jueves, 30 de mayo de 2019

XOVES 29 de MAIO do 2019

Outro programiña máis con todos vosoutros. Comezamos chamando a AMADOR ARIAS, o artista protagonista da película " O QUE ARDE " de Oliver Laxe. Película recentemente premiada no Festival Internacional de Cannes. Felicitámolo e mantemos unha agradable conversa con el. Cóntanos a súa fermosa experiencia e o grande acontecemento que viviu en directo acompañado do Director Oliver Laxe e da grande actriz Benedicta Sánchez, que segundo nos comentou ten unha fermosa historia que contar. Un feito histórico que unha película en galego fora premiada en Cannes. ¡Parabens!

Falamos con JOSE ANTONIO DÍAZ, Presidente da Cooperativa "A Carqueixa". Cóntanos que son nada menos que 200 socios que se adican á gandeiría vacuna, producen a Tenreira Galega de Calidade, pero con sabor aos Ancares. Teñen ademais un blog. a cargo da cociñeira Pilar Rodríguez Pampín, que se pode consultar e escoller unha morea de receitas que se poden elaborar cos seus productos cárnicos de grande calidade.


Na segunda hora conectabamos sempre co noso correspondente en Monforte Xosé Manuel, pero temos que disculpalo, por mor doutras obrigas. Pero achegámonos igualmente á capital da Ribeira Sacra para comentar con BEATRIZ VILA FRIERE, unha das celebracións interesantes que se setán a celebrar alí: o "XI Cume Tapas de Monforte". Desexámoslles moitos éxitos.


Conectamos co grande gaiteiro e músico.compositor ANXO LORENZO, a quen aproveitamos para felicitar e darlle os nosos parabéns por ter acadado o Premio ao Mellor Artista nos XVIII Premios de Opinión Música de Raíz. Tamén falamos dos sucesivos concertos e proxectos de futuro da súa traxectoria musical. Adiántanos que virá a terras catalanas o día 21 de xuño, para participar concretamente na grande "Festa Galega de Can Mercader", con motivo da "Festa Major" de Cornella. 

E antes de finalizar o programa de hoxe, aínda comentamos algunhas novidades e informacións moi interesantes, relacionadas coa nosa cultura.

Desexamos que pasen unha moi feliz semana. Até o vindeiro xoves, á mesma hora.

23 de MAIO do 2019

Comezou o programa coa ausencia, xustificada, de Xulio nos estudos, por mor de certas obrigas persoais que atender. Dámoslle a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores e conectamos con Galicia para falar con ABEL BARANDELA, un pintor exstraordinario, co que mantemos unha conversa-entrevista moi ilustradora. Agradecémoslle a súa amable atención.

A seguir voltamos novamente a Galicia para entrevistar a dona TERESA RAMIRO, unha poeta mariscadora, que nos fala da súa traxectoria persoal e do seu traballo creativo cheo de engado e moi feiticeiro, na Ría do Burgo.


Despois falamos co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. Encargado da sección  QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre aproveita para facernos unha crónica de actualidade en forma de "Me Ghustan e Non me ghusta". Tamén aproveita para conetar con Xulio Couxil, que se atopa en Terras de Verín e dende alí mesmo e aproveita para intervir neste enlace que mantivemos.

A nosa corrspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, intervén nesta ocasión cunha verdadeira selección de acontecementos moi relacionados coa zona Ancaresa.

A vindiera semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 16 de mayo de 2019

XOVES 16 de MAIO do 2019

Visita nos estudos de Xosé Lamela
Outro programa con todos vosoutr@s. Encetamos, despois da ben-vida a tódoos oíntes e seguidores. Recibimos con agarimo ao noso amigo e colaborador JOSE LAMELA BAUTISTA, que hoxe nos acompaña e conectamos con Galicia. Do outro lado do fío telefíco temos a don PEDRO PÉREZ, do Grupo Duplex, a quen felicitamos e enviámoslle os nosos parabens por ter axudado á restauración do reloxio da torre en Trives. Xa se poden oír as badaladas horarias, grazas a intervención deste "mecenas" desinteresado, Pedro Pérez. Tamén aproveitamos para que nos fale da traxectoria do Grupo de Empresas que dirixe e do reloxio de marca propia que xa está no mercado... 

A segunda intervención é a do Abogado,  Poeta e Escritor chantadino Anxo Boan Rodríguez, que nos fala da súa faceta creativa relacionada coa poesía e a escrita en prosa, neste caso os libros de contos. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.

Despois falamos coa grande artista "LUCÍA PÉREZ", que nos atende moi amablemente e fálanos dos éxitos que está a acadar na xira de presentación dese CD "15 Soles" e do traballiño que se pode disfrutar no youtube: "Tudo se paga", unha peza musical con Ze AMARO que pronto compartirá con el na Radio Televisón Portuguesa.¡¡¡ Móitos éxitos, amiga Lucía!!!

Agora falamos coa nosa Pastora-Poeta Nieves Fernández Vidueira, a quen lle enviamos as nosas felicitacións e parabens por ese fermoso libro que acaba de publicar e que nos temos a honra de disfrutar del: "Retrincos do meu ser".

E para finalizar conectamos coa nosa corresponente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos ten prepradas varias noticias interesantes.

E despedímonos ate o vindeiro xoves. A vindeira semana máis e, si se pode, mellor. ¡Sigan sintonizándonos!

jueves, 9 de mayo de 2019

XOVES 09 de MAIO do 2019

Outro programiña máis. Comezamos dándolles a ben-vida e conectamos con Galicia, onde está o noso amigo Músico, Cantante, Compositor e Investigador galego XABIER DÍAZ. Unha entrevista-conversa moi amena na que nos informa das súas ultimas actuacións e das próximas a realizar, moi concretamente na Estrada o próximo día 17, e despois en Vilagarcía.... etcétera. Desexámoslle moitos éxitos nesa xira que leva adiante coas Adufeiras de Salitre.


A seguinte intervención é con Miguel González, de Territorio Verde, que nos informa da "1ª Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña", que se realizará o vindeiro día 11 de maio na localidade de San Román de Cervantes. Fálanos do programa previsto e dos moitos actos, agasallos e premios (máis de 20) para os gandeiros participantes e o seu gando (vacas galegas e asturianas, touros, novillas e xatos). Desexámoslles moitos éxitos.



Comentamos algo sobre a celebración da Letras Galegas 2019, que este ano adícanse a Antón Fraguas. Falamos dalgunhas publicacións e actos previstos para o vindeiro día 17 de Maio, en Galicia.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé M. FONTES que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Con ela fainos partícipes das súas elecccións relacionadas coas noticias, en forma de "Me Ghustan e Non Me Ghustan". Envíanos a súa aprotación gráfica, alusiva a algunha das cousas que tratamos no programa e compartimos a súa proposta musical para que todos disfrutemos dela.

Antes de rematar, e despois do intento fallido de comunicarnos co profesor, escritor e poeta Toño Núñez, que ten previsto presentar a súa ultima obra: "A gotiña viaxeira" en Vilalba, e dahí a nosa intención de falar con el. Será noutra ocasión. Tamén aproveitamos para informar dalgunhas novas que hai previstas con motivo das "Letras Galegas 2019" en Cataluña: "37 Festa Galega" organizada pola Irmandade Galega O Noso LAR de Terrasa, para os días 11 e 12 de maio. Tamén a A.C.G.Agarimos ten previsto realizar a Letras Galegas no Concello de Badalona, coa presentación do libro de don Manuel Mandianes "En Blanco". O día 18 teremos a mesma presentación na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. E o día 19 teremos un Concerto de Luar na Lubre no Teatro Plaza de Castelldefels.

jueves, 2 de mayo de 2019

XOVES 2 de MAIO do 2019

Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos escoitando a nova sintonía do noso programa e dándolles a ben-vinda. Despois dunha peciña musical poñémonos en contacto con Rubén, da A.G.C.Agarimos de Baladona, que nos pon ao corrente  das diversas actuacións que tiveron e das que van a realizar, xunto coa "Festa Galega " prevista para a fin de semana do 17, 18 e 19 de maio, que pretenden inaugurar coa izada de bandeira no Concello de Badalona, xunto coa presentación do libro "En Blanco" de don Manuel Mandianes...

A segunda intervención é a do noso correspondente XOSÉ Manuel F.Montes, coa súa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, dende Monforte, que nos ofrece a súa visión das noticias cos ME Ghustan e NON ME Ghustan, moi axeitados e moi ben escollidos para darnos a coñecer algunhas das novidades en Galicia. Tamén nos recomenda algunha celebración festeira que se pode disfrutar nesta próxima fin de semana.

Despois falamos coa nosa amiga e cantautora CARMEN PENIM, de "2Na Fronteira" que nos adianta algunhas das próximas actuacións e adiántanos paarte dun traballo que está a gravar e confeccionar xunto con grandes músicos e seguro que moi feiticeiro: Algo que ten moito que ver con : Cantos de terra e sal. Prométenos que seremos os primeiros en coñecelo e a primicia servirá para compartir con tódolos nosos oíntes e seguidores as súas creacións. Agradecémoslle a súa amable atención.

A ultima intervención é con Carmen de Xanela da Lúa, a Vivenda Rural que rexenta en Lira e que ademais de ser una aloxamento espectacular, temos que salientar a súa amabilisima atención e grande cociñeira que aínda que non dispón de restaurante no seu establecemento, sabemos da súa oferta para aqueles que demandan -por encargo- a degustación dalgún xantar con productos autóctonos, moi en particular do mar de Carnota e arredores. Moitas grazas e moitos éxitos, Carmen.

A vindeira semana máis.  Non deixedes de sintonizarnos. Agardámosvos.