jueves, 22 de mayo de 2014

XOVES 22 de maio do 2014

Un programiña máis, con vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego, con música, entrevistas e novidades. Comezamos coa audición dunha peza de música tradicional galega e de seguida conectamos con Galicia para falarmos cun músico nado en A Fonsagrada, pero residente en Santiago de Compostela: XOAN CURIEL, que nos atende moi amablemente. Facemos un pequeno percorrido pola súa traxectoria musical e artística, chea de creacións e premios. Agradecémoslle a súa aportación e comunicación e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga informando das súas inquedanzas e traballos.

Comentamos algunhas das novidades e informacións diversas que nos chegan á Redacción da nosa emisión e voltamos a escoitar algunha peza musical máis.

Na segunda hora conectamos con Galicia novamente, concretamente con AITOR, un dos responsables do Restaurante CASA de CURRO, en Baralla. Fálanos do seu establecemento e das posibilidades de poder degustar dos bos menús e manxares que ofrecen aos seus clientes. Xa é a segunda vez que nos atenden e fainos unha pormenorizada descripción dos boas viandas que podemos degustar, especialmente as carnes da zona, a merluza de Celeiro, os postres caseiros e o viño con D.O.Monterrei, elixido por eles mesmos e marca distintiva da casa. Agradecémoslle a súa amable conversa e prometémonos saudalo persoalmente e visitalo no seu Restaurante cando vaiamos pola Terra.

Despois de escoitar a "SONDESEU", voltamos a conectar con Galicia, para falar con SAMUEL, da Asociación Cutural e Recreativa de Beade, en Vigo. Mantemos unha conversa-entrevista relacionada coa "29 FESTA-FEIRA da CEREIXA" desa localidade, que celebrarán dende o día 31 deste mes ata o día 8 de xuño. Felicitámolos polas moitas actividades que están organizando e desexámoslle moitos éxitos.

Despedímonos lembrándolles que este noso programa re-emítese os domingos de 1h a 3h do serán. Agardamos que volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario