lunes, 17 de abril de 2023

XOVES 13 de ABRIL do 2023

Este xoves comezamos sin a presenza de Xulio Couxil. A súa ausencia débese a unha obrigada saída persoal a Galicia. Pero comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e varias pezas de música poñémonos en contacto co compañeiro na comunicación OSCAR DE SOUTO, que nos fala da súa faceta como portavoz delegado para a provincia, nomeado recentemente polo partido político UCIN (Unión de Ciudadanos Independientes) mediante o cal se presentará á Alcaldía no Concello de Ponteceso. Infórmanos dalgunha das súas propostas que incorporará no seu programa electoral, especialmente o que se refire ao turismo de calidade. A pesar desa tarefa como responsable político segue a súa faceta creativa escrita e poética.

O segundo convidado é GUIDO ÁLVAREZ, Guía Oficial da cidade de Lugo, que aproveita esta ocasión para darnos a coñecer algunhas das novidades interesantes relacionadas co Turismo de Lugo e da provincia xunto con outras propostas moi interesantes. Un proxecto que ten moito que ver con outras propostas de visitas guiadas na provincia e outras localidades galegas en conxunto. Precisamente esta fin de semana estará en Becerreá para facer un tramo de Via Künig entre Becerreá e As Nogais, e no mes de setembro tornará a visitar A Fonsagrada. Agradecémoslle a súa amable atención.

Poñémonos en contacto con PABLO GONZÁLEZ, das Adegas EDV 2015 en Quiroga, que xunto con SANDRA veñen de recibir o Premio de Catas por Parellas na XLIII Feira do Viño de AMANDI (en Sober). Tamén nos comenta a súa participación na "XLI Feira do Viño de Quiroga", onde tiveron como pregoeiro a Carlos Sobera, e unha grande participación de asistentes, chegando a esgotar as súas existencias algunhas das adegas participantes. Agradecémoslle a súa colaborción de hoxe.

A seguinte comunicación é con ADRIÁN L. RANCAÑO, Arquitecto que xunto con Daniel G. Magide encargados da redacción e do proxecto da construcción do CENTRO CULTURAL FORGES -Antonio Fraguas-, reutilizando a antiga sede da Casa Consistorial do Concello de A Fonsagrada. Un espacio que pretende ser algo máis que un lugar expositivo, con actividades relacionadas coa cultura e outro tipo de propostas que seguro empregará o Concello. Na presentación do proxecto, na propia vila, estiveron presentes as fillas e fillo de Forges, que aportan a súa colaboración.

Deixamos aquí o programa completo:

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario