jueves, 9 de mayo de 2019

XOVES 09 de MAIO do 2019

Outro programiña máis. Comezamos dándolles a ben-vida e conectamos con Galicia, onde está o noso amigo Músico, Cantante, Compositor e Investigador galego XABIER DÍAZ. Unha entrevista-conversa moi amena na que nos informa das súas ultimas actuacións e das próximas a realizar, moi concretamente na Estrada o próximo día 17, e despois en Vilagarcía.... etcétera. Desexámoslle moitos éxitos nesa xira que leva adiante coas Adufeiras de Salitre.


A seguinte intervención é con Miguel González, de Territorio Verde, que nos informa da "1ª Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña", que se realizará o vindeiro día 11 de maio na localidade de San Román de Cervantes. Fálanos do programa previsto e dos moitos actos, agasallos e premios (máis de 20) para os gandeiros participantes e o seu gando (vacas galegas e asturianas, touros, novillas e xatos). Desexámoslles moitos éxitos.



Comentamos algo sobre a celebración da Letras Galegas 2019, que este ano adícanse a Antón Fraguas. Falamos dalgunhas publicacións e actos previstos para o vindeiro día 17 de Maio, en Galicia.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé M. FONTES que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? Con ela fainos partícipes das súas elecccións relacionadas coas noticias, en forma de "Me Ghustan e Non Me Ghustan". Envíanos a súa aprotación gráfica, alusiva a algunha das cousas que tratamos no programa e compartimos a súa proposta musical para que todos disfrutemos dela.

Antes de rematar, e despois do intento fallido de comunicarnos co profesor, escritor e poeta Toño Núñez, que ten previsto presentar a súa ultima obra: "A gotiña viaxeira" en Vilalba, e dahí a nosa intención de falar con el. Será noutra ocasión. Tamén aproveitamos para informar dalgunhas novas que hai previstas con motivo das "Letras Galegas 2019" en Cataluña: "37 Festa Galega" organizada pola Irmandade Galega O Noso LAR de Terrasa, para os días 11 e 12 de maio. Tamén a A.C.G.Agarimos ten previsto realizar a Letras Galegas no Concello de Badalona, coa presentación do libro de don Manuel Mandianes "En Blanco". O día 18 teremos a mesma presentación na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. E o día 19 teremos un Concerto de Luar na Lubre no Teatro Plaza de Castelldefels.

No hay comentarios:

Publicar un comentario