jueves, 10 de noviembre de 2022

XOVES 10 de NOVEMBRO do 2022

Outro programiña máis de "Galegos no BAIX". Comezamos coa nosa sintonía e salutacións. Escoitamos un bocadiño de música e poñemonos en contacto con SILVIA PARDO DOMÍNGUEZ, responsable de Comunicación do XANTAR 23 Salón Internacional de Turismo Gastronómico de OurenseMantemos unha conversa-entrevista na que nos pon ao corrente das novidades e propostas interesantísimas das que se poden disfrutar e degustar neste grande evento. Un acontecemento que xa celebra 23 anos de existencia. Unha novidade importante que nos resalta é a Edición Especial "Gastronomía dos Camiños". Destaca tamén os Menús Xantar 2022: Zamora, Camiños EnOugrastronómicos, O Irixo, Camiño Miñoto Ribeiro, Massachusetts-USA, Porto da Guarda, A Arnoia e Taberna Polbo Carballiño. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despedimos a Silvia e despois de escoitar outro poquiño de música, saudamos a Carlos, de "A MeixoEira Soc. Cooperativa". Parabenizámolo por veñen de recibir a Medalla de Prata no WORLD CHEESE, de Gales. Un queixo de cabra curado que por segundo ano consecutivo é premiado con esa grande distinción. Falamos dos produtos que teñen á venda, da posible adquisición dos mesmos por parte dos nosos oíntes e interesados, solicitándollelo na súa páxina de facebook. Tamén teñen distrifuidor en Barcelona. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Aproveitamos para informarlles dalgunhas noticias e informacións que nos chegaron á Redacción, mentres agardamos poder conectar co noso correspondente.

Falamos co noso colaborador e correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen che Preguntou? Felicitámolo, pola parte que lle toca, xa que celebraron unha grande Festa do Magosto coa Asociación Boca do Monte, a semana pasada. Fainos a súa crónica semanal cos "Ghústanme e Disghústanme" correspondentes ás noticias escollidas. Tamén nos envía a súa viñeta alusiva a emisión de hoxe, que ademais celebra con ela o aniversario do Carrabouxo. Agradecemos a súa participación e aportación.

A seguinte comunicación é con ANDREA, compoñente do Grupo Musical galego "A Banda da Loba". Recibímola coa súa música e parabenizámola pola "Gira por Salas", que están a realizar en diversas localidades. Precisamente a próxima fin de semana actuarán en Guadalajara e despois en Madrid. Están dando a coñecer o seu último traballo "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran precisamente aqueles lavadoiros galegos. Todos aqueles que estean interesados na súa adquisición poden poñernse en contacto con elas mediante a súa páxina abandadaloba.gal, e poderán recibilo cunha dedicatoria asinada por elas. Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.

Antes de despedirnos aproveitamos para dar a coñecer as próximas actividades propostas pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornella, nas que se inclúen o Campionato de Tute, o "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro" e as clases de música, danza gaita e outras actividades na propia Entidade.

Despedímonos desexando que teñan unha feliz semana. Ahí teñen o programa enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario