Un programiña máis de dúas horiñas de radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións correspondentes, escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con MARÍA SOLAR, Periodista, Presentadora e escritora. Presenta o programa cultural ZigZag da TVGalega. Parabenizámola pola publicación do libro recentemente premiado por Editorial Galaxia: "La Culpa". Precisamente este será o libro que virá a asinar na celebración da "Festa de Sant Jordi, en Barcelona". Ten previsto a súa presencia en varias localizacións dende as 10 da mañá, en Abacus, no Paseo de Gracia, na Pedrera, no Corte Inglés da Praza de Catalunya, no FNC, na Casa do Libro... Un libro que está traducido ao castelán e tamén ao catalán. Agradecémoslle a súa disponibilidade para informarnos e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos nesa xornada tan engaiolante o próximo domingo.
O seguinte convidado é a persoa quen lle damos a ben-vinda, atópase aquí, nos estudos. É TOMAS MARÍA PORTA I CALSINA, avogado e escritor catalán. Falamos con el para podermos saber algo máis desa súa publicación "Aventures a Galícia", que presentará na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà o vindeiro sábado día 22 ás 19h. Descúbrenos que este é un libro de viaxes confeccionado durante as súas visitas a Galicia. Contén cuarenta e nove apartados nos que vai percorrendo as vilas e cidades que describe neste libro moi recomendado. Escoitamos outro bocadiño de música.
Continuamos a entrevista con Tomás e comprobamos, na conversa que mantemos, que este libro ofrécenos unha visión moi amable e moi feiticeira da nosa Galicia, tamén podemos descubrir algunhas traduccións de poesías e textos galegos ao catalán. Algúns dos seus lectores dixéronlle que os cataláns que o lean seguro que lle entrarán ganas de visitar Galicia e os galegos que desexen lelo seguro que recoñecerán nel un aprezo pola súa terra máis íntimo. A verdade é que a conversa-entrevista é moi distendida e descubrimos un percorrido moi interesante, feito por un catalán que apreza moito "o noso". Voltamos con outra peza musical.
Poñémonos en contacto con BEATRIZ VILA FREIRE, Delegada da APHEL (Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo). Fálanos dos recentes eventos organizados e desenvolvidos na Ribeira Sacra e das próximas actuacións previstas, como o "Cume Tapas" a Feira do Viño de Monforte e moi particularmente a participación moi activa na "Volta Ciclista a España", á que nos convida posto que estará presente no seu inicio en Barcelona concretamente. Agradecémoslle a súa participación.
E conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos concretamente, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección "Quen che Preguntou?", que nos fai partícipe das noticias por el escollidas, mediante os seus "Desghústanme e Ghústanme". Despois coméntanos algunhas frases recollidas na súa "libretiña pequena" que sempre teñen un bocadiño de retranca e unha recolleita moi enxebre da nosa fermosa riqueza linguística. Tamén nos agasalla coa súa viñeta referida a unha das intervencións no programa, e que nesta ocasión aproveita a visita do noso convidado nos estudos, Tomás. ¡Moitas grazas Xosé Manuel! Que teñas unha feliz semana.
Colgamos aquí o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario