jueves, 10 de diciembre de 2020

XOVES 10 de DECEMBRO do 2020

Novamente outro xoves máis con todos vosoutros para tentar de que teñan dúas horas de Radio en galego, entretidas e amenas. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con Ledicia Costas, grande escritora galega que ben de recibir o Premio das Letras da Cultura Galega 2020. Felicitámola e conversamos con ela da súa traxectoria e dos seus traballos. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Continuamos o programa e conectamos outra vez con Galicia para falarmos con Carlos Blanco Vila, ese grande actor, humorista, monologuista galego, que nos recibe moi amablemente e tentamos facerlle algunha pregunta para coñecelo un chisco máis e aprendendo moitas cousas que nos transmite coa súa afable conversa. Está acompañado de Uxía, outra grande cantautora galega, que aproveitamos tamén para recibila e agradecerlle que nos dediquen uns minutiños para poñernos ao corrente de cómo afronta as próximas datas e acontecementos. Recibimos con agarimo as súas aportacións de hoxe e despedímolos a ámbolos dous ate unha vindeira data. ¡Que teñan moitos e grandes éxitos!



Comezamos a segunda hora conectando co noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que ten preparada a súa crónica semanal aproveitando as escollas dos seus "Me Ghustan" e "Desghústanme" cheos de intencionalidade retranqueira. Temán nos envía a súa aportación creativa, en forma de viñeta, que colocamos neste noso blog, para todos vostedes.

Finalizamos conversando con Lydia Botana, esa grande cantautora que nos comenta cómo está afrontando esta situación pandémica e cómo vai actuando nalgúns espazos con moitísima precaución e en moi poucos lugares, se o comparamos coas grandes e diversas actuacións noutros momentos.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Cóidense moito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario