jueves, 30 de marzo de 2023

XOVES 30 de MARZO do 2023

Comezamos o programa coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións poñemos un bocadiño de música para recibir á primeira convidada: dona LOURDES IGLESIAS OREIRO, Enfermeira xubilada, nada en Santiago de Arcos - Mazaricos, e residente en Castelldefels. Dámoslle a ben-vida e mantemos con ela unha interesante conversa-entrevista engaiolante. Fálanos daquela zona que visita asiduamente cada ano, das familia, dalgunhas "andanzas" e anécdotas. Agradecémoslle a súa amable atención e a súa fermosa comunicación. Desexámoslle que siga con esa mesma vitalidade que nos amosou. Despedímola con música e desexámoslle unhas moi "Felices Pascuas!"

A seguinte convidada é dona ANA VILA PORTOMEÑE, Poeta Labrega. Escritora e gandeira. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Coméntanos que participou coa súa creatividade poética e diversos actos celebrados no vello cárcere de Logo, tamén noutros actos que requeriron a súa colaboración. Fálanos dos seus libros publicados e temos que agradecerlle moi sinceiramente o agasallo que nos ofrece. Recítanos dous poemas, un que ten publicado na revista Xistral e outro específico adicado aos nosos oíntes e seguidores que titula "A Tí". Fermosa despedida despois da agradable conversa que mantivemos con ela. ¡Moitas Grazas Ana!

Continuamos, na segunda hora, conectando novamente con Galicia co Ilmo. Sr. Alcalde de SOBER, don LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, a quen recibimos dándolle os nosos parabens pola "XLII Feira do viño de AMANDI". Informa a tódolos oíntes e seguidores das diferentes actividades previstas para esta celebración. Convídanos a que nos acheguemos para disfrutar dese evento e da zona. Fálanos do personaxe elixido como pregoeiro diste ano: Xosé Antonio Touriñán, das charangas que participarán, das máis de vinte adegas que este ano terán o seu stand, dos postos de gastronomía, das pulpeiras... Unha celebración que seguro será todo un éxito. Desexámoslles moita sorte e que disfruten da Feira.

Falamos con XULIO PARDO DE NEYRA, escritor, ensaísta, Profesor Licenciado e Doutor en Filoloxía Galega e Historia Contemporánea. Parabenizámolo porque acaba de saír ao prelo unha súa novela que leva por título: "A monxa e o grumete". Unha historia real, segundo nos conta, que el novelou coa intención de darlle visibilidade á liberdade e actuación dos propios protagonistas. A conversa-entrevista con Xulio é unha fermosa aportación de coñecementos e desexos de adquirir a súa obra para poder disfrutar da súa lectura. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.

A vindeira semana non teremos programa. É Semana Santa e estaremos de Férias. ¡Que teñades Felices Pascuas! Deixamos aquí o programa completo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario