jueves, 27 de junio de 2019

XOVES 27 de San Xoan do 2019

Ultimo programa 2018-2019
O ultimo programa desta tempada 2018-19, que facemos coa presenza nos estudos do noso amigo, Antonio Díaz Fernández  e director da Revista LÚA NOVA, ademais de correspondente do Xornal Galicia no Mundo. A verdade é que tiñamos previsto realizar unha emisión destacada para finalizar a tempada. As propostas que tiñamos pensado fóronse cumplindo e así decorrer o programa de hoxe: En primeiro lugar desplazámonos a Lubián, para falar con Jonathan, Director da "Banda de Gaitas As Portelas", nesa localidade Zamorana, raiana e chea de musicalidade. Agradecémoslle a súa amable atención e información moi detallada sobre os próximos acontecementos previstos para este verán. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos voltar a comunicarnos con el na vindeira temporada.


A seguir conectamos novamente con Galicia, concretamente con Castro Caldelas, para falarmos coa súa Alcaldesa, dona Sara Inés Vega Núñez, a quen felicitamos por ter acadado maio´ria absoluta nas recén pasadas eleccións. Fainos unha "crónica" pormenorizada das moitas actuacións que realizaron na anterior lexilatura e adiántanos algunhas das próximas propostas que ten previsto realizar para mellora desta localidade declarada como un dos mellores e máis belos pobos de España. Agradecerlle que nos atenda tan cordialmente e desexarlle que continúe acadando éxitos.


Conectamos co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, que aproveita para saudarnos e despedirse ate a vindeira tempada que seguro voltaremos a contar con el na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e coa que sempre temos unha colaboración interesantísima.


Despois falamos con don Santiago Lorenzo Sueiro, que nos fala da próxima inauguración dunha das etapas do Camiño de Santiago prevista para o día 21 de setembro, que será entre Hostalrich e Sant Celoni, de tan só 19 quilómetros, Facilítanos un enderezo para poder apuntarse e participar nesta andaina xacobea: lblanco@alianzagalega.org. Tamén nos informa da súa faceta radiofónica os sábados ás 6 da tarde co seu programa: A hora de SUEIRO. Felicitámolo e desexámoslle ´´exitos.



E para finalizar esta tempada comentamos con Antonio Díaz Fernández a publicación da revista irmá de Lua Nova con motivo da Festa de Can Mercader, Tamén damos a coñecer a convocatoria do XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro, que ten de plazo ate o 15 de Outubro deste ano. 



Despedímonos ate o vindeiro 19 de SETEMBRO que comezaremos a próxima tempada 2019-20, na que vos prometemos incorporar novidades interesantes para mellorar un chisco esta nosa emisión de dúas horas en galego. Desexámosvos que teñades un fermoso verán. ¡Disfrutade e sede felices!

jueves, 20 de junio de 2019

Xoves 20 de San Xoan do 2019

Comezamos este programa de hoxe, despois das salutacións oportunas, conectando con Galicia para falarmos con Daniel do Pando, un mestre do "Birimbau" ou "Trompa de boca". Infórmanos das súas preferencias, da súa traxectoria, dos cursiños que impartiu e que seguirá impatindo. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.

A segunda conexión é tamén con Galicia, para entrevistar ao artista polifacético XOAN CURIEL, que ven de presentar o seu ultimo Disco que leva por título: "Canta miña pedra, canta". Un libro CD que publica na Editorial Galaxia, Homenaxe a Antón Fraguas, a quen se lle adican as Letras Galegas deste 2019, e que está a ter moitos éxitos. Tamén nos informa das seguintes actuacións e presentacións que ten previsto para próximas datas. ¡Moitos éxitos, Xoan!

Continuamos na segunda hora conectando co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes,  na Capital da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos. Felicitámolo por ter acadado unha concellalía en Quiroga e desellámoslle que teña moita sorte nesta nova andaina. Tamén nos envía os seus "Me Ghusta" e "NON me ghustan", relacionados coas novidades que escolleu para hoxe. E finaliza a súa crónica facendo algunha recomendación de lecer para esta fin de semana. Nesta ocasión coincide coa "Festividade do Corpus" en Galicia, e destaca a "Festa do Boi" en Allariz. Noutras ocasións acostuma a agasallarnos cunha viñeta relacionada cun algún contido do programa... ...

A ultima conexión é novamente con Galicia para recibir a crónica da nosa correspondente nos Ancares, que nos fala do bo "xantar" que se pode degustar no "Caserío de Meiroi", a uns 5 quilómetros de Navia de Suarna. Unha granxa ecolóxica que no ano pasado sofriu un incendio, pero os seus propietarios decidiron instalar unha carpa para poder atender mellor aos clientes, namentras non se rematan as obras de restauración. Paga a pena visitalos e disfrutar deste establecemento. Tamén nos recomenda unha ruta de senderismo moi interesante.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora, ¡Que disfruten dunha grande Festa de San Xoan!

jueves, 13 de junio de 2019

XOVES 13 de XUÑO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros. Comezamos escoitando unha peza musical do Grupo "De Ninghures", precisamente para darlle a ben-vinda a Aldara Palmeiro Pazos, violinista e fermosa voz deste grupo musical. Aténdenos moi amablemente e coméntanos a composición deste grupo, as diversas actuacións realizadas, algún que outro Premio de certa importancia acadado (2º Premio no Festigal-2019), e previsións de próximos concertos, asi como outros detalles deste Grupo tan interesante. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.

Despois falamos coa "Poeta Labrega" Ana Vila Portomeñe, que nos pon ao corrente da súa traxectoria creativa e literaria. Agasállanos coa lectura de varios poemas recollidos en sendos libros publicados por ela mesma. Foi unha honra poder escoitala e disfrutar das súas creacións poéticas, en directo.

A seguir conectamos novamente con Galicia, concretamente coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos ten preparada a súa crónica semanal relacionada con curiosidades e  acontecementos daquela zona.

E finalizamos a emisión de hoxe felicitando á nosa amiga Merchi Alvarez Fernández, Presidenta da Asociación GALICIAME. Acaban de realizar a "IV Andaina solidaria de Galiciame" cos de Corvillon Xironsa na que participaron máis de catrocentas persoas, e tiveron de padriños aos locutores da TVG Xosé Ramón Gayoso e Diana Nogueira. As actividades que están a preparar dende a Asociación van camiño de acadar moitos éxitos e posiblemente consigan que a Sanidade pública se faga cargo dos Fisioterapeutas que precisan as persoas que padecen a Atrofia Muscular Espinal. Ogallá cheguen a bon fin esas negociacións.

E así foi o programa de hoxe. Agardamos que o vindiero xoves volten a conectar con nosoutros, para disfrutar doutras dúas horiñas de radio en galego. ¡Sexan Felices!

jueves, 6 de junio de 2019

XOVES 06 de XUÑO do 2019

Comezamos o programa dándolles a ben.vinda e ofrecéndolles escoitar un bocadiño de música para poñerños en contacto coa nosa primeira convidada: Mar Lopez Sotelo, Antropóloga e educadora social, pero que ten unha dedicación especial pola Ribeira Sacra. Fainos partícipe da súa paixón e cariño pola Ribeira Sacra. Ten unha páxina no Facebook  redribeirasacra e outra no Twitter  marsoteloenred ademais dun fermoso e interesantísimo  BLOG persoal: redribeirasacra.blogspot.com.es con moitísima información para todos aqueles que desexen coñecer un pouquiño máis, polo miúdo, esta zona galega tan fermosa. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con ela. 


Despois de escoitar un bocadiño da súa propia música conectamos con Madalena Gamalho Farinha, compoñente do Grupo Os Meninos, que nos informa, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, dese traballo musical que están a facer. Felicitámola e coméntanos un chisquiño a súa traxectoria, algunhas actuacións e próximos concertos que teñen previsto realizar, o máis inmediato na localidade portuguesa de Monçao. Desexámoslle moitos éxitos, e voltaremos a falar con ela no vindeiro mes de setembro, cando celebren o Festival: "CanteiraFEST" de Vilaboa. Grazas Madalena!


A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que fainos a súa crónica cos "Me Ghustan e Non Me Ghusta" tan axeitados, para infomrarnos dalgunhas noticias en Galicia. Envíanos a súa colaboración artística en forma de viñeta, que compartimos con todos vosoutros e relacionada con algunha das cousas que nos comenta na súa intervención. Moi axietada, claro. Tamén nos fai algunhas recomendacións para visitar e disfrutar nesta fin de semana. Como se atopa na "Semana Verde de Silleda" fálanos da grandiosidade deste evento e indícanos que é unha boa ocasión para degustar o "Galo de Curral" que celebran en Vila de Cruces...


E para finalizar as nosas conversas temos a honra de entrevistar ao Concelleiro de Cultura de CEDEIRA, Quique Vázquez, que moi amablemente nos informa do "III Festival Galego-Portugués" que se celebra nesa localidade mariñeira chea de engado perante cáseque dúas semanas, xa que comezaron o día primeiro de XUÑO e rematarán a vindeiro día 9 coa actuación do grupo Cando D´Aquí (Braga) e da banda Vila de Cedeira no auditorio municipal, a partir das 19.30 horas. Enviámoslle os nosos parabens por esa laboura tan interesante e desexámoslles moitos éxitos de participación e de afluenza de público. 




E así decorreron estas dúas horiñas de radio en galego. A vindeira semana, o vindiero xoves. á mesma hora voltaremos. ¡Que pasen unha feliz semana!