jueves, 17 de diciembre de 2020

XOVES 17 de DECEMBRO do 2020

Este último programa de "Galegos no BAIX" comezámolo chamando a un grande da nosa cociña galega: "JAVIER OLLEROS" do Restaurante "Culler de Pau", no Grove, que ven de recibir a segunda Estrella Michelín. Felicitámolo e charlamos-entrevistamos a este grande "Chef" que nos encandila coa súa conversa. Mágoa non ter máis tempo para seguir escoitando as súas propostas gastronómicas. Felicitámolo e desexámoslle que siga colleitando éxitos. Foi un pracer e un privilexio telo no noso programa de hoxe.

Continuamos o programa conectando con MARTA CASTRO, da Adega familiar "Lagar de Pintos". Esta é a filla de don José Basilio Castro Pintos, que foi o que nos facilitou o seu contacto. Fainos un pequeno percorrido pola traxectoria desta adega centenaria. Catro xeracións de adegueiros, nada no ano 1887 e que hoxe en día segue a ofrecer uns viños Albariños de grande calidade. Infórmanos con claridade deses caldos, dos blancos reserva, da súa maridaxe... ¡Moitas grazas, MARTA! por deixernos conversar contigo. Foi un pracer e unha honra para nosoutros terte no noso humilde programa.

Agora dámoslle paso ao noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? na que recolle os seus "Ghústanme e Desghústanme" tan axeitados cos que nos fai saber das noticias de Galicia dunha forma moi singular. Finaliza cunha descrición retranqueira de cómo se poden valorar os accidentes segundo o nivel. Tamén nos enviará a súa aportación viñetista relacionada con algunha intervención do programa de hoxe.


Entrevistamos agora ao grande RUBÉN RIÓS. Felicitámolo polo excelente traballo de dirección e producción Película - Documental "Camiñantes do noso", unha miniserie que está acadando moitísimos éxitos e que se pode escoitar e disfrutar no youtube ademais. Este venres ás 21 horas poderase ver un dos capítulos tamén. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos e facéndonos disfrutar coas súas propostas que nos enchen de satisfacción e fannos sentirnos máis orgullosos "do noso", tal e como el mesmo nos amosa con esas publicacións. ¡Moitísimas grazas, Rubén Riós!

E así rematamos este último programa do 2020, desexándolles unhas 

¡Moi Felices Festas de Nadal e que teñan un ventureiro Aninovo 2021!

jueves, 10 de diciembre de 2020

XOVES 10 de DECEMBRO do 2020

Novamente outro xoves máis con todos vosoutros para tentar de que teñan dúas horas de Radio en galego, entretidas e amenas. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con Ledicia Costas, grande escritora galega que ben de recibir o Premio das Letras da Cultura Galega 2020. Felicitámola e conversamos con ela da súa traxectoria e dos seus traballos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Continuamos o programa e conectamos outra vez con Galicia para falarmos con Carlos Blanco Vila, ese grande actor, humorista, monologuista galego, que nos recibe moi amablemente e tentamos facerlle algunha pregunta para coñecelo un chisco máis e aprendendo moitas cousas que nos transmite coa súa afable conversa. Está acompañado de Uxía, outra grande cantautora galega, que aproveitamos tamén para recibila e agradecerlle que nos dediquen uns minutiños para poñernos ao corrente de cómo afronta as próximas datas e acontecementos. Recibimos con agarimo as súas aportacións de hoxe e despedímolos a ámbolos dous ate unha vindeira data. ¡Que teñan moitos e grandes éxitos!



Comezamos a segunda hora conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que ten preparada a súa crónica semanal aproveitando as escollas dos seus "Me Ghustan" e "Desghústanme" cheos de intencionalidade retranqueira. Temán nos envía a súa aportación creativa, en forma de viñeta, que colocamos neste noso blog, para todos vostedes.

Finalizamos conversando con Lydia Botana, esa grande cantautora que nos comenta cómo está afrontando esta situación pandémica e cómo vai actuando nalgúns espazos con moitísima precaución e en moi poucos lugares, se o comparamos coas grandes e diversas actuacións noutros momentos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Cóidense moito!

jueves, 3 de diciembre de 2020

XOVES 3 de DECEMBRO do 2020

Comezamos este programa de hoxe conectando con Galicia, concretamente co Ribeiro de Ourense, para falarmos do responsable da ADEGAS LOEDA, don Damián Varela. Agradecémoslle a súa amable atención e mantemos con el unha pequena conversa arredor da súa Adega e dos viños que ofrecen. Para os interesados indicanos a sú páxina Web, e tamén o seu facebook, por se lles apetece meracar algún dos seus produtos, aínda que reomenda ese "pack de Nadal" con moi bon prezo e que acompaña con dous agasallos : un sobre con lonchas de xamón ibérico e unha lata de berberechos.

 

A segunda intervención-entrevista é con Lupe Gómez Arto, para falarmos cunha escritora-poeta que ven de acadar o 1º Premio do "XXXIV Certame de Rosalía de Castro de Cornellà". ¡Moitos parabens Lupe! Que sigas colleitando moitos éxitos máis. Despois de manter unha pequena conversa distendida con ela, despedímola desexando poder voltar a falar con ela para que nos declame algún dos seus versos.

Despois, na segunda hora comunicámonos con Guadi Galego, esa cantautora galega que se toma unha pausa na proba de son para unha Gala que están preparando precisamente para esta mesma tarde, xunto con outros artistas. Agradecémoslle a sçua atención. Fálanos do seu CD, da posible volta á Aldea, da riqueza da comunicación no noso idioma... Unha conversa distendida e chea de engado. Disculpámonos por non poder ofrecerlles ese fermoso traballo que leva por título: "COSTURAS". Fálanos da súa creación, e de cómo se recopilou e gravou. Tamén nos remite á súa páxina para que poidan mercalo e disfrutalo. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.

Finalizamos o programa coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU? Fainos un percorido pola noticias escollidas que reflexa nos seus "Me Ghustan" e "Desgústanme". Tamén nos fai partícipe dunhas "caralladas" relacionadas con algo humorístico e retranqueiro. Tamén nos envía a súa creación artística, en forma de "viñeta" alusiva a algunha parte da emisión de hoxe. ¡Moitas Grazas, Xosé Manuel!

E despdímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Cúidense moito e sexa felices!