jueves, 29 de junio de 2017

Xoves, 29 de XUÑO doi 2017

Comezamos o programa escoitando unha peciña musical para conectar con Galicia, concretamente con don DAVID DORADO, un grande artesán afincado en San Román de Cervantes (Os Ancares, para máis señas). Fálanos da súa experiencia como autor e creador de pezas artesanais moi ben elaboradas que se poden apreciar na súa páxina web: https://artesaniachavello.com/


Despois conectamos con don FELICÍSIMO PEREIRA, Presidente da D.O. Ribeiro, con quen falamos da recente Festa que veñen de celebrar no Mosteiro de San Clodio, para entregar os Premios D.O.Ribeiro. Tamén nos comenta un chisco as recentes presentacións de viños en Madrid, das diferentes distincións que recibiron ultimamente, da IVª Edición do Festival Ribeiro Son de Viño que se celebrará en San Vicente do Mar o próximo 15 de xullo. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el para que nos siga informando das novidades do Ribeiro.


A segunda hora encétaa o noso correspondente, en Monforte XOSÉ MANUEL FERNANDEZ MONTES, que sempre ten preparados os seus Me Ghustan e Non me Ghustan e acaba enviándonos as súas recomendacións para disfrutar dalgún acontecemento ou Festa Galega de prestixio. Tamén nos envía a súa creación a modo de viñeta-dibuxo,coa que sempre nos agasalla.


Despois voltamos a conectar con Galicia para falar con don JORGE ISLA, da D.O. Valdeorras, que nos informa da "XX Feira do Viño de Valdeorras", prevista para a fin de semana do 15 e 16 de xullo vindeiros. Agradecémoslle a súa aportación ao noso programa e comprometémonos voltar a conectar con el para estar ao día das novidades que se vaian producindo.


E acabamos este programa fina de tempada, desexándolles que pasen un ¡¡¡ FELIZ VERÁN !!!

sábado, 24 de junio de 2017

XOVES 22 de xuño do 2017

Unha nova emisión deste noso programiño, en lingua galega, penúltimo desta tempada. Comezamos dándolle a ben.vinda a don MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, un dos primeiros comunicadores da radio galega en Catalunya, fundador da A.C.G.Rosalía de Castro e grande colaborador noso. A seguir conectamos con UBALDO Pérez, do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo, 76-78 de BCN, que como cada ano teñen previsto realizar unha Verbena de San Xoan, chea de gastronomía de grande calidade, acompañada de coca e cava xunto coa música galega para tódolos asistentes.


Conectamos con Galicia para falar con MARTA DACOSTA, poeta e filóloga galega que nos fala da súa traxectoria como escritora e da súa ultima publicación : "Na casa da avoa", que ven de presentar e diversas localidades galegas. Agradecémoslle a súa amable atención.




Encetamos a segunda hora conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL Fernández MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou? e comeza a súa intervención cos seus ME GHUSTAN e NON me GHUSTAN, e finaliza coas frases retranqueiras de O galego éche así. Tamén nos aproveitamos da súa creación relacionada coa Verbena do San Xoan.


A ultima intervención é con MARTIÑO MASEDA, Licenciado en Filoloxía, escritor e poeta, a quen felicitamos por ter acadado un premio literario no País vasco e aproveitamos para facerlle algunhas preguntas sobre a súa traxectoria e recentes traballos. Un pracer poder conversar con el. Seguiremos en contacto. Graciñas.


A vindeira semana voltaremos, Non deixedes de sintonizarnos.


viernes, 16 de junio de 2017

Xoves 15 de XUÑO do 2017

Un programiña máis, con todos vosoutros. a primeira comunicación que tiñamos previsto era co Profesor e Gaiteiro OSCAR IBAÑEZ, pero tivemos certos atrancos e non nos foi posible comunicarnos con el, para que nos falara desa Homenaxe a Carlos Portela e do seu traballo. Prometemos voltar a intentalo en vindeiras ocasións, e si é posible no próximo programa do xoves que ven.


Ofrecémosvos escoitar unhas pezas musicais e conectamos con Galicia, para falar con don LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, Alcalde do Concello de Sober. Un grande defensor e traballador pola Ribeira Sacra. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa.


Novamente un bocadiño máis de música e conectamos outra vez con Galicia, para falar con don ARMANDO REQUEIXO, con quen xa temos conversado noutras ocasións, pero abusamos da súa amabilidade para que nos ilustre coa súa disertación sobre literatura e libros así como as súas acertadísimas indicacións e recomendacións sobre o qué sería acosellabel ter á man este verán, para entreternos, aprender, ler e divertirnos un chisco. Prometémonos facerlle unha visita persoal cando vaiamos á Terra.


Seguimos escoitando música e voltamos a Lugo para falar con don ALFONSO MÍGUEZ, CHEF-Cociñeiro do Restaurante Manuel-Manuel, na rúa Monte Faro, 19, xunto ao Parque da Milagrosa. A conversa xira arredor do traballo que ven desempeñando con grande éxito dende fai moitos anos e que lle da fama a ese Restaurante de grande sona en Lugo. Agradecémoslle a súa participación no noso humilde programa e falamos de poder saudarnos persoalmente no verán, aproveitando o lecer das vacacións, si é posible, claro.


Desexamos que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves e graciñas por escoitarnos.

jueves, 8 de junio de 2017

XOVES 08 de XUÑO do 2017

Unha emisión máis, en galego, durante dúas horiñas, tentando entretervos con música, novidades, colaboracións e entrevistas interesantes. A primeira entrevista é con dona MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos pon ao corrente de certas novidades moi interesantes para os que padecen o AME, con certas esperanzas para poder facer uso dunha medicina recentemente autorizada e que pronto poderán dispoñer dela: SPINRAZA. Felicitámola polos éxitos que siguen acadando.

A segunda intervención, participación, é con DIVINA CASTELO, responsable da Empresa Champivil,S.L., empresa galega dedicada a envasar productos autóctonos e naturales de Galicia. Fainos unha panorámica moi detallada de tódolos productos que teñen á venda. Poden dirixirse á súa páxina web: //champivil.com/ e mercar os seus productos, entre os que destacamos, como máis curiosos, a cervexa de grelos e as estrugas. Desexámoslles moitos éxitos.

A segunda  hora comeza coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, por parte de XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Despois dos seus "Me Gusta e Non me Gusta" de rigor semanal, envíanos uhas "galegadas" retranqueiras que seguro teñen o seu engado, que el denomina: O galego éche así.

A ultima conexión é con dona CRISTINA ALCALÁ, Xerente do Consello Regulador da D.O. RIBEIRO, que nos da cumprida información das novas relacionadas co viño Ribeiro e tamén nos fala do : RIBEIRO SON DE MÚSICA "IV Festival de Música Viño e Música", que se celebrará o vindeiro 15 de xullo en San Vicente do Mar. Tamén aproveita para informarnos dos diferentes Premios que se entregarán o vindeiro día 20 de xuño no Mosteiro de San Clodio, con motivo dos Premios Ribeiro 2017. Agradecémoslle a súa amable atención en comprometémonos a voltar a conectar con ela, en vindeiras datas, para que nos faga as valoracións pertinentes despois dos acontecementos e celebracións que realizarán. 

A vindeira semana prometemos voltar, con máis música e máis novidades. Non faltedes!!!

jueves, 1 de junio de 2017

Xoves 01 de XUÑO do 2017

Comezamos o mes de xuño cun programiña máis en galego. A primeira comunicación-entrevista é con don XABIER MOURE, Antropólogo pertencente ao "Colectivo Patrimonio dos Ancares" que nos pon ao corrente das recentes descubertas que fixeron en Cervantes a comezos do mes pasado así como doutros temas moi interesantes relacionados co Patrimonio. Unha conversa moi ilustrativa e chea de ensino.

A segunda conexión é con Galicia, novamente, para falar con AIDA Tarrío, do Grupo musical galego "Tanxugueiras" que nos atende moi amablemente e conversamos sobrea a súa traxectoria e éxitos recentes así como dos proxectos que teñen en marcha e que verá a luz o próximo ano 2018. Felicitámolas e desexámoslles que sigan tendo moitos éxitos.


Nestas segunda hora conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, monforte, don Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparadas unha serie de informacións e Me Gustan - Non Me Gustan, cos que nos fai compartir as súas inquedanzas. E como cada semana ahí nos envía a súa creación artística que "copiamos" aquí mesmo. 


Para finalizar conectamos con CARMEN PENIN, de "2na Fronteira" que ten xa casi finalizado ese traballo tan interesante que leva por título HERDEIRAS, e do cal nos fai "cinc centims" moi detallados sobre a participación dos grandes colaboradores cos que contou. Agradecémoslle a súa aportación e desexámsolle moitos éxitos. Seguiremos informando.


Desexamos que pasen unha feliz semana. Non deixedes de sintonizarnos, que voltaremos o vindeiro xoves.