Comezamos unha emisión máis coa nosa sintonía de sempre e ofrecéndolles a escoita dunha peciña musical galega, para darlle paso ao primeiro convidado de hoxe: XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega "Airiños da nosa Galicia", en Santa Coloma de Grammenet. Parabenizámolo por ter recibido o "Premio ciutat de Santa Coloma", de mans da propia Alcaldesa Nuria Parlon Gil, na modalidade de traballo continuado en favor da cidade. É unha honra para tódolos galegos que sexan premiados coincidindo co seu "40 Aniversario". Precisamente tamén veñen de presentar o seu logotipo que conmemora esa celebración, diseñado e realizado por David Pintor , que ademais presentouno o Siro López, acompañado do propio autor nun acto realizado nunha sala de "Aura Seguros". Coméntanos a celebración de varios actos e eventos previstos para próximas datas, entre as que se atopan a celebración da lectura do Quixote en Galego para o día de Sant Jordi, xunto coa presentación de dous libros a cargo de dúas autoras, a Festa do "40 Aniversario" para a primeira semana do mes de maio, o Camiño Primitivo de Santiago acompañado de varios socios da Entidade... ... seguiremos recibindo información detallada en vindeiras ocasións. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle "bon camiño".
A segunda convidada é dona
MARIA CARMEN CARAMÉS GORGAL (Maica), Escritora, poeta profesora, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía). Felicitámola pola publicación e presentación recente na "Fundación Vicente Risco" da súa novela
"A Casa da Mina", que recibiu o "XXII Premio Risco de Creación Literaria". Mantemos unha conversa moi amena na que nos conta un pouco dese traballo galardonado: Unha novela chea de romanticismo que desenvolve a partir do relato que recolleu da súa familia, concretamente da súa voa e da súa tía, traballadoras ambas na Mina de extracción de volframio en Santa Comba, lugar do seu nacemento precisamente. Tamén falamos da súa creación poética e literaria, dos seus proxectos e traballos nos que está tentando levar a cabo. Concertamos voltar a conversar con ela en próximas datas para que nos siga dando novas sobre a súa creación literaria e poética. Tamén lle pediremos que nos recite algunha deses poemas, que nos dixo está a escribir. Desexámoslle moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos con Monforte de Lemos, onde se atopa o noso correspodente
XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección
QUEN CHE PREGUNTOU? Comeza cos seus Desghústanme que compartimos como é habitual e continúa cos seus Ghústanme, moi ben escollidos, que cada semana nos aporta na súa crónica moi ben argallada finalizando cos apuntes da súa "libretiña pequena" aportando algunhas frases interesantes relacionadas coa sabeduría popular que vai apuntando para lembrar e publicar en sendos medios entre os que se atopa a nosa revista "Lúa Nova". Agradecémoslle moi encarecidamente a "viñeta" que hoxe alude a un comentario realizado na conexión que mantivemos. ¡Moitas GRAZAS! Xosé Manuel, e feliz semana.
Conversamos con
HUGO SANTIN, que é un inxeñeiro apicultor nos Ancares Lugueses, concretamente en Cervantes. A súa explotación leva por título:
MEL MELOSA. Teñen producción de mel mil flores daquela contorna galega e propoleos. A cantidade de colmeas está arredor das 150. A recolleción destes productos son totalmente artesanais e grande calidade, polo lugar onde se atopan, se contaminación e a unha altura de máis de noventos metros. Tódolos interesados poden poñerse en contacto dirixíndose a súa páxina:
melmelosa.es. Desexámoslle moita sorte e agradecémoslle a atención que nos prestou.
Colocamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario