jueves, 21 de abril de 2016

XOVES 21 de ABRIL do 2016

Comezamos o programa de hoxe escoitando unha peza musical galega, para darlles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. A primeira comunicación con Galicia é para falar con XOSÉ LUÍS MUÑOZ COSTA, un cociñeiro de Hospitalet afincado en Sàrria, con quen fai un tempo xa falarmos, pero nesta ocasión a conversa xira entorno a súa nova faceta de Empresario xa que se establecerá en SAMOS, concretamente no Hostal Costa-Vitoria, para rexentalo xunto con súa irmá. Felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos nesa nova andaina.

Despois de escoitar unha nova peza musical falamos con UXÍA, unha das voces femininas máis valoradas e que mellor nos representan no eido musical galego. Amablemente nos recibe e agradecémoslle a súa colaboración e aportación.

Na segunda hora chamamos a don MANUEL ÁLVAREZ, da Asociación "Antaruxas e Sorteiros" en A Fonsagrada, que nos pon ao corrente das novidades e actuacións previstas por esta Entidade que tanto está a traballar pola nosa Cultura.

Pa finalizar chamamos a RICARD ROS, que nos informa da súa colaboración con FERNANDO BARROSO, no seu ultimo disco INTROPÍA, e das moitas actividades que desenrola no seu ambiente musical e de Grupos. Agradecémoslle a súa atención, e voltaremos a comunicarnos con el.

A vindeira semana, máis. Non faltedes, agardámosvos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario