jueves, 29 de mayo de 2014

XOVES 29 de MAIO do 2014

Outro programiña máis en língua galega, para podermos ofrecerlles algunha entrevista interesante e novidades da nosa Galicia, na nosa língua e coa nosa música.
A primeira Entrevista-conversa é con LUIS EMILIO BATALLÁN, un cantautor e compositor de música galega, que nos informa, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, do novo traballo CD que ven de rematar de gravar, titulado HABÍA QUE CHEGAR. 

Un bocadiño de música para escoitar, denantes de comenzar a segunda horiña de radio.


E deseguida conectamos novamente con Galicia para falarmos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte) don Xosé M.F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que nos pon ao corrente das súas propostas informativas e aportacións con sentencias galegas de "moita retranca".

A ultima intervención correspóndelle a dona LORENA REINALDO, compoñente do grupo de música LULAVAI. Mantemos unha conversa-entrevista interesante na que nos informa, moi brevemente, da súa formación e traxectoria, así como dos  próximos proxectos. Agradecémoslle-lo e prometémonos voltar a conectar con elas.

A vindoira semana máis. Agardamos que sigan sintonizándonos.

jueves, 22 de mayo de 2014

XOVES 22 de maio do 2014

Un programiña máis, con vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego, con música, entrevistas e novidades. Comezamos coa audición dunha peza de música tradicional galega e de seguida conectamos con Galicia para falarmos cun músico nado en A Fonsagrada, pero residente en Santiago de Compostela: XOAN CURIEL, que nos atende moi amablemente. Facemos un pequeno percorrido pola súa traxectoria musical e artística, chea de creacións e premios. Agradecémoslle a súa aportación e comunicación e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga informando das súas inquedanzas e traballos.

Comentamos algunhas das novidades e informacións diversas que nos chegan á Redacción da nosa emisión e voltamos a escoitar algunha peza musical máis.

Na segunda hora conectamos con Galicia novamente, concretamente con AITOR, un dos responsables do Restaurante CASA de CURRO, en Baralla. Fálanos do seu establecemento e das posibilidades de poder degustar dos bos menús e manxares que ofrecen aos seus clientes. Xa é a segunda vez que nos atenden e fainos unha pormenorizada descripción dos boas viandas que podemos degustar, especialmente as carnes da zona, a merluza de Celeiro, os postres caseiros e o viño con D.O.Monterrei, elixido por eles mesmos e marca distintiva da casa. Agradecémoslle a súa amable conversa e prometémonos saudalo persoalmente e visitalo no seu Restaurante cando vaiamos pola Terra.

Despois de escoitar a "SONDESEU", voltamos a conectar con Galicia, para falar con SAMUEL, da Asociación Cutural e Recreativa de Beade, en Vigo. Mantemos unha conversa-entrevista relacionada coa "29 FESTA-FEIRA da CEREIXA" desa localidade, que celebrarán dende o día 31 deste mes ata o día 8 de xuño. Felicitámolos polas moitas actividades que están organizando e desexámoslle moitos éxitos.

Despedímonos lembrándolles que este noso programa re-emítese os domingos de 1h a 3h do serán. Agardamos que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves.

jueves, 15 de mayo de 2014

15 de MAIO do 2014

Mari Luz e LOLA do Manai sea ela
Neste día de San ISIDRO, dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores cunha peza de música de María do Ceo e deseguida conectamos con Galicia, concretamente con "A Fonsagrada"para falarmos con dona LOLA Niño, compoñente da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, desa localidad, que ademáis é propietaria do Bar-Café-Restaurante: , MANAIA SEA ELA.  Agradecémoslle a súa amable atención e manteemos unha pequena conversa-entrevista ches de engado. Fálanos das shas especialidades e servicios de atención, así como das tapas, bocadillos e menú, que sirven no seu local, e convida a tódolos oíntes e seguidores que pasen por Fonsagrada e paren a degustar as súas "Manaias".


Danos tempo de "facer unha voltiña" pola celebración do "Día das Letras Galegas 2014" adicado a Xosé María Díaz Catro, o poeta chairego autor de "NIMBOS" e falamos dos actos previstos en Lugo.


Na segunda hora comezamos a nos a intervención coa conexión e participación do noso correspondente na Ribeira Sacra (Monforte) XOSE M.F. MONTES, que como cada semana, nos ten preparada a súa intervención nesta sección QUEN CHE PREGUNTOU?. 


A ultima conversa-entrevista é con BIEITO ROMERO, do Grupo LUAR NA LUBRE, que nos pon ao corrente das vindeiras actuacións e do extraordinario espectcáculo que estan a preparar para o vindeiro día 21 e 22 de XUÑO, no Palacio da Ópera de A Coruña, que levará por título TORRE DE BREOGÁN - A luz dos Milésians, unha Sinfónica Céltica de Luar na Lubre coa Orquestra Sinfónica de Galicia. A verdade é que Bieito fainos apreciar, si cabe, un bocado máis a nosa música tradiciona, non só polo traballo que está a facer senón tamén pola dedicación e as súas verbas engaiolantes. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa e prometémonos voltar a incomodalo para felicitalo polos vindeiros éxitos que seguro seguirán colleitando.


Despedímonos ate o vindeiro xoves. Non deixen de sintonizarnos. ¡¡¡ Graciñas a todos !!!

jueves, 8 de mayo de 2014

Emisión de hoxe: 08 de MAIO do 2014

Unha semaniña máis con todos vosoutros para tentar levar adiante este programiña en galego, para todos vostedes. En primeiro lugar conectamos con San Antolín de Ibias (As gurias) para falarmos cun grande coñecedor da realidade natural e social da zona: JAIME, periodista e guionista-productor dun traballo que está a preparar para dar a coñecer a realidade daquela zona, titulado ESCOMBROS, e que todos podedes acceder a el en Internet, e aproveitar a ocasión para facervos "mecenas" e partícipes deste traballo tan interesante.

Despois, unhas poucas novidades e informacións varias.

Na segunda hora comunicámonos coas Rías Baixas, concretamente con MOAÑA, para falarmos con MAIKA, unha experta coñecedora dos mexilóns galegos e conversamos con ela sobre outras moitas cousas relacionadas coa súa actividade no Concello. Convídanos a que pasemos por Moaña para coñecer máis polo miúdo este concello Pontevedrés, que ten moito que saborear e moito que ver.

A entrevista-conversa final é coa señora MARINA, da Panadería.Pastelería Linares, na Pontenova (Lugo), que nos fai un percorrido moi interesante do seu establecemento e achéganos as especialidades e demandas que teñen alí. Agradecémoslle a súa amable atención e participación e prometémonos volver a comunicarnos con eles para que nos sigan dando novedades.


Lembren que este programa reemítese os domingos de unha a tres do mediodía. Agardámosvos a vindeira semana, á mesma hora.

Programa atrasado do día 24 de Abril do 2014

Despois de darlle-la ben.vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, comezamos esta nova emisión conectando con Galicia para falarmos con MARTA QUINTANA, coa que mantemos unha pequena conversa-entrevista para que nos fale do seu ultimo traballo LUS que estará adicado a musicar e cantar os poemas de DIAZ CASTRO, acompañada nas guitarras por Luís Pimentel. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos volver a conectar con ela para que nos siga informando das próximas novedades.

Un bocadiño de informacións diversas, adubiadas cun chisco de música para chegar á segunda hora deste noso programa.


Nesta segunda hora falamos co noso correspondente na capital da RIBEIRA SACRA, Xosé ManuelF.Montes, que nos pon ao corrente dalgunhas noticias escollidas por el para amenizarnos a súa intervención.

A conversa-entrevista final é con FRAN ALLO, un cantante Compostelá, con quen temos falado en anteriores ocasións, pero que hoxe nos pon ao corrente das súas ultimas produccións.

A vindeira semana máis. Graciñas por estardes ahí e non deixedes de conectarnos.