viernes, 26 de junio de 2020

XOVES 25 de XUÑO do 2020

Ultimo programa desta tempada 2019-2020, que comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peza de música titulada "Ardendo" precisamente do CD dese mesmo nome, que pertence ao cantautor MARTIN MAEZ, con quen imos a falar nesta pequena conversa-entrevista que nos concedeu, e na que nos comenta parte da súa traxectoria musical e os proxectos para as vindeiras datas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


A seguinte intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? con informacións escollidas e moi interesantes para todos nós. Foi un pracer contar coa súa colaboración e disfrutar coas súas creacións artísticas, que nos enchen de orgullo e aumentan o prestixio desta nosa humilde emisión radiofónica. Enviámoslle os nosos mellores desexos para estas vacacións. 


E para finalizar conectamos novamente con Galicia para falarmos con Xosé Lois Romero, que nos fala do seu ultimo CD "LATEXO", publicado co título "Xose Lois Romero & Aliboria". Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos nos próximos concertos e presentacións vindeiras, que seguro poderán ofrecer neste verán. 


Despedímonos de todos vosoutros ate a vindeira tempada, que comezaremos posiblemente o vindeiro mes de Setembro ou Outubro, dependendo de cómo se vaian sucedendo os acontecementos. Cúidense moito.
¡Que teñan unhas felices vacacións! e 
¡Que volvamos a escoitarnos! 
¡Non deixen de sintonizarnos! 
¡Sexan Felices!

jueves, 18 de junio de 2020

XOVES 18 do mes de SAN XOAN do 2020

Un programiña máis, coa proposta gravada mediante as novas tecnoloxías, primeiro fixemos cunha videoconferencia cos colaboradores e participantes, e despois introducimos algunha que outra peciña musical e enlazamos todo o contido para disfrute dos nosos oíntes e seguidores.
A primeira intervención deste programa de hoxe é a do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos presenta ao seu convidado especial, dona MARICARMEN YAÑEZ, Alcaldesa  do Concello de Lobios, coa que mantemos unha conversa-entrevista moi entretida, con informacións e novidades interesantes que se porán en marcha nese Concello. Agradecémoslles a súa participación.

Despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con ALEJANDRA PLAZA, que descubrimos no facebook pola proposta tan interesante de facer unha SARDIÑADA Internacional, promovida pola EMBAIXADA.gal. Comentamos con ela este evento e algunhas cousiñas máis. Agradecémoslle as informacións que nos deu e desexámoslles moitos éxitos.

Outro bocadiño de música, concretamente da propia cantautora que entrevistamos: M.J. Pérez, que nos recibe moi amablemente e fálanos da súa traxectoria musical e do recente traballo publicado, así como dos proxectos para o futuro e finalizamos coa peza musical: A luz prendida, do seu ultimo CD que todos podedes escoitar tamén en youtube, cun videoclip que acaba de facerse público: ¡Moitas grazas M.J.Pérez!

Finalizamos este programa de hoxe desexando que pasen unha feliz semana.

viernes, 12 de junio de 2020

XOVES 11 de XUÑO do 2020

Outro programiña máis "enlatado" que lles ofrecemos dende o confinamento, pero con ganas de que sexa unha aportación interesante para tódolos nosos oíntes e seguidores. A primeira comunicación é con XOAN CURIEL, un cantautor que moi amablemente nos atende e comentamos con el, non só a situación actual senón tamén parte da súa traxectoria como cantautor e outras facetas interesantes, precisamente aproveitamos as súas creacións musicais para escoitalo ao comezo e ao final desta pequena intervención-entrevista que nos concedeu. ¡Moitas grazas Xoan e Moitos éxitos!


A segunda conversa-entrevista é cunha grande amiga, á qeu xa tivemos en anteriores ocasións na nosa emisión: BEATRIZ VILA FREIREdelegada da Asociación Provincial de Hostelería e Turismo en Monforte de Lemos. Fainos partícipe da súa positividade con relación as propostas e posibilidades de posta en valor das oportunidades que ten a Ribeira Sacra para acadar unha boa estancia e disfrutar dunhas vacacións inesquecibles. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.


E para finalizar escollemos outra chamada máis a Galicia, para falar con EMILIO RUA, outro cantautor moi aprezado e que nos amosa a súa creatividade musical chea de engado, que poñemos precisamente ao comezo e ao final da entrevista. Fálanos de que uns días antes do estado de alarma, estivo actuando precisamente en Barcelona, e que se truncaron as espectativas de concertos e demais actuacións por culpa desta pandemia que nos afecta a todos. Desexamos que pronto academos a normalidade e poidamos voltar a xuntarnos e escoitarnos en directo. Que teñas moitos éxitos EMILIO e que pronto volvan os directos interpretativos para todos.


A vindeira semana prometémoslles moitas máis novidades, máis música, entrevistas e desexos de aprender e disfrutar con todos vostedes. ¡Sexan felices!

jueves, 4 de junio de 2020

Xoves 4 de XUÑO do 2020



Seguimos coa nosa emisión de "Galegos no BAIX-Confinados" pero confiados, porque estamos seguros que sodes moitos os nosos oíntes e seguidores e desexamos que todos esteades ben. Comezamos a nosa primeira grabación chamando a os compoñentes (Laura Santos, Jairo e o Presidente don Xosé Canosa) da Asociación Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia" en Santa Coloma de Gramanet, que nos reciben moi amablemente e aproveitamos para felicitalos polo seu aniversario: ¡Moitos parabens! Mantemos unha conversa moi agradable e infórmannos das moitas actividades e accións que estiveron levando a cabo para celebrar o seu Aniversario, a pesar das dificultades, pero que ademais seguirán traballando e aportando o seu grauciño de area para o benestar da sociedade da súa cidade onde residen. Agradecémoslle a súa intervención neste noso programa de hoxe.


Despois de escoitar un bocadiño de música trasladámonos a Galicia, concretamente a Ourense, para entrevistar e falar co noso amigo MANOEL CARRETE, que ten unha morea de cousas que contarnos, e seguro que tódolos nosos oíntes e seguidores apreciarán.



A seguinte intervención-chamada é cunha das persoas á que lle temos que agradecer moi encarecidamente a súa participación no noso programa:
GUIDO ALVAREZ, Guía Oficial da Provincia de Lugo. Falamos con el e entrevistámolo para que nos explique algunha das súas propostas "renovadas" e actualizadas que teñen moito que ver coa nova situación e realidade que se presenta a partir dagora. Desexámoslle moitos éxitos.





A ultima chamada é co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, dende Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, para que nos encha de contido a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? Ademais recibimos unha viñeta que publicou no xornal de "Galicia

Confidencial", pero que ven moi a xeito pola coincidencia dalgunha das novidades que comentamos na emisión de hoxe. ¡Moitas Grazas! 


E finalizamos desexándolles que teñan unha feliz semana.

lunes, 1 de junio de 2020

XOVES 28 de MAIO do 2020

Este programa foi grabado para poder emitilo o XOVES 28 deste mes de MAIO, pero por circunstancias diversas non se puido incluir na programación oficial e emitiuse durante a hora da emisión do domingo "Vull ser jove". De tódolos xeitos aquí volo entregamos diseccionado coas intervencións correspondentes de cada un dos participantes. Pedímosvos disculpas polos erros que vimos tendo ultimamente. Esto do "Confinamento" fainos ter algo de desconcentración e precisión. Prometemos mellorar e ofrecervos unha mellor emisión con moito mellor sonido e máis contidos.
Armando-Xulio
Radio SANT BOI
A primeira intervención deste programa foi unha conversa-entrevista co noso admirado Director-Técnico ISRAEL CORDÓNL, da sección "El Momento Inútil", que nos axuda a confeccionar o noso programa e que ademais confirma as inquedanzas, que compartimos, da celebración do "40 Aniversario de RADIO SANT BOI". Seguro que nunhas datas próximas estaremos todos celebrándoo. Agradecémoslle a súa amable atención e axuda técnica para poder ofrecervos o noso programa.


Despois conectamos co noso Director de Radio Sant Boi don Josep Pallarés, que nos comenta a anulación da prevista Gala de celebración do "40 Aniversario" da inauguración desta Radio Municipal. Xa tiña preparadas varias intervencións de sona na cidade, pero están todas anuladas; de tódolos xeitos quedan anotadas na Axenda para poder celebralas en vindeiras datas.

Armando-Couxil e KIKE
A continuación conectamos con Galicia para falarmos co noso correspondente en Becerreá Henrique Fernández-Mon Sánchez (Kike para os amigos), que nos fai unha pequena semblanza da súa primeira participación nesta nosa Radio alá polos comezos, para presentar precisamente a posta en marcha da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro" de Cornellà.


Armando, un servidor e Xosé Manuel
E finalizamos a emisión de hoxe, despois de escoitar algunha peciña musical, coa conexión semanal co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que nos fai a súa crónica do "Quen che Preguntou?".


A vindeira semana prometémonos ser máis puntuais e evitar os erros. Seguro que melloraremos e tamén teremos moitas máis novidades interesantes. ¡Que sexan felices!