Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía (a danza dos dedos, de Xiao) e despois das salutacións de rigor ,ofrecémoslle escoitar un bocadiño de música para recibir á primeira convidada,
SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí". Acaban de celebrar a Matanza do Porco. Parabenizámola por este evento, que facía tres anos que non se puido realizar. Están moi contentos porque a asistencia foi moi abondosa. Tamén nos informa dalgunhas novidades máis que están a preparar como é o "VII Concurso Literario de Relatos Curtos -Manoel Rivas-", e tamén da próxima Festa da Entidade que eles nomean como as Letras Galegas, posto que a fan coincidir precisamente con esa data aproximada, no mes de maio. Desexamos que teñan moito éxito e seguiremos en contacto.
Comunicámonos co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PRGUNTOU? a súa crónica é unha sucesión de informacións en forma de "Ghústanme e Desghústanme" escollidas que nos poñen ao corriente en canto as novidades que están a suceder en Galicia. Tamén nos fai un pequeno apunte da súa "libretiña pequena" sobre frases ou xeitos de expresión galega enxebre, propoñendo o seu emprego para mellor uso do galego. Agradecémoslle a súa colaboración e desexámoslle unha feliz semana.
O seguinte convidado é
SERXIO PAZOS, Actor, Presentador e Reporteiro. Parabenizámolo porque a Orde da Alquitara de Portomarín nomeuno Embaixador. Conversamos con el e fainos saber varias cousas nas que está agora mesmo embarcado, como esa proposta de "Micro-Teatro" que estrenará no próximo mes de abril, con texto do galego Nancho Novo, e dirixido por outra galega. Tamén nos comenta cousas da súa traxectoria e do seu traballo como artista. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.
Falamos agora con IGNACIO CABARCOS, Historiador e Profesor no IES de Becerreá, que ven de presentar un estudio sobre un Mosteiro moi interesante da Edade Media, trátase do Mosteiro de San Salvador de Cancelada. Acaba de publicar un traballo na prestixiosa revista Lucensia. Están a traballar xunto con outros profesinais para ir sinalizando e poñendo en valor moitos dos achádegos relacionados coa via Romana XIX. Seguiremos en contacto para irmos aprendendo e sabendo algo máis.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario