noticia interesante é que a Banda de Gaitas participará, en Xinzo de Limia, o día 25 de marzo. E así despedimos o programa.
Deixamos colgado aqui, o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario