jueves, 13 de junio de 2019

XOVES 13 de XUÑO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros. Comezamos escoitando unha peza musical do Grupo "De Ninghures", precisamente para darlle a ben-vinda a Aldara Palmeiro Pazos, violinista e fermosa voz deste grupo musical. Aténdenos moi amablemente e coméntanos a composición deste grupo, as diversas actuacións realizadas, algún que outro Premio de certa importancia acadado (2º Premio no Festigal-2019), e previsións de próximos concertos, asi como outros detalles deste Grupo tan interesante. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.

Despois falamos coa "Poeta Labrega" Ana Vila Portomeñe, que nos pon ao corrente da súa traxectoria creativa e literaria. Agasállanos coa lectura de varios poemas recollidos en sendos libros publicados por ela mesma. Foi unha honra poder escoitala e disfrutar das súas creacións poéticas, en directo.

A seguir conectamos novamente con Galicia, concretamente coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos ten preparada a súa crónica semanal relacionada con curiosidades e  acontecementos daquela zona.

E finalizamos a emisión de hoxe felicitando á nosa amiga Merchi Alvarez Fernández, Presidenta da Asociación GALICIAME. Acaban de realizar a "IV Andaina solidaria de Galiciame" cos de Corvillon Xironsa na que participaron máis de catrocentas persoas, e tiveron de padriños aos locutores da TVG Xosé Ramón Gayoso e Diana Nogueira. As actividades que están a preparar dende a Asociación van camiño de acadar moitos éxitos e posiblemente consigan que a Sanidade pública se faga cargo dos Fisioterapeutas que precisan as persoas que padecen a Atrofia Muscular Espinal. Ogallá cheguen a bon fin esas negociacións.

E así foi o programa de hoxe. Agardamos que o vindiero xoves volten a conectar con nosoutros, para disfrutar doutras dúas horiñas de radio en galego. ¡Sexan Felices!

No hay comentarios:

Publicar un comentario