jueves, 12 de noviembre de 2026

XOVES 12 de NOVEMBRO do 2026

Unha nova entrega deste programa "Galegos no BAIX". Dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía, salutacións aos nosos escoitantes e seguidores, un bocadiño de música e recibimos ao primeiro convidado: DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, Cociñeiro CHEF no Hotel-Balneario Caldaria, en Lobios. Coméntanos algunhas das cousas que está preparando. Impartirá unha clase mestra de conciña la localidade de Láncara este mesmo sábado con motivo do "II Showcooking da castaña". Cociñará varios pratos confeccionados todos con castaña. Tamén nos comenta que asistirá a unha Feira que se celebrará en Forcarei o próximo día 5 de decembro. A súa asistencia, este ano no Salón Xantar de Ourense será participando nun concurso de pratos de castañas do Grupo Cuevas. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda intervención-entrevista é con FELIPE, da Vivenda Rural "A Casa da FEIRA" https://www.casadafeira.com/ no lugar da Portaxe, 9 - San Martiño-Lobios, que participan nos "OUTONOS GASTRONÓMICOS" de Turismo Galicia. Coméntanos as posibilidades de poder disfrutar dunha fin de semana, de lecer e descanso nos seus aposentos, degustando os menús que ofrecen no Outono Gastronómico, con prezos moi asequibles. Esta Casa é unha construcción do ano 1874, restaurada e moi ben acondicionada. O entorno fantástico que se pode visitar pertence á Reserva da Biosfera Gerés-Xurés. Desexamos que teñan grande afluencia de clientes.

Falamos con PABLO GARCÍA VIVANCO, que nos informa da próxima celebración do "Festival Rio Lonxevidade" que se realizará os días 13 e 14 de novembro na localidade de San Xoan de Río. Entre outros varios actos está incluida unha homenaxe á doutora GRACIELA ESTELA VARELA, médica arxentina especialista en medicina de precisión aplicada á lonxevidade e á saúde cognitiva. Máster en Microbiótica Humana e en Fitoterapia Aplicada. Mantemos unha cativa conversa distendida, coa doutora Graciela. Agradecémoslle a súa participación. Desexámoslles moitos éxitos nas xornadas deste venres e sábado. Procuraremos voltar a falar con eles para saber máis dese evento.


Graciela Estela

Recibimos a crónica do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ MANUEL F. MONTES, que sempre nos ten preparada unha colaboración moi interesante.

Entrevistamos a IVAN IGLESIAS, comunicador e creador de contidos audiovisuais, Director de OU Ké! un sitio Web de Noticias e Comuncación en Ourense. Pertencen a AMEGA. Unha forma especial e diferente de informar e comunicar. Dispoñen duns estudios para poder alugar, así como tamén son produtores de videos e podcats. Teñen un equipo de traballo moi profisional. Contan coa sección "Cando Queiras TV" para ver todo á carta. A produtora e os estudios de podcast xa. O seu traballo informativo está moi centrado na sociedade, na cultura, na política, no deporte e na opinión. Sempre con veracidade e información contrastada. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle que teña moito éxito.

Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario