jueves, 24 de noviembre de 2022

XOVES 24 de NOVEMBRO do 2022

Unha nova emisión do "Galegos no BAIX". Despois das salutacións de ben-vinda poñémonos en contacto co primeiro convidado de hoxe: MANUEL BRAÑAS, do Grupo "BRAÑASFOLK", que nos presenta o seu último traballo discográfico "GODAXE!",  que ben a significar "Festa" e que, segundo nos indica,  corresponde a unha das palabras do "barallete", unha xerga que empregaban os paragüeiros, canteiros e músicos en tempos atrás. Tamén nos fala do seu traballo específico relacionado coa recuperación e restauración de instrumentos que se atopan no Pórtico da Gloria da Catedral de Ourense. Precisamente con algúns deses instrumentos confeccionaron una das pezas, concretamente a nº 8, que leva por título "Cantiga 215 Santa María". Agradecémoslle a sua atención e desexámoslles moitos éxitos.
 

A segunda colaboración-entrevista é con AMANCIO PRADA, que fará un concerto: "Libremente", o luns día 28 de novembro, no Teatro Apolo de Barcelona. Recibímolo coa interpretación súa dunha peza musical galega: Un repoludo Gaiteiro. Agradecémoslle a súa amable atención e coméntamos algunhas curiosidades interesantes. Fálanos de cómo ten previsto realizar ese Concerto e no que agarda interpretar varias pezas musicais basadas en textos de diversos poetas: Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Sánchez Ferlosio, Agustín García Calvo... ... Despedímolo coa súa peza: "Adiós Ríos, Adiós Fontes" e desexámoslle moitos éxitos.

Na segunda hora conectamos con Galicia para entrevistar a Xosé Lois González Vázquez, enxeñeiro de telecomunicacións e viñetista-humorista autor e creador de "O Carrabouxo". Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe. Conversamos sobre a súa traxectoria creativa e ilustradora, as súas viñetas diárias, diversos libros publicados, a animación feita por Lhosca Arias - co personaxe Carrabouxo - composta por 26 capítulos de 1 minuto de duración, os Premios que ten acadado, a destacar a "Medalla Castelao" e o Premio Bo e Xeneroso concedido pola Asociación de Escritores en Língua Galega. A súa faceta de humorista gráfico ten acadado unha proxección e ámbito internacional. Desexámoslle moita sorte.

Comunicámonos con XABIER DÍAZ, o Profesor, Cantautor e Músico galego que fará unha clase de pandeireta e percusión o día 25 no "Tradicionarius" de Gracia. Tamén ofrecerá un Concerto, xunto coas Adufeiras de Salitre, e outras sorpresas moi interesantes. Parabenizámolo polo seu recente éxito acadado na xira que realizou en Arxentina, Buenos Aires e Bariloche, co seu trio, que tamén o acompañará na actuación prevista para mañá no CAT de Gracia, a partir das 21h. Agradecémoslle a atención que nos prestou e desexámoslle moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Aquí "colgamos" o Programa completo.

jueves, 17 de noviembre de 2022

XOVES 17 de NOVEMBRO do 2022

Comezamos unha nova emisión do noso programiña "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía e saudando aos oíntes e seguidores. Escoitamos un poquiño a Xabier Díaz e poñémonos en contacto con TOÑO LORENZO GAY, CHEF Executivo do Restaurante A Faragulla, na Praza da Paz de Chantada. Unha conversa moi ilustrativa e informativa sobre o que ofrecen ese equipazo que dirixe. Fálanos dos menús exquisitos que elaboran, da Carta, dos Menús degustación, dos Bonos de degustación, do catering personalizado que se pode encargar para ir a recoller ou que o levan á casa do cliente, dos postres caseiros... ... Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.

O seguinte convidado é ISMAEL RAMOS, Profesor, escritor e Poeta, a quen lle acaban de outorgar o Premio Nacional de Poesía Xoven "Miguel Hernández 2022", polo seu libro "Lixeiro". Parabenizámolo e conversamos con el para coñecer un bocadiño máis da súa traxectoria creativa. Fálanos das súas publicacións, dunha recente tradución ao portugués dun seu libro "Lume", que foi publicado pola editora portuguesa do lado esquerdo, traducido por Daniel Ferreira "Fogos", e que próximamente será presentado en Cataluña coa súa correspondente tradución "Foc". Comentamos que sería moi axeitado poder disfrutar da súa presencia no día de Sant Jordi do ano que ven. Desexamos que siga disfrutando dese Premio e desexámoslle o mellor.

Conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Capital de Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que ten preparada a súa sección Quen che Preguntou? a modo de Ghústanme e Desghústanme coas noticias escollidas. Tamén nos propón o reto de entrevistar a algún personaxe interesante e relevante galego. Primeiro apunta poder falar co grande viñetista Xosé Lois, autor do "Carrabouxo". E despois comenta que sería unha "fita" importante para o noso programa de Radio, poder entrevistar á Sra. de Palmirez, un personaxe moi singular, que intervén no programa LUAR da Televisión Galega os venres. Precisamente aproveita este comentario para enviarnos a viñeta alusiva a esta señora. E para finalizar danos a súas "sentencias" recollidas na libretiña pequena.

Continuamos a emisión e falamos con FRANCISCO LOPEZ "Chesqui", que é o Secretario do Partido Galeguista. Chegounos esta información : Cadernos de viaxe. Castelao, primeiro Presidente de Galicia. Por Xoan Antón Pérez-Lema, e ¿quen mellor que Francisco para que nos fale dese acontecemento que cumpliu 78 anos precisamente o 15 de novembro pasado? Escoitamos a súa aportación tan amena e agradecémoslle a súa participación tan interesante.

 

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Aquí deixamos o Programa completo.


jueves, 10 de noviembre de 2022

XOVES 10 de NOVEMBRO do 2022

Outro programiña máis de "Galegos no BAIX". Comezamos coa nosa sintonía e salutacións. Escoitamos un bocadiño de música e poñemonos en contacto con SILVIA PARDO DOMÍNGUEZ, responsable de Comunicación do XANTAR 23 Salón Internacional de Turismo Gastronómico de OurenseMantemos unha conversa-entrevista na que nos pon ao corrente das novidades e propostas interesantísimas das que se poden disfrutar e degustar neste grande evento. Un acontecemento que xa celebra 23 anos de existencia. Unha novidade importante que nos resalta é a Edición Especial "Gastronomía dos Camiños". Destaca tamén os Menús Xantar 2022: Zamora, Camiños EnOugrastronómicos, O Irixo, Camiño Miñoto Ribeiro, Massachusetts-USA, Porto da Guarda, A Arnoia e Taberna Polbo Carballiño. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despedimos a Silvia e despois de escoitar outro poquiño de música, saudamos a Carlos, de "A MeixoEira Soc. Cooperativa". Parabenizámolo por veñen de recibir a Medalla de Prata no WORLD CHEESE, de Gales. Un queixo de cabra curado que por segundo ano consecutivo é premiado con esa grande distinción. Falamos dos produtos que teñen á venda, da posible adquisición dos mesmos por parte dos nosos oíntes e interesados, solicitándollelo na súa páxina de facebook. Tamén teñen distrifuidor en Barcelona. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Aproveitamos para informarlles dalgunhas noticias e informacións que nos chegaron á Redacción, mentres agardamos poder conectar co noso correspondente.

Falamos co noso colaborador e correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen che Preguntou? Felicitámolo, pola parte que lle toca, xa que celebraron unha grande Festa do Magosto coa Asociación Boca do Monte, a semana pasada. Fainos a súa crónica semanal cos "Ghústanme e Disghústanme" correspondentes ás noticias escollidas. Tamén nos envía a súa viñeta alusiva a emisión de hoxe, que ademais celebra con ela o aniversario do Carrabouxo. Agradecemos a súa participación e aportación.

A seguinte comunicación é con ANDREA, compoñente do Grupo Musical galego "A Banda da Loba". Recibímola coa súa música e parabenizámola pola "Gira por Salas", que están a realizar en diversas localidades. Precisamente a próxima fin de semana actuarán en Guadalajara e despois en Madrid. Están dando a coñecer o seu último traballo "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran precisamente aqueles lavadoiros galegos. Todos aqueles que estean interesados na súa adquisición poden poñernse en contacto con elas mediante a súa páxina abandadaloba.gal, e poderán recibilo cunha dedicatoria asinada por elas. Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.

Antes de despedirnos aproveitamos para dar a coñecer as próximas actividades propostas pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornella, nas que se inclúen o Campionato de Tute, o "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro" e as clases de música, danza gaita e outras actividades na propia Entidade.

Despedímonos desexando que teñan unha feliz semana. Ahí teñen o programa enteiro.

jueves, 3 de noviembre de 2022

XOVES 3 de NOVEMBRO do 2022

Comezamos este primeiro programa do mes dos Santos coa nosa sintonía e dándolles a benvida a tódolos oíntes e seguidores. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con Mª del Rosario Pita Villares, máis coñecida por CHARO PITA. Licenciada en Filoloxía Hispánica, Escritora, Narradora oral, Actriz e Cantante. Felicitámola e dámoslle as grazas polo agasallo que nos fixo do seu libro: "Retratos en Branco e negro". Falamos del e da súa cretividade literaria. Tamén nos obsequia coa lectura dun relato incluído no seu libro: "Minueto". Agradecémoslle a súa participación.

Continuamos coa segunda convidada, dona MÓNICA ALONSO, Artista Plástica, Licenciada e Doutora en Belas Artes, que na fin de semana pasada pronunciou o seu discurso de Admisión e Entrada na Real Academia Galega de Belas Artes. Parabenizamos a esta Fonsagradina polo seu traballo e coméntanos parte da súa intervención tan interesante, A Arte cura, que próximamente será publicada pola Diputación de Lugo. Fálanos da súa investigación relacionada coas cores... axúdanos a coñecer "un chisquiño" dese traballo tan importante. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Comezamos a segunda hora conectando novamente con Galicia para conversar con GUIDO ÁLVAREZ PARGA - Guía Oficial de Lugo,  a quen tamén felicitamos polas recentes "Viaxes-Guías" que fixo á cidade olívica, onde tivo como "axudante especial" ao gaiteiro Carlos Núñez, para ofrecer esa súa guía: "O Vigo Menos Coñecido". Tamén estivo en Pontevedra, ofrendo precisamente a "Pontevedra Menos Coñecida" e en Santiago de Compostela coa "Compostela Menos Coñecida". Fainos partícipe dunha noticia moi importante que ten moito que ver coa Muralla de Lugo. Un encargo da Deputación de Lugo que pronto verá a luz e convídanos a participar nese proxecto cunha video-gravación. Enviarémoslle-la. Moitas Grazas por todo, Guido e moita sorte en tódolos proxectos nos que estás inmerso.

A última convidada é Ánxela Rodríguez Rodríguez, coñecida polo seu pseudónimo artístico como ÁNXELA GRACIÁN, Licenciada en Filoloxía Hispánica, Escritora, Traductora e Crítica Literaria. Aproveitamos para felicitala por ese libro que está a ter unha grande repercusión "Paisaxes de pan". Tratamos de que nos faga un pequeno adianto del; tamén nos fala da presentación que hai uns días tivo no Marco de Vigo, acompañada do Profesor don Xesús Alonso Montero. Un pracer poder conversar con esta autora que próximamente poderemos saudala persoalmente e disfrutar da súa presencia, porque participará no Xurado do "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornella".

E despedímonos desexesando que disfruten dunha feliz semana e deixamos aquí o programa enteiro.