jueves, 1 de julio de 2021

Ultimo xoves da tempada 2020-2021- 01 de XULLO do 2021

Comezamos o programa saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores. Escoitamos a nosa sintonía e conectamos con Galicia para falar con Alfonso, o "CHEF" do Restaurante da cidade de Lugo: "Manuel-Manuel", que nos conta cómo vai a reanudación do traballo nese emblemático  da cidade. Fálanos das tapas tan excelentes que se sirven nos moitos bares, restaurantes e establecementos onde se poden degustar moitas e grandes tapas acompañadas cos sendos viños de D.O. galegos e outras localidades. Convídanos a achegarnos a ese Restaurante que segue a ofrecer eses 4 Menús degustación de grande calidade, o mesmo que antes da pandemia. Agradecémoslle a súa amable atención de hoxe e desexámoslles que teñan un feliz verán.

A continuación poñémonos en contacto con Ana Vila Portomeñe, esa Poeta Labrega coa que xa falaramos nunh ocasión anterior, pero que a saudamos moi afablemente, felicitándoa pola súa participación nesa festa da poesía cos da "Nova Poesía Guitirica". Segue colaborando e participando coa xuntanza de poetas galaico-portugueses. Tamén nos informa da próxima presentación dese traallo que nos está a informar "un libro escrito a man, concretamente o día 9 de xullo, en Chantada xunto con outras dúas mulleres creadoras, unha costureira e outra Taboadesa, Ana Rey. Agasállanos coa lectura dun dos seus poemas... ¡Moitas Grazas ANA!!!

Conectamos novamente con Galicia para darlle paso ao noso correspodente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, xunto con Henrique Fernánde-Mon Sánchez
que tamén participa. A sección de Xosé Manuel, QUEN CHE PREGUNTOU?, unha escolla de noticias en forma de "Me ghustan e desghústanme" para coñecer algo máis da nosa comunicadade galega. Desexámoslle unhas vacacións de verán descansadas e con disfrute. Aproveita para enviarnos a súa aportación viñetista moi acaída para ser o último programa da tempada. ¡Moitas grazas Xosé Manuel! é unha honra facer de "modelos" para a túa creatividade pictórica. ¡Grazas!

A última intervención é con Ramón, xerente do "Muiño de Cuiña" , tamén coñecido por "EL molino del Abuelo", en Lalín. Fálanos da restauración e recuperación un muiño moi antergo. No 2018 cumpliron 100 anos. Felicitámolo. Infórmanos das diferentes clases de fariñas que se moen no seu muiño. Tamén nos indica que se poden visitar esas instalacións aproveitando o verán, para ver cómo funcionan as diferentes pedras, que teñen o seu encanto e a súa peculiaridade para moer cunha cadencia moi coidada. Da posta en marcha dun obxectivo novidoso en combinación cun colleitiero da zona de Xinzo de Limia para sementar unha especie moi interesante, que se está a demandar moito: A espelta. Desexámoslle moitos éxitos.

E despedímonos de todos vosoutros ate o vindeiro mes de SETEMBRO. 

¡Que teñan unha felices vacacións de verán! 

¡Cúidense moite e disfruten!