sábado, 28 de noviembre de 2015

XOVES 26 de NOVEMBRO do 2015

Encetamos o programa escoitando unha peza de música galega e deseguida comentamos a "Gala de recollida de Alimentos en MONTIGALÁ", organizada pola Asociación C.G.Agarimos de Badalona, e que estivo presentada por Armando Fernández. 



A primeira comunicación con Galicia é para falarmos con BELEN XESTAL, presentadora, locutora na Radio Galega, Actriz... ... que nos recibe moi amablemente e mantemos con ela unha Entrevista moi interesante e amena, na que nos dá a coñecer algunhas cousas do seu bon facer e da vindeira "1ª GALA-XANTAR de GALICIAME" en Cambados, que será presentada por ela e por Armando. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e prometémonos voltar a falar con ela.



Na segunda hora, coma cada semana, dámoslle paso ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos), don Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que nos pon ao corrente dalgunhas cousas interesantes relacionadas co noso idioma, e remata coa súa aportación retranqueira verbal e co debuxo semanal relacionado coa charla que mantivemos na conexión, e que aproveitamos para "colgar" no noso blog.



A ultima Entrevista é con CARMEN PENIN de "2 Na FRONTEIRA", á que felicitamos polos éxitos que está acadando co seu CD "Son de NÓS". Tamén participará na GALA-Xantar de Galiciame o día 5 de decembro vindeiro, xunto cunha morea de artistas. Despedimola escoitando un dos temas dese disco que comentamos.


A vindeira semana máis. Non faltedes á nosa cita de 16 a 18 horas.

viernes, 27 de noviembre de 2015

19 de novembro do 2015

Comunicámonos con OSCAR IBÁÑEZ, mestre de Gaita e Percusión, para falar do seu ultimo CD ALEN DO MAR, e da súa traxectoria como Profesor en diversas Entidades Galegas, tanto en Cataluña como noutras comunidades. Estivo moi relacionado coa Secretaría Xeral de Emigración e foi coordenador dos Cursos de Perfeccionamente para gaiteiros e percusionistas de diversos Centros Galegos no Exterior.


A entrevista seguinte é con ISMAEL RAMOS, escritor nado en Mazaricos, que recentemente ven de recibir o Premio "JOHÁN CARBALLEIRA" do Concello de BUEU. Fálanos do seu libro: OS FILLOS DA FAME, polo que acadou o mentado Premio. Cóntanos moitas cousas da súa traxectoria escritora e do seu percorrido a nivel literario.



Conversa con Xosé Manuel F.Montes, o noso correspondente en Monforte de lemos, encargado da sección : QUEN CHE PREGUNTOU?, que nos ten preparada a súa participación escollida para disfrutala con tódolos nosos oíntes e seguidores. Acompañamos a súa creación artísitica, do seu facebook de Galegos no Baix - Emisora de Radio. 


Recibimos a OSCAR SOUTO RODRÍGUEZ, compañeiro nas ondas e grande coñecedor das nosas cousas galegas, moi concretamente na Costa da Morte. É un escritor bastante inquedo, aínda que non ten publicadas as súas obras en papel. Ten un programa en Radio Nerea.

A vindeira semana máis- Non deixedes de sintonizarnos.

12 de novembro do 2015

Comeza o programa conectando con Galicia, concretamente O Incio, para falar con XABIER PÉREZ VIZCAÍNO, grande artista musical, que participará xunto coa súa irmá LUCÍA PÉREZ e outros moitos artistas, na "1ª GALA-XANTAR de GALICIAME", en Cambados, o día 5 de decembro vindeiro.


Un comunicación segunda é con TOÑO NÚÑEZ, profesor de Galego no Concello de Palas de Rei, que ademais é un escritor que ten publicados varios libros, a maioría deles contos para nenos, así como tamén poesía... e mantemos unha conversa relacionada coa súa experiencia na escrita.


Agora una section QUEN CHE PREGUNTOU? da man do noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparadas cousas interesantes para todos nós. Aproveitamos a súa creación artística, que sempre coloca no seu facebook, para ilustrar a súa participación, no noso blog.


Finalmente comunicámonos outra vez con Galicia para falarmos con Lucía Pérez, grande artista galega, Que nos representou no Festival de Eurovisión do ano 2011, e que estará, xunto co seu irmán Xabier, na "Gala-Xantar de Galiciame" en Cambados. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e voltaremos a falar con ela en vindeiros programas, para que nos siga informando dos seus Éxitos.


Na próxima semana voltaremos. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 5 de noviembre de 2015

Xoves día 5 do mes dos SANTOS do 2015

Unha emisión máis, na que falamos perante dúas horas en galego, para tentar informarvos dalgunhas novidades galegas, música galega e entrevistas que consideramos de interese. Precisamente a primeira entrevista é con CARMEN PICHEL, a nosa amiga Costureira - Estilista - Diseñadora de Santiago de Compostela, concretamente de Lestedo - Pico Sacro - Boqueixón (A Coruña), coa que mantemos unha conversa chea de ensino e modernidade relacionada coa súa profesión.


A seguinte entrevista é con dona MARI CRISTINA CID FERNÁNDEZ, Concelleira do Concello de ALLARIZ, que nos informa moi axeitadamente da "XX FEIRA do OTUNO" desa localidade Ourensana, e convídanos a visitar esa vila tan chea de antiguidade e modernidade, segundo desexemos disfrutar dela. 



Na segunda hora, coma cada semana, conectamos con MONFORTE de LEMOS, para que o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, nos faga un percorrido moi retranqueiro das noticias escollidas para tódolos nosos oíntes e seguidores, e remata a súa intervención coa elaboración dunha "viñeta" que colga no seu facebook da radio galegos no baix, e que aproveitamos, co seu permiso, para incluír neste noso blog. Fai referencia a unha destacada información das que nos comentou moi pormenorizadamente.



Para finalizar conectamos novamente con Galicia, concretamente coa Mariña Lucense, e falarmos co Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieros de Galicia), don OSCAR RODRÍGUEZ, grande artista e dono da xoiería do mesmo nome, en Viveiro, Comentamos con el diversas informacións relacionadas coa xoiería e con algunhas destacadas novidades relacionadas co deseño de xoias, co seu establecemento e co Colexio de Xoieiros. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el, en vindeiras datas.


Despedímonos escoitando unha peza de música "desaiuno con diamantes", para darlle ambiente á conversa que mantivemos. 
A vindeira semana máis. Lembren que este programa re-emítese os domingos.
Tamén lles queremos informar que se desexan escoitarnos en directo no móbil, teñen que descargar esta APP: APP para escoitar Radio SANT BOI no móbil