miércoles, 26 de junio de 2013

MARTES : 25 de XUÑO do 2013

ULTIMO PROGRAMA da TEMPADA 2012-13


Dámoslles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e propoñémoslles escoitar unha peza de música do Grupo tradicional galego "Brincadeira", dos que temos un CD moi interesante, e no que se recollen moitas pezas tradicionais galegas.
Deseguida conectamos coa Ribeira Sacra, pra falarmos con Xosé M.F.MONTES, o noso correspondente habitual, que sempre ten moitas e interesantes noticias escollidas para comentar con nosoutros. Agradecémoslle a súa aportación e emplazámolo para o vindeiro 17 de setembro, que é cando comezaremos a seguinte tempada. ¡Que teña unha boas vacacións!

Na segunda parte do programa chamamos a Galicia, novamente, para poñernos en contacto con MANUEL FERNÁNDEZ GÓMEZ, fotógrafo de profesión en "A Fonsagrada", co que mantemos unha amena conversa-entrevista falando dos moitísimos momentos e instantáneas que ten recollido ao longo da súa vida profesional. Ademais de agradecerlle a súa colaboración, tamén lle prometemos voltar a comunicarnos con el pra vindeiras ocasións.

E despedímonos ate o día 17 de SETEMBRO. Tentaremos repoñer forzas, recargar as "PILAS" e innovar e mellorar esta nosa emisión, na medida das nosas posibilidades. Neste sentido posiblemente teñamos algunha NOVIDADE importante que xa lles comunicaremos oportunamente. 
¡Que pasen unhas felices vacacións! e non deixen de sintonizar Radio SANT BOI!!!

martes, 18 de junio de 2013

18 de xuño 2013

Comezamos o programa dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecéndolles unha peza musical interpretada por Jei Noguerol, no tempo das cereixas... conectamos con Galicia, para falarmos con MARTA, da Granxa Maruxa, para que nos fala das "Maruxas de Nata", e fainos un pequeno percorrido das súas actividades e da Granxa.

Escoitamos outra peza musical e deseguida conectamos co Sr.Manuel, responsable e propietario da TABERNA GALEGA, de Sant Boi, que nos informa das ofertas que no seu establecemento poden degustar: Productos galegos de calidade. Todos con denominación de orixe. Convida aos oíntes que se acheguen ao seu local para degustar unha copiña de albariño xunto cun pinchiño, invitación da casa.

E para finalizar o programa de hoxe conversamos con JULIA ALONSO, Xerente da Asociación de Empresarios de Redondela, que nos pon ao corrente das diferentes Actividades e Festas locais que celebraron recentemente: "Imos de Tapas, Festa do Choco, Festa da Coca..." e rematamos a conversa co convite que nos envía para que vaiamos a visitalos nesa fermosa localidade pontevedresa.


Despedímonos ate o martes que ven. Será o final de temporada e faremos un programa moi interesante e especial. Agardamos que nos volvan a sintonizar.

martes, 11 de junio de 2013

11 de xuño do 2013

Comezamos o programa dedicándolle unha peza de música á TABERNA GALEGA de Sant Boi, concretamente ao seu propietario Sr.Manuel, con quen temos prometido falar en vindeiras datas. Deseguido comunicámonos con Galicia para falarmos con Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra e encargado da sección quen che preguntou?. E fainos un pequeno percorrido polas informacións e noticias que escolleu para hoxe.

Despois poñémonos en contacto con OSCAR, encargado do Restaurante O MIRADOR, en Portomarín, que nos fala das súas especialidades (anguilas, pulpo e carnes con denominación de orixe galega) e coméntanos a noticia de que van a inaugurar, en fecha próxima, a segunda planta do Restaurante, dende o que se divisa unha fermosa paisaxe e o impresionante encoro de Belesar. Agradecémoslle a súa participación e colaboración no noso programa e prometemos volver a contactar con el para que nos informe de novidades futuras.

Despedímonos cunha peza de música ate a vindeira semana.

martes, 4 de junio de 2013

MARTES 4 de xuño

Despois dunha semana intensa e chea de acontecementos (representacion teatral no Orfeò Catalonia de Cornellà, Festa Galega en Can Mercader... ...) hoxe voltamos a emitir outro programiña en galego, cos mesmos azos e intencións de entreter e difundir un chisco a nosa cultura. 
Comezamos, como cada semana, conectando coa capital da Ribeira Sacra (Monforte) para que o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? para que nos faga un percorrido polas noticias e informacións que ten escollidas para nosotros.

Na segunda parte do programa poñémonos en contacto con PABLO CARPINTERO, un investigador dos instrumentos musicais galegos e un lutier dos máis importantes de Galicia. Fai tempo que tiñamos moitas ganas de conversar con el, e hoxe, neste primeiro contacto, danos información dalgún dos seus traballos e ponnos ao corrente do seu traballo actual. Agradecémoslle a súa atención e consideramos que esta será a primeira de moitas máis ocasións nas que procuraremos falar con el.

Lembren que este programiña volve emitirse os domingos de 13h a 14 horas. A vindeira semana máis.