Comezamos este programa de hoxe, despois das salutacións oportunas, conectando con Galicia para falarmos con Daniel do Pando, un mestre do "Birimbau" ou "Trompa de boca". Infórmanos das súas preferencias, da súa traxectoria, dos cursiños que impartiu e que seguirá impatindo. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.
A segunda conexión é tamén con Galicia, para entrevistar ao artista polifacético XOAN CURIEL, que ven de presentar o seu ultimo Disco que leva por título: "Canta miña pedra, canta". Un libro CD que publica na Editorial Galaxia, Homenaxe a Antón Fraguas, a quen se lle adican as Letras Galegas deste 2019, e que está a ter moitos éxitos. Tamén nos informa das seguintes actuacións e presentacións que ten previsto para próximas datas. ¡Moitos éxitos, Xoan!
Continuamos na segunda hora conectando co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na Capital da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos. Felicitámolo por ter acadado unha concellalía en Quiroga e desellámoslle que teña moita sorte nesta nova andaina. Tamén nos envía os seus "Me Ghusta" e "NON me ghustan", relacionados coas novidades que escolleu para hoxe. E finaliza a súa crónica facendo algunha recomendación de lecer para esta fin de semana. Nesta ocasión coincide coa "Festividade do Corpus" en Galicia, e destaca a "Festa do Boi" en Allariz. Noutras ocasións acostuma a agasallarnos cunha viñeta relacionada cun algún contido do programa... ...
A ultima conexión é novamente con Galicia para recibir a crónica da nosa correspondente nos Ancares, que nos fala do bo "xantar" que se pode degustar no "Caserío de Meiroi", a uns 5 quilómetros de Navia de Suarna. Unha granxa ecolóxica que no ano pasado sofriu un incendio, pero os seus propietarios decidiron instalar unha carpa para poder atender mellor aos clientes, namentras non se rematan as obras de restauración. Paga a pena visitalos e disfrutar deste establecemento. Tamén nos recomenda unha ruta de senderismo moi interesante.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora, ¡Que disfruten dunha grande Festa de San Xoan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario