jueves, 10 de abril de 2014

10 de ABRIL do 2014

Neste ultimo programa, denantes da Semana Santa, temos en primeiro lugar, como convidado de honra, ao Ilmo.Sr.Alcalde de SOBER (Lugo), don Luís Fernández Guitián . A entrevista que mantemos versa sobre o propio Concello e moi en concreto sobre a XXXIV Feira do viño de AMANDI, que se celebrará a vindiera fin de semana, pero que veñen realizando unha serie de actos moi importantes dende o 15 de marzo pasado. Agradecémoslle a súa amable e desinteresada atención, aínda que non se atopaba moi ben da garganta. Foi todo un privilexio contar coa súa colaboración.


Temos tempo de dedicarlle un chisco de atención a varias informacións que nos chegan á nosa Redacción e propoñemoslles escoitar unhas pezas da nosa música galega.


Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente Xosé M.F.Montes en Monforte de Lemos, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU?,  e fainos un percorrido detido sobre algunhas das informacións que seleccionou para este apartado.


A ultima entrevista-conversa é con XOSE LUÍS LATAS VILANOVA, un Profesor e Luthier-Artesán de gaitas, que rexenta un obradoiro do seu mesmo nome en Lugo. Fálanos das súas patentes e do seu traballo relaciondo coa investigación sobre ese instrumento galego e prometémonos voltar a conectar con el en vindeiras datas. 


Despedímonos escoitando unha nova peza de música galega e desexándolles unhas Moi BOAS e Felices Pascuas a tódolos nosos oíntes e seguidores. Até  o dia 24, que voltaremos á mesma hora.

jueves, 3 de abril de 2014

Xoves, 3 de ABRIL do 2014

Outra entrega máis deste noso programiña en língua galega, que comezamos ofrecéndolles escoitar unha peza de música tradicional galega, interpretada por SUSANA SEIVANE, filla de ALVARO SEIVANE, Artesán do Obradoiro de Gaitas do mesmo nome (Seivane), que veñen de recibir o Premio Nacional de Artesanía 2013. Felicitámolo e mantemos con el unha conversa-entrevista moi interesante. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a saudalo e entrevistalo con motivo de calquera outro evento ou novidade que se produza no seu entorno.


Unha pequena intervención e comunicación xunto co relatorio dun CONTO QUE NON É CONTO, ademáis da escoita dunha peza musical, denantes de realizar a seguinte intervención.

A segunda comunicación é co noso correspondente no corazón da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) Xosé Manuel F.Montes, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre nos ten preparadas unha serie de informacións relacionadas coa actualidade gallega.


Despois conectamos con Galicia novamente, para falarmos con FRANCISCO PÉREZ, do Grupo de música NARF, a quen entrevistamos para que nos fale do seu grupo de das novidades e proxectos que teñen previsto realizar. Agradecémoslle a súa amable e desinteresada participación desexándolle moitos éxitos.


Despedímonos e convidámolos a que volvan a sintonizarnos a vindeira semana á mesma hora.

Programa do 27 de MARZO do 2014

Facemos entrega desta emisión (atrasada por mor de certas obrigas persoais) pero que seguro será do interese de tódolos nosos seguidores.

Nun primeiro momento poñémonos en contacto con XOAN PIÑÓN, componente e fundador do Grupo de música DOA, con quen mantemos unha conversa moi esclarecedora sobre esa formación musical e moi amena. Agradecémoslle a súa participación e colaboración no noso programa.


A seguinte comunicación é con don JAVIER PETEIRO, da Adega Auga Vella, en Chantada, que nos fai unha pequena descripción do que son as súas instalacións e dos produtos que eles elaboran. A conversa-entervista é moi interesante.


Aproveitamos uns minutiños para darlles a coñecer algunha "novidade" relacionada coa nosa Costa da Morte e propoñerlles que escoiten unha pequena selección de música galega, interpretada por unha banda e otras de música tradicional.


A ultima intervención é con dona PATRICIA Delponti, Directora de Comunicación e Imágen de LORO PARQUE, en Tenerife, que amablemente nos atende, e aproveitamos a intervención de Xulio Couxil que nos fai de correspondente nesta ocasión. Mantemos unha conversa-entrevista moi enriquecedora e chea de informacións precisas para podermos visitar ese grande Parque con 41 anos de existencia e co que disfrutan tódolos visitantes daquela illa encantadora. Agradecémoslle a súa desinteresada intervención e prometémonos voltar a entrevistala en vindeiras datas, por exemplo con motivo do Congreso Mundial de Papagaios, ou calquera outro evento que realicen.


Despedímonos ate o vindeiro xoves.