jueves, 5 de noviembre de 2015

Xoves día 5 do mes dos SANTOS do 2015

Unha emisión máis, na que falamos perante dúas horas en galego, para tentar informarvos dalgunhas novidades galegas, música galega e entrevistas que consideramos de interese. Precisamente a primeira entrevista é con CARMEN PICHEL, a nosa amiga Costureira - Estilista - Diseñadora de Santiago de Compostela, concretamente de Lestedo - Pico Sacro - Boqueixón (A Coruña), coa que mantemos unha conversa chea de ensino e modernidade relacionada coa súa profesión.


A seguinte entrevista é con dona MARI CRISTINA CID FERNÁNDEZ, Concelleira do Concello de ALLARIZ, que nos informa moi axeitadamente da "XX FEIRA do OTUNO" desa localidade Ourensana, e convídanos a visitar esa vila tan chea de antiguidade e modernidade, segundo desexemos disfrutar dela. 



Na segunda hora, coma cada semana, conectamos con MONFORTE de LEMOS, para que o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, nos faga un percorrido moi retranqueiro das noticias escollidas para tódolos nosos oíntes e seguidores, e remata a súa intervención coa elaboración dunha "viñeta" que colga no seu facebook da radio galegos no baix, e que aproveitamos, co seu permiso, para incluír neste noso blog. Fai referencia a unha destacada información das que nos comentou moi pormenorizadamente.



Para finalizar conectamos novamente con Galicia, concretamente coa Mariña Lucense, e falarmos co Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieros de Galicia), don OSCAR RODRÍGUEZ, grande artista e dono da xoiería do mesmo nome, en Viveiro, Comentamos con el diversas informacións relacionadas coa xoiería e con algunhas destacadas novidades relacionadas co deseño de xoias, co seu establecemento e co Colexio de Xoieiros. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el, en vindeiras datas.


Despedímonos escoitando unha peza de música "desaiuno con diamantes", para darlle ambiente á conversa que mantivemos. 
A vindeira semana máis. Lembren que este programa re-emítese os domingos.
Tamén lles queremos informar que se desexan escoitarnos en directo no móbil, teñen que descargar esta APP: APP para escoitar Radio SANT BOI no móbil

No hay comentarios:

Publicar un comentario