jueves, 23 de febrero de 2023

XOVES 23 de FEBREIRO do 2023

Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e escoitando a "Alborada de Rosalía" para celebrar o "Día de Rosalía". A continuación escoitamos a OSCAR DE SOUTO, que nos envía a declamación dunha poesía da súa autoría e voltamos a escoitar outra peza de música, esta vez de SES.

A continuación poñémonos en contacto con BREOGÁN, da Adega TERRA BRAVA, que nos recibe moi afable e coméntanos cómo é a súa adega situada nunha lombeira da Ribeira Sacra. Fálanos dos seus viños, algúns deles recentemente premiados cunha medalla de ouro. Dos xóvenes brancos Godello e tintos Mencía. Tamén dos crianza, moi aprezados, Caíño e Mencía... Fainos saber que as visitas á súa Adega son moi ben atendidas e acompañadas de "barritas enerxéticas" (produtos elaborados na zona, empanadas diversas, chourizos, salchichón... etcétera). Posúe un "bambán" que está moi solicitado e que se converte nunha atracción moi feiticeira, xa que cando te sobes ael semella que estás voando enriba do encoro. Paga a pena solicitarlle unha visita e probar os seus caldos acompañados. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Na segunda hora dámoslle paso ao noso correspodente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre acomete cos seus "Desghústanme e Ghústanme" moi acaídos e moi ben escollidos. Despois fainos un pequeno percorrido polos entroido de Laza, Verin, Xinzo e Manzaneda que puido visitar e disfrutar na fin de semana pasada. Tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva ao programa de hoxe, que nosoutros compartimos con todos vosoutros e agradecémoslle moi encarecidamente, xa que fai alusión ao día que hoxe celebramos.

E finalizamos as entrevistas de hoxe conversando con JORGE CASAL, cantautor, compositor musical e  especialista en conducta de animais. A semana pasad díxonos a nosa común amiga Merchi Álvarez que é o embaixador de GaliCIAME, deste ano 2023. Fálanos da súa traxectoria musical, da súa dedicación especial na "cura" e na "atención dos animais". Coméntanos a súa participación en diversos Curros galegos e moi en particular o Curro ou Rapa das Bestas de SabucedoTamén nos anuncia próxima estrea dun novo traballo musical que está a piques de publicar e que seguro teremos a oportunidade de escoitar na próxima primavera. Así pois voltaremos a comunicarnos con Jorge para saber algo máis dese seu traballo.

Deixamos aquí o programa completo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario