sábado, 24 de junio de 2017

XOVES 22 de xuño do 2017

Unha nova emisión deste noso programiño, en lingua galega, penúltimo desta tempada. Comezamos dándolle a ben.vinda a don MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, un dos primeiros comunicadores da radio galega en Catalunya, fundador da A.C.G.Rosalía de Castro e grande colaborador noso. A seguir conectamos con UBALDO Pérez, do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo, 76-78 de BCN, que como cada ano teñen previsto realizar unha Verbena de San Xoan, chea de gastronomía de grande calidade, acompañada de coca e cava xunto coa música galega para tódolos asistentes.


Conectamos con Galicia para falar con MARTA DACOSTA, poeta e filóloga galega que nos fala da súa traxectoria como escritora e da súa ultima publicación : "Na casa da avoa", que ven de presentar e diversas localidades galegas. Agradecémoslle a súa amable atención.




Encetamos a segunda hora conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL Fernández MONTES, encargado da sección Quen che Preguntou? e comeza a súa intervención cos seus ME GHUSTAN e NON me GHUSTAN, e finaliza coas frases retranqueiras de O galego éche así. Tamén nos aproveitamos da súa creación relacionada coa Verbena do San Xoan.


A ultima intervención é con MARTIÑO MASEDA, Licenciado en Filoloxía, escritor e poeta, a quen felicitamos por ter acadado un premio literario no País vasco e aproveitamos para facerlle algunhas preguntas sobre a súa traxectoria e recentes traballos. Un pracer poder conversar con el. Seguiremos en contacto. Graciñas.


A vindeira semana voltaremos, Non deixedes de sintonizarnos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario