jueves, 29 de octubre de 2015

XOVES 29 de OUTUBRO do 2015

Comezamos o programa escoitando unha peza de ANXO LORENZO, para darlle paso á entrevista con EVA, Lectora de Galego na Universidade de Barcelona, que nos informa das Actividades que veñen realizando ultimamente, e as que teñen previsto para as vindeiras datas. Podemos visitar a páxina de Facebook correspondente aos "estudis gallecs da UAB" que teñen : https://www.facebook.com/estudisgallecsuab/?fref=ts






A seguinte entrevista-conversa é con DAMIÁN SEIJAS, que ven de recoller o Primeiro Premio como Mellor Barista de España, en Málaga. Un grande profesional que nos da a coñecer as súas inquedanzas e próximas actuacións, entre a que nos destaca a inminente inauguración dunha Escola especializada no seu eido profesional, en Chantada.

Na segunda hora, como cada semana, chamamos ao noso colaborador: XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que sempre ten prepraradas unha serie de informacións cheas de interese e que remata coa súa interpretación, tan axeitada, da sesión de hoxe, aportando unha "viñeta" da súa autoría, e que amosamos neste noso blog.


A ultima intervención-entrevista é con SARA FERNÁNDEZ, Presidenta da Asociación Semente de Monforte, que nos da cumprida información das súas actividades e proxectos. Agradecémoslle a súa amable atención e convocámonos para poder seguir recibindo as súas noticias.


Lembren que este programa re-emítese os domingos de 15 á 17 horas. 
A vindeira semana tentaremos ofrecerlles outro programiña máis, cheo de novidades e intrevistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario