jueves, 28 de abril de 2016

XOVES 28 de ABRIL do 2016

Comezamos o programa escoitando unha peza musical galega para darlle a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores e conectar seguidamente co noso primeiro cominicante AFONSO BECERRA, dramaturgo, escritor e actor teatral galego afincado en Vigo, que nos fala da súa traxectoria e dos Premios María Casares de Teatro, no que foi premiado recentemente.

A segunda comunicación é para saudar e entrevistar a dona CARME FIAÑO, de "A Cociña de Lumai, S.L.", en Salvaterra do Miño, que está a expoñer os seus productos na FEIRA ALIMENTARIA de BCN, e coméntanos a súa experiencia neste evento de grande importancia a nivel nacional.

Seguimos o programa nesta segunda hora conectando con Monforte de Lemos, para falar co noso correspondente encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, Xosé Manuel F.Montes, que ten preparadas a súas noticias escollidas interesantes e sempre finaliza a súa intervención cunha reflexión interesante e agasallános coa súa viñeta creativa alusiva ás noticias actuais.

Finalizamos coa intervención de don XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ, Presidente da D.O.Ribeira Sacra, que tamén se atopa na espoxición da "FEIRA ALIMENTARIA" de BCN, e infórmanos da grande mostra que se pode contemplar así como degustar os caldos desa feiticeira zona vitivinícola galega.

A vindeira semana voltaremos con máis contidos e máis cousas interesantes.

jueves, 21 de abril de 2016

XOVES 21 de ABRIL do 2016

Comezamos o programa de hoxe escoitando unha peza musical galega, para darlles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. A primeira comunicación con Galicia é para falar con XOSÉ LUÍS MUÑOZ COSTA, un cociñeiro de Hospitalet afincado en Sàrria, con quen fai un tempo xa falarmos, pero nesta ocasión a conversa xira entorno a súa nova faceta de Empresario xa que se establecerá en SAMOS, concretamente no Hostal Costa-Vitoria, para rexentalo xunto con súa irmá. Felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos nesa nova andaina.

Despois de escoitar unha nova peza musical falamos con UXÍA, unha das voces femininas máis valoradas e que mellor nos representan no eido musical galego. Amablemente nos recibe e agradecémoslle a súa colaboración e aportación.

Na segunda hora chamamos a don MANUEL ÁLVAREZ, da Asociación "Antaruxas e Sorteiros" en A Fonsagrada, que nos pon ao corrente das novidades e actuacións previstas por esta Entidade que tanto está a traballar pola nosa Cultura.

Pa finalizar chamamos a RICARD ROS, que nos informa da súa colaboración con FERNANDO BARROSO, no seu ultimo disco INTROPÍA, e das moitas actividades que desenrola no seu ambiente musical e de Grupos. Agradecémoslle a súa atención, e voltaremos a comunicarnos con el.

A vindeira semana, máis. Non faltedes, agardámosvos!!!

XOVES 14 de ABRIL do 2016

No programa de hoxe non contamos coa presencia de Xulio, nos estudos. Comezamos dándolles a benvida e ofrecéndolles escoitar unha peza de música galega, coma sempre. Precisamente a primeira comunicación é con X.Couxil para que nos fale un chisco das "súas cousas", que non son máis que resaltar os sucesos desta semana así como as actividades que están previstas.

Comunicase agora con CARMEN PICHEL, que se define como COSTUREIRA, aínda que é máis coñecida por ser unha Grande da MODA GALEGA, en Boqueixón, e fálanos con moita profesionalidade desa súa faceta creadora e dos seus proxectos.

Na segunda hora, conectamos con Xosé Manuel F.Montes, na capital da Ribeira Sacra (Monforte), para falar da súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e poñernos ao días das novidades que el mesmo recolle, e que encerran un chisco de curiosidade especial. Dese xeito ao rematar a súa intervención sempre nos agasalla coa creación dunha "viñeta" alusiva a algunha das noticias comentadas, que nós compartimos con todos vostedes neste blog.

Despois falamos con don ANGEL VILLADA responsable da X Feira do Ferro que se celebrará esta fin de semana en RIOTORTO, e tamén co señor Alcalde, don CLEMENTE IGLESIAS, que nos informan sobre os actos e outras interesantes novidades relacionadas con esa celebración.


Despedímonos desexando que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos.

jueves, 7 de abril de 2016

XOVES 7 de ABRIL do 2016

Comezamos o programa dándolle a ben-vinda ao noso compañeiro e colaborador ANTONIO DÍAZ, Director da Revista LUA NOVA, da Asociación C.G.Rosalía de Castro e corresponsal de GALICIA en el MUNDO, que nos informa das diferentes novidades relacionadas coa Entidade.


Despois conectamos con Galicia para falarmos con don ENRIQUE GARCÍA, responsable da organización da "1ª Festa dos CALLOS en Ourense", co que mantemos unha pequena conversa e na que nos fai partícipes dese grande evento que están a preparar para esta fin de semana vindeira.


Despois voltamos novamente as nosas terras galegas para conectar co noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparadas noticias de interese para todos nós. Tamén nos agasalla coa súa aportación creativa que aproveitamos para compartir con todos vosoutros.



A ultima conversa-entrevista é con dona CARMEN PENIN, de "2 na Fronteira" que sempre nos recibe moi amablemente e despois de felicitala polas súas recentes actuacións (a ultima nas V Jornadas Galego-Portuguesas en Pitoes das Junias), e tamén nos informa das próximas intervencións para o vindeiro día 16 de Abril en TUI e do día 21 deste mes no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. Desexámoslle moitos éxitos e despedímonos con música interpretada por eles.


A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos. ¡Agardámosvos!