Comezou o programa coa ausencia, xustificada, de Xulio nos estudos, por mor de certas obrigas persoais que atender. Dámoslle a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores e conectamos con Galicia para falar con ABEL BARANDELA, un pintor exstraordinario, co que mantemos unha conversa-entrevista moi ilustradora. Agradecémoslle a súa amable atención.
A seguir voltamos novamente a Galicia para entrevistar a dona TERESA RAMIRO, unha poeta mariscadora, que nos fala da súa traxectoria persoal e do seu traballo creativo cheo de engado e moi feiticeiro, na Ría do Burgo.
Despois falamos co noso correspondente, Xosé Manuel F. Montes, na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. Encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre aproveita para facernos unha crónica de actualidade en forma de "Me Ghustan e Non me ghusta". Tamén aproveita para conetar con Xulio Couxil, que se atopa en Terras de Verín e dende alí mesmo e aproveita para intervir neste enlace que mantivemos.
A nosa corrspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, intervén nesta ocasión cunha verdadeira selección de acontecementos moi relacionados coa zona Ancaresa.
A vindiera semana máis. Non deixen de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario